xoves, 5 de febreiro de 2015

CRÍTICAS Á XESTIÓN DO POLIDEPORTIVO




VALCÁRCEL CULPA Á CONCELLEIRA DE DEPORTES DA “NEFASTA XESTIÓN” DO POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS

·        O líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, apunta unha serie de erros e faltas de atención sistemáticas que prexudican aos/ás usuari@s do pavillón e que se veñen sucedendo dende antes incluso da súa apertura en setembro.

·         Un exemplo da ineficacia refléxase no feito de que no último mes o pavillón estivo 10 días sen calefacción por unha inaxeitada atención no mantemento. A avaría está solventada só parcialmente porque ata o verán non se lle dará unha solución definitiva.

·        O líder socialista lembra que a falta de previsión provocou que antes da súa apertura ó público houbo que facer unha serie de modificacións nas caldeiras e nos vestiarios (35.000 euros).

·        Posteriormente unha nova falta de previsión obrigou a facer máis modificacións, que afectaron neste caso ó rótulo, á grifería, ao almohadillado de columnas ou a pór aire acondicionado no ximnasio (21.000 euros).

·         Esto significa que no último ano a ineptitude dos responsables municipais do PP custoulle ó Concelllo 56.000 euros a maiores do inicialmente presupostado, pois hai que lembrar que a infraestrutura foi financiada pola Deputación, pero estes gastos a maiores afrontounos Barbadás.

·        Valcárcel sinala a Consuelo Vispo coma unha mala xestora do diñeiro público ó non desempeñar axeitadamente as súas funcións  á fronte da área de Deportes.

·                   Valcárcel asegura que estes son só os exemplos máis evidentes da mala xestión, pero hai máis cuestións do funcionamento cotiá que se caracterizan por unha mala xestión:  hai discrimicións á hora de pagar as cuotaso (supostamente hai 400 usuarios e só pagan uns 100, que algunhas disciplinas deportivas teñen menos tempo de impartición do que tiñan estipulado inicialmente (30 minutos fronte ós 45 previstos), problemas cos prezos dos carnés, etc.


Barbadás, 5 de febreiro de 2015. O Partido Socialista critica o xeito nefasto de xestionar o polideportivo desde antes incluso da súa posta en funcionamento. O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel Doval, apunta á concelleira de Deportes, Consuelo Vispo, como a principal responsable do caos na organización do día a día do novo pavillón.
            Valcárcel lembra que a historia que rodea a esta necesaria infraestrutura estivo caracterizada pola pouca seriedade dos mandatarios do PP e polo caos. Os Socialistas lembran que hai 15 anos que se puxo o cartel indicativo do custe das obras, pero era só da primeira fase porque “os anos foron pasando e houbo que buscar novo financiamente e aturar sucesivos retrasos nas obras, na entrega da dotación, na compra de equipamento, nos flecos que quedaron pendentes pola nefasta xestión, etc”, indica Valcárcel.
            O líder socialista lembra que a falta de previsión provocou que antes da súa apertura ó público houbo que facer unha serie de modificacións relacionadas cos vestiarios porque non se dimensionaron axeitadamente e os que se habilitaron non eran suficientes. Ó mesmo tempo houbo que facer tamén adaptacións nas caldeiras, unhas obras que tiveron un custo adicional de 35.000 euros.
            Posteriormente unha nova falta de previsión obrigou a facer máis modificacións, que afectaron neste caso ó rótulo, á grifería, ao almohadillado de columnas ou a pór aire acondicionado no ximnasio (21.000 euros). Todos estos cambios adicionais demostran ás claras “que non houbo dende o inicio do proxecto unha planificación seria e adaptada á realidade dunha infraestrutura destas características”, reprocha Valcárcel.
            Valcárcel foi moi duro tamén co feito de que as pistas superiores descubertas, é dicir, as que están no teito do pavillón, non poden ser usadas porque o suelo non reúne as condicións mínimas de seguridade, “o que exemplifica unha nova falta de planificación”.
       O voceiro socialista lembra que o pavillón foi entregado no mes de xuño, pero @s usuari@s tiveron que agardar ata o mes de setembro/outubro para facer uso das instalación, unhas instalación que non terminan de estar completas debido á falta de previsión, denuncian os Socialistas. A imprevisión dos gobernantes do PP custoulle ó erario público 56.000 euros a maiores do inicialmente presupostado  e a día de hoxe aínda hai problemas vencellados a un inadecuado mantemento, censuran os Socialistas. Hai que ter en conta tamén que estes 56.000 euros págaos o Concello de Barbadás.
       Pero o colmo da ineficacia segundo Valcárcel refléxao o feito de que unha falta de mantemento axeitado provocou que o pavillón de Barbadás estivera sen calefacción durante 10 días. A avaría foi consecuencia dunha falta de mantemento axeitado e polo visto foi só arranxada temporalmente porque ata o verán non se poderá subsanar na súa totalidade. Valcárcel sinala a Consuelo Vispo coma unha mala xestora do diñeiro público ó non desempeñar axeitadamente as súas funcións  á fronte da área de Deportes. Valcárel lembrou que Vispo ten unha adicación parcial pola que cobra do erario público 1.200 euros aproximadamente e ten unha responsabilidade de cara á cidadanía.
       Valcárcel asegura que estes son só os exemplos máis evidentes da mala xestión, pero hai máis cuestións do funcionamento cotiá que se caracterizan por unha mala xestión: discriminación á hora de pagar as cuotas (supostamente hai 400 usuarios e só pagan 100, que algunhas disciplinas deportivas teñen menos tempo de impartición do que tiñan estipulado inicialmente, problemas cos prezos dos carnés, etc.
       Esta situación ten provocado numerosas queixas de pais e nais de cativ@s que usan o pavillón e mesmo de usuari@s. Hai persoas que anunciaron incluso a súa intención de acudir á Oficina de Consumo.
    





Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98


Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com





Ningún comentario:

Publicar un comentario