xoves, 22 de outubro de 2015

INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

UNHA CHARLA INFORMATIVA ACLARA DÚBIDAS SOBRE A APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS
·        Na conferencia informouse tamén de cuestións relacionadas co carné de profesionalidade

·        O poñente da charla mantivo unha postura interactiva cos e coas participantes e fóronse aclarando dúbidas en torno a aplicación destes produtos.

·        O responsable da área de Medio Ambiente, Rafael Sierra, explica que unha das vantaxes de obter o carné de profesionalidade “beneficiarase de descontos na compra de produtos fitosanitarios profesionais porque se lles aplica un IVE reducido”

·        Con todo, as persoas que desexen obter este carné terán que asistir a un curso e superar un exame posterior.

·        Esta segunda fase na formación para aplicar produtos fitosanitarios realizarase no concello de Barbadás nos vindeiros meses.

Barbadás, 22 de outubro de 2015
Unha trintena de persoas asistiron a unha charla informativa sobre a aplicación de produtos fitosanitarios impartida no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás o pasado martes.
Nesta ponencia organizada pola Concellería de Medio Ambiente e dirixida á veciñanza do municipio de Barbadás tratáronse cuestións como a normativa vixente, aplicación de tratamentos insecticidas, herbicidas, funxicidas. Etc.
Esta charla foi impartida por persoal técnico do Servizo de Explotacións Agrarias, dependente da Consellería do Medio Rural.
O poñente da charla mantivo unha postura interactiva cos e coas participantes e fóronse aclarando dúbidas en torno a aplicación destes produtos.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “hai que ter presente as repercusións que pode ter sobre a cidadanía e a súa saúde un mal uso deste tipo de produtos”. Valcárcel asegura que “este tipo de conferencias enmárcanse na preocupación que existe no goberno de Barbadás por crear unha conciencia medioambiental entre a veciñanza”
O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, destaca a importancia deste tipo de charlas porque “unha das cuestións que suscitou máis dúbidas foi a necesidade ou non de ter carné de profesionalidade”. O edil de Medio Ambiente afirma que a charla foi importante para aclarar que para aplicar este tipo de produtos non é preciso este carné, “xa que nos lugares de venda de produtos fitosanitarios vai haber este tipo de substancias destinadas única e específicamente para uso en xardinería doméstica. Engade que, pola contra, vai ser necesario este carné para aplicar produtos para profesionais”.
É importante ter en conta que existe unha similitude entre ambos tipos de produtos para xardinería doméstica e a profestional, “é dicir, os efectos son prácticamente os mesmos”, indica Sierra. Con todo, as persoas que desexen obter este carné terán que asistir a un curso e superar un exame posterior. Esta segunda fase na formación para aplicar produtos fitosanitarios realizarase no concello de Barbadás nos vindeiros meses. Deste xeito a veciñanza interesada non terá que desprazarse para obter o carné de profesionalidade.
O responsable da área explica que unha das vantaxes de obter o carné de profesionalidade “beneficiarase de descontos na compra de produtos fitosanitarios profesionais porque se lles aplica un IVE reducido. Ademais as persoas que o obteñan deberán levar un rexistro exhaustivo con datas e nome dos produtos aplicados”. Deberán tamén levar os recipientes baleiros a un punto de recollida de envases perigosos onde se lle entregará un xustificante de recollida.




Ningún comentario:

Publicar un comentario