mércores, 28 de outubro de 2015

SAMAÍN "DANCE"NO POLIDEPORTIVO

O POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS ORGANIZA SAMAÍN “DANCE” PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN CONXUNTA DE PAIS/NAIS CON FILLOS/AS

Barbadás, 28 de outubro de 2015

·        O pavillón municipal de Barbadás organiza para o xoves 29 de outubro unha actividade gratuita e dirixida á práctica do deporte en combinación co aspecto lúdico.

·        Este Samaín deportivo inclúe actividades para @s máis cativ@s e “dance” para as persoas adultas disfrazadas

·        A partir das 19,30 haberá hinchables, taller de maquillaxe e xogos para @s nen@s, que poderán disfrutar do Samaín ata as 20,30


·        Dende as 20,30 haberá “Samaín dance” para @s adult@s durante 1 hora

·        Como colofón da actividade ás 21,30 comeza a pasaxe do terror, tamén para adult@s


·        Esta actividade enmárcase nas clases gratuítas que se organizan dende o polideportivo para promocionar as instalación


Ningún comentario:

Publicar un comentario