venres, 16 de agosto de 2013

RECLAMAMOS EXPLICACIÓNS SOBRE DEFICIENCIAS NAS PISCINAS


O Grupo Municipal Socialista ante as numerosas queixas recibidas incluso antes de que se abriran ó público as piscinas, volve presentar unha serie de preguntas que requiren aclaracións e explicacións por parte dos gobernantes municipais debido á importante afluencia de bañistas que asisten diariamente ás instalacións, fundamentalmente xóvenes e nen@s.

            Recentemente un cativo volveu sufrir un accidente debido á suposta falta de supervisión e dun inaxeitado mantemento do vaso pequeno da piscina. O brazo deste neno quedou atrapado na rexilla da piscina debido a que o sistema de seguridade non funcionou axeitadamente. Pero esta é só a punta do iceberg, posto que as deficiencias sobre as que alertan os bañistas son innumerables.

  A saturación que existe nas piscinas municipales de Barbadás, situadas na Valenzá, é un dos temas que máis preocupan ós Socialistas, motivo polo que queremos que se nos achegue o plan de emerxencia desta instalación, dando por feito que existe.

  Coa presentación desta batería de preguntas, o PSdeG pretende incidir na necesidade dunha intensificación das tarefas de mantemento e vixiancia das instalacións. Os Socialistas lembramos que a principios da tempada estival un problema co cloro provocou situacións incómodas para @s bañistas porque moit@ deles aparececeron con sarpullidos en todo o corpo por este motivo.

  Dende o Grupo Socialista queremos reprochar ó alcalde, José Manuel Freire, que non se tiveran en conta as propostas feitas polo Partido Socialista en relación coas piscinas ó inicio da tempada, pois a principios de xullo xa chamamos a atención sobre numerosas deficiencias nas instalacións debido a que se esvarava nas lousas, que había calvas no céspede e un buraco ó lado dos arbustos, que leva alí dende hai anos. Tamén indicamos que varios nen@s sairan das piscinas con queimaduras e cortes en cóbados, barriga e xeonllos. O PsdeG non recibiu dende entón ningún tipo de explicación nin aclaración respecto a esta situación, polo que nos vemos na obriga de facer unha relación sucinta das deficiencias detectadas á espera de que o goberno do PP as subsane.

           

  O Partido Socialista solicita formalmente ue o Alcalde faga unha serie de aclaracións e ofrezca explicacións ante a opinión pública sobre a situación das piscinas municipais:

 

·        ¿Ten o Concello coñecemento do incidente acontecido hai uns días no que un cativo foi vítima do mal funcionameto do sistema de seguridade dunha das rexillas da piscina?

·        ¿Vaise subsanar esta carencia para evitar que outr@s nen@s poidan bañarse sen medo de que queden os seus brazos ou mans atrapados nunha destas rexillas?

·        ¿Son sabedores os gobernantes locais de que ante feitos destas características estase culpando ós pais e nais de non vixiar axeitadamente ós/ás seus/súas fill@s?

·        É precisamente a vixiancia dos socorristas o que pode evitar este tipo de situacións. Pero no PsdeG temos recibido queixas de que durante máis de 2 horas a piscina estivo recentemente sen a presencia de un dos vixiantes. ¿Existe unha planificación por parte do goberno do PP para evitar que a piscina quede sen vixiancia algunha en momentos puntuais?

·        ¿Vanse substituir as baldosas rotas no interior do vaso pequeno?

·        ¿Existe un plan de emerxencia e evacuación específico para as piscinas municipais? De ser así, solicitamos que se nos facilite.

·        Ante os incidentes que teñen acontecido nas piscinas en anos anteriores, os profesionais teñen botado de menos un acceso rápido ás instalacións. ¿Existe unha zona para a accesibilidade de ambulancias dun xeito eficaz?

·        Ante a evidente saturación destas instalacións, o PsdeG quere saber se ¿existe un aforo limitado para os bañistas que poden acudir ás piscinas?

·        Preocúpanos tamén o estado dos baños, debido a que se rompeu unha ringleira de azulexos e unha nena cortouse. ¿Vaise facer unha labor de mantemento das instalacións, tal e como corresponde a un concello da entidade de Barbadás e tendo en conta o importante número de persoas que acuden diariamente?

·        As/os bañistas seguen chamando a atención sobre o inadecuado mantemento dos baldosíns que circundan ambos os dous vasos debido a que se producen esvaróns continuados. Preguntamos por enésima vez se se vai levar a cabo unha labor de tratamento destas losetas para que sexan antideslizantes.

·        As portas dos baños non teñen en moitos casos peche de seguridade. ¿Vaise subsanar esta deficiencia para protexer a intimidade dos bañistas?

·        ¿Están dispostos os gobernantes de Barbadás a dar as instruccións precisas para que as instalacións estean nunha situación de hixiene e comodidade para os usuarios? (hai que ter en conta que nos baños non existe a disposición dos bañistas algo tan básico coma papel hixiénico)

·        ¿As rexillas das duchas exteriores van ser LIMPADAS evitando a imaxe de deixadez que ofrece o verdín e o atascamento das mesmas?

·        ¿Vaise repor o céspede nas debidas condicións de calidade ó principio da vindeira tempada?

·        ¿O buraco situado ó carón dos arbustos vai desaparecer dunha vez por todas e despois das reiteradas peticións ó respecto feitas por bañistas e polo PsdeG?

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario