venres, 11 de decembro de 2015

ACENDIDO DO NADAL EN BARBADÁS

@S NEN@S  DE BARBADÁS ACENDEN O NADAL
  • A cita será hoxe venres día 11 ás 19,00 horas na explanada do Mercadona
  • Todas as persoas que queiran participar no acendido simbólico do Nadal poden facelo, aínda que os verdadeiros protagonistas serán @s nen@s
  • Previamente desenrolarase na Casa da Xuventude unha serie de talleres de maquillaxe, globoflexia e ensaio de cancións
  • A iniciativa pretende involucrar á cidadanía no arranque do Nadal con este acendido simbólico
  • Este ano incrementouse o alumeado navideño co obxectivo de incentivar as compras no comercio local
  • Outra das finalidades é que @s nen@s e moz@s disfruten e se mergullen no ambiente navideño
  • O fin último é que a veciñanza disfrute do Nadal en Barbadás
  • Ademais de adornar un árbol de grandes dimensións (un almez), situado no centro neurálxico da Valenzá, engalanáronse as árbores da avenida de Celanova por primeira vez na historia do concello
  • Incrementouse tamén o alumeado navideño nos pobos do concello e fíxose unha reubicación dos arcos para que a veciñanza disfrute máis do alumeado e para que estean máis céntricos



Ningún comentario:

Publicar un comentario