martes, 22 de decembro de 2015

PAPÁ NOEL FAI ESCALA EN BARBADÁS

PAPÁ NOEL FARÁ UNHA LONGA VIAXE DENDE O POLO NORTE PARA TRAERLLE BOS DESEXOS E SORPRESAS A NENOS E NENAS DE BARBADÁS

Despois dun ano traballando arreo Santa Claus emprende unha longa viaxe para facer unha parada en Barbadás e coñecer de preto ós/ás nen@s do concello de Barbadás

Antes da longa noite que se aveciña na madrugada do día 25 Papá Noel coñecerá a nenos e nenas de Barbadás para recoller as súas peticións e corroborar cales son os seus xoguetes, monecos ou xogos preferidos

Papá Noel deixará aparcado o seu máxico trineo voador preto do pavillón municipal de Barbadás (ubicado xunto ó campo de fútbol dos Carrís, na Valenzá) para coñecer un a un e unha a unha a nenos e nenas que puxeron nel todas as súas ilusións

Esta toma de contacto será no polideportivo mañá martes día 22 a partir das 19,30 horas

Tod@s @s cativ@s que o desexen poderán coñecer de preto a Papá Noel antes de que chegue a noite máxica do Nadal e entre polas chemineas, os balcóns ou as ventanas e deixe os agasallos

Previamente a partir das 16,30 horas celebrarase no pavillón DIVERLANCIA: hinchables, wii, ping-pong e taller de maquillaxe para @s nen@s que acudan ás instalacións deportivas





Ningún comentario:

Publicar un comentario