O Grupo Municipal Socialista fixo hoxe 2 de xaneiro de 2015
De calendarios e revistas da propaganda que o PP fixo chegar a tódalas
Vivendas do municipio
Esta devolución pretende pór de manifesto o malestar
Que existe coa decisión do PP de gastar diñeiro de tod@s
En facer publicidade partidista
Mentras moitas familias pasan dificultades
O
Grupo Municipal Socialista composto polo voceiro, Xosé Carlos Valcárcel
Doval, e polas concelleiras Victoria Morenza e María Presas, presentan un escrito
de rexeitamento ante a distribución polo municipio de revistas e calendarios
pagados con diñeiro público. Así mesmo, procedemos á devolución
dalgúns exemplares para que de xeito simbólico quede evidenciado o desacordo
con esta decisión.
Dona Victoria Morenza Doforno,
na súa condición de concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de
Barbadás, comparece e como mellor en
Dereito proceda DI:
Ante
a petición realizada por cidadáns de diferentes lugares do municipio,
facemos chegar unha serie de calendarios e revistas que foron distribuidas por
decisión do grupo de goberno do PP, presidido por José Manuel Freire Couto.
Unha
parte da veciñanza trasladou ó Grupo Municipal Socialista a disconformidade
con esta decisión e co gasto que supón en época de crise. Uns momentos de
crise que se caracterizan polas
consecuencias do paro, os desafiuzamentos ou a pobreza
enerxética e polas dificultades
de moitas familias para chegar a finais de mes.
Fronte
aos recortes en Sanidade (copago farmacéutico, por exemplo), educación
pública e suba de taxas o Concello de Barbadás despilfarra 10.000 euros
que só serven para “autobombo” do grupo do PP.
Por esta razón o PSdeG
actúa de intermediario para manifestar o malestar ante o reparto por todo o
municipio da revista e do calendario e ante o dispendio que supón gastar
10.000 euros de diñeiro público para destinalos a propaganda política en
lugar de utilizalos en partidas con un claro contido social.
Dende o Grupo Socialista
queremos lembrar a negativa do PP de Barbadás a aplicar políticas activas en
relación cos máis prexudicados pola crise económica propostas dende o Grupo
Municipal Socialista, mentras se malgastan fondos públicos en editar
calendarios e revistas para facer propaganda electoral.
En Barbadás a 2 de xaneiro de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario