O
PSdeG PROPÓN QUE SE INSTALEN CLÁUSULAS SOCIAIS NAS CONCESIÓNS E CONVENIOS QUE
REALICE O CONCELLO DE BARBADÁS
·
Segundo o voceiro socialista, Xosé
Carlos Valcárcel, deste xeito “queda garantido que a concesionaria cumpra coas
súas obrigas laborais cos traballadores.
·
Esta iniciativa foi presentada polo Grupo
Municipal Socialista a raíz do conflito vivido entre a empresa Linorsa e as
traballadoras que se encargan da limpeza das dependencias municipais
·
Valcárcel sinala que as cláusulas sociais “contribúen a fortalecer a igualdade de sexos e a
avanzar na aplicación de políticas sociais e na defensa dos dereitos de
traballador@s, evitando, por exemplo, o impago de nóminas”.
·
A proposta foi presentada o 28 de
decembro e nesa data a empresa aínda tiña pendente o pago do 50 % do salario do
mes de novembro e a paga extra de Nadal só foi aboada nun 30 %.
·
Valcárcel lamenta que “todos estes retrasos repercuten
directamente no día a día das traballadoras que teñen que facer fronte e de
forma exquisitamente puntual coas súas obrigas (alugeres, hipotecas, etc).
Barbadás, 9
de xaneiro de 2015. O Grupo Municipal
Socialista de Barbadás presentou unha proposta para implantar cláusulas sociais
en todas as concesións, convenios e demais operación que realice o Concello
de Barbadás. Segundo o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, deste xeito
“queda garantido que a concesionaria cumpra coas súas obrigas laborais cos
traballadores.
A
iniciativa do PSdeG está directamente relacionada co conflito vivido
recentemente polas traballadoras da limpeza de dependencias municipais de
Barbadás coa empresa Linorsa. Valcárcel inclúe na moción presentada que se
inice un expediente sancionador contra a adxudicataria do servizo.
Segundo o
líder socialista “a introducción de cláusulas sociais debe servir para cambiar
certas actitudes das empresas que se resisten a avanzar na aplicación de
normativas que, sen ser obrigatorias, contribúen a fortalecer a igualdade de
sexos e a avanzar na aplicación de políticas sociais e na defensa dos dereitos
de traballador@s, evitando, por exemplo, o impago de nóminas”.
Valcárcel
refírese ás 10 persoas que perciben salarios “máis ben escasos (algún non
supera os 150 € mensuais), pero que axudan a superar unha situación familiar
moitas veces difícil”. O voceiro do PSdeG lembra que os incumprimentos coas
traballadoras comezaron no mes de outubro de 2013 con pequeñas incidencias no
pago das nóminas.
Estas anomalías van en aumento, detalla Xosé Carlos
Valcárcel, de xeito que as nóminas de xullo e agosto de 2014 non son aboadas ás
empregadas ata o mes de setembro. A partir desa data os retrasos son
sistemáticos e continuados, reprocha o voceiro socialista.
A proposta
foi presentada o 28 de decembro e nesa data a empresa aínda tiña pendente o
pago do 50 % do salario do mes de novembro. Segundo Valcárcel a paga
extraordinaria de Nadal, só foi pagada nunha porcentaxe do 30 %. Para Valcárcel
o máis grave é que “Ó parecer esta sitación vai seguir así ata o mes de marzo
de 2015”.
Valcárcel
lamenta que “todos estes retrasos repercuten directamente no día a día das
traballadoras que teñen que facer fronte e de forma exquisitamente puntual coas
súas obrigas, pagando alugeres, hipotecas, etc e que ven como
a súa calidade de vida empeora de xeito importante”.
Segundo os
Socialistas “esta situación é absolutamente intolerable en calquera empresa,
pero moito menos nunha que presta un servizo para o Concello de Barbadás e que
percibe puntualmente o importe establecido no convenio”.
Para
calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista
en Barbadás)- Tfno.: 605 08 18 98
Dirección da Páxina Web do PSdeG en
Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de
Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter:
@cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog:
www.cambiabarbadas.blogspot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario