mércores, 15 de abril de 2015

PRECARIZACIÓN DA SANIDADE EN BARBADÁS

A SITUACIÓN PROFESIONAL DE FREIRE DEIXA A BARBADÁS NUNHA PRECARIA ATENCIÓN SANITARIA PRIMARIA

Barbadás, 9 de abril de 2015

·         O voceiro do Grupo Socialista, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que Freire incorporouse á praza de médico en Barbadás pobo para preparar a campaña das municipais e usou o seu posto de traballo de xeito electoralista

·        O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, foi trasladado ó centro de saúde de Barbadás pobo como trampolín político e “agora trasládase a San Cibrao e a situación sanitaria d@s usuari@s de Barbadás queda nunha situación preocupante”


·        A partir do momento no que Freire se incorpore ó seu novo destino en San Cibrao o médico Alfonso Patricio asumirá as horas que dedicaba o alcalde de Barbadás ós seus pacientes

·        Patricio atende na actualidade 1.800 cartillas na Valenzá e tamén aos/ás pacientes da zona de Barbadás e pobos limítrofes. . Agora terá que atender 500 usuarios máis do Centro de Saúde ubicado en Barbadás.


·        A diminución na atención refléxase no feito de que ata agora o doctor Alfonso Patricia tiña unha xornada de 7 horas e a partir de agora destinará 4 horas ó centro médico da Valenzá e 2 horas e media estará no ambulatorio de Barbadás pobo.

·        Esta perda de profesionais terá efectos negativos coma o aumento do tempo de espera para acudir ao médico de familia, que pasará a ser de 1 semana.


·        Para o líder socialista non é lóxico que un concello da entidade de Barbadás pase de ter 5 médicos de familia a tan só 4, tendo en conta que a poboación supera os 10.500 habitantes
·        Segundo os Socialistas a progresiva perda de profesionais sanitarios é unha mostra do pouco interese que ten a Xunta pola atención primaria en Barbadás.

·        Valcárcel lembra que levamos máis de unha década agardando por un novo centro médico. Reprocha que a ubicación do mesmo non é a máis idónea e que “se nos estea tomando o pelo á veciñanza ó incumprir os compromisos na posta en marcha dun centro de saúde digno”.


·        Valcárcel sinala que existe unha manipulación informativa en torno ó asunto porque “xa hai anos que tiña que estar licitado e agora resulta que o proceso dilátase no tempo e como colofón “en lugar de dar pasos hacia diante, a Xunta está actuando coma o cempés, é dicir, estase reducindo o número de médicos de familia en lugar de dimensionar axeitadamente os servizos de atención sanitaria”.

·        Os Socialistas amósanse diametralmente en contra desta merma no número de profesionais e lembran que sería preciso aumentar non só os médicos de familia, senón tamén o servizo de pediatría, outra das asignaturas pendentes da Xunta con Barbadás dende hai anos.

·        Ao redor de 550 usuarios reciben atención sanitaria no ambulatorio de Barbadás.

·        O voceiro socialista precisou que en torno ó 90 % da poboación está na Valenzá, “en tanto que o 25 por cento dos recursos atópase no centro médico de Barbadás pobo.

·        Valcárcel Doval considera lamentable que coas pésimas instalación sanitarias das que disponemos, se lle dea agora esta estocada á atención primaria

·        Esta serie de carencias “o único que provoca é que se empobrezan aínda máis os servizos á comunidade que temos en Barbadás”

·        Dende o Grupo Socialista repróchase ademais que se produza esta depauperación nun concello dirixido durante 28 anos por un médico.

·        Os Socialisitas aseguran que a falta de servizos sanitarios dignos “fomenta que a xente que veu de Ourense a vivir a Barbadás manteña o seu médico na capitaliade, así coma o pediatra.


·        Esta situación pouco realista provoca que o número de censados non se corresponda coa cantidade de tarxetas sanitarias adscritas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario