luns, 30 de marzo de 2015

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO PSdeG DE BARBADÁS

27 de marzo de 2015 

Compromiso, renovación, xuventude.

Estas son as claves da candidatura socialista para Barbadás. O pasado sábado presentouse a candidatura do PSdeG de Barbadás. 
O voceiro, Xosé Carlos Valcárcel, falou de compromiso, de renovación e de xuventude..

Compromiso: todos os candidatos e candidatas son persoas ben coñecidas nas súas localidades e nos ámbitos nos que se desenvolven habitualmente. Persoas comprometidas cos seus conveciños e conveciñas. Que coñecen a realidadade do seu entorno e que asumen o reto de cambiala para mellorar. Cambiar os comportamentos vencellados ós intereses particulares polos do interese xeral e o do caciquismo e a ocultación pola honestidade e a transparencia.

Renovación: a candidatura do PSdeG de Barbadás presenta una gran renovación. Consideramos que si falamos de cambiar a política e queremos ser cribles para os cidadáns, pois temos que empezar o cambio por nós mesmos.
 Hai 11 candidatos e candidatas de nova incorporación o que respresenta un 65%.  Falamos dunha renovación a todos os niveis. Unha renovación que afecta a todos os níveis da listaxe xa que nos 10 primeiros postos é dun 60%. Veciños e veciñas que nunca tiveron participación activa na política pero que ven como o seu entorno sofre unha continua degradación, non só nos servizos e nas dotacións, se non tamén na ética e nos valores.

Xuventude: Barbadás é un dos concellos máis novos da provincia e ese feito tense que pór de manifesto nos seus representantates políticos. E así o entendemos no Partido Socialista: nove dos candidatos teñen menos de 40 anos de idade. Presentamos unha candidatura dinámica e coa ilusión e a forza que aporta toda esta xuventude.


Pero as señas de identidade básicas de este grupo de persoas non é outra que a de cambiar o futuro dos nosos conveciños e conveciñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario