domingo, 15 de marzo de 2015

MELLORAS EN PASEO DOS AMIEIROS E RÚA DA PAZ (A VALENZÁ)

O GRUPO SOCIALISTA PLANTEXA A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN MELLORAR OS PARQUES INFANTÍS, A SEGURIDADE VIARIA E AS ZONAS COMÚNS NA RÚA DA PAZ E NO PASEO DOS AMIEIROS

A Valenzá, marzo 2015

·         O Partido Socialista presentou unha iniciativa para mellorar a habitabilidade e a seguridade viaria na rúa da Paz e no paseo dos Amieiros:

1.       Colocar unha cerca nas zonas de xogo infantil.
2.       Habilitar zonas de sombra e fontes de auga potable nos espazos infantís.
3.       Colocación de bancos ó carón das zonas de xogo infantís.
4.       Instalar varandas de protección en toda á marxe esquerda do río.
5.       Mellorar os pasamáns das escaleiras.
6.       Colocar unha varanda na beirarrúa dereita da Rúa da Paz.
7.       Retirar a caseta de obra ubicada na mesma rúa.
8.       Instalar un colector de papel e outro de vidro no Paseo dos Amieiros.
9.       Proceder a retirar a grúa de obra instalada na Rúa da Paz ou obrigar a súa retirada.
10.    Instalar pasos peonís sobreelevados nos dous viais.
·         O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, faise eco así das demandas da veciñanza para que se acometan actuacións nesta zona que contribúan á súa humanización.

·         A proposta foi debatida no pleno de marzo e foi aprobada co apoio de todos os grupos.

·         O                GRUPO SOCIALISTA ESTARÁ PENDENTE DE QUE ESTAS ACTUACIÓNS SE LEVEN ADIANTE.


·         Segundo o líder socialista esta zona ten carencias que demostran que os gobernantes locais do PP non amosan o máis mínimo interese por mellorar aspectos fundamentais dunha zona onde vive un importante número de familias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario