luns, 23 de maio de 2016

PRAZAS DE AUXILIAR DE POLICÍA LOCAL PARA O VERÁN

O LUNS 30 DE MAIO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN PARA O PROCESO DE COPNTRATACIÓN DE 2 AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL PARA A TEMPADA DE VERÁN
As bases poden consultarse neste artigo
·         Os requisitos para tomar parte na oposición son 7: ser español ou nacional dun estado membro da UE, ter máis de 18 anos, ter a ESO, graduado escolar ou equivalente o non padecer enfermidade nin eiva física ou psíquica, así como ter unha estatura mínima de 1,65 para os homes e 1,60 para as mulleres.
·         Outro dos requisitos é non ter sido condeado por delito doloso nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas nin separad@s do servizo das administracións públicas.
·         Tampouco se pode estar incurs@ en causa de incapacidade nin inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas.
·         Composición do tribunal: Secretaria da Corporación; vogais: 4 funcionarios de carreira, dos que alomenos 2 deberán ser funcionarios de policía local; president@: un/unha funcionari@ de carreira do Concello.
·         A selección d@s aspirantes efectuarase polo sistema de oposición libre.
·         Un dos exercicios da oposición, que será obrigatorio e eliminatorio, consistirá en realizar as probas físicas.
·         segundo exercicio consistirá na avaliación dos coñecementos d@s aspirantes sobre o temario incluido nas bases. Trátase dun cuestionario de 50 preguntas tipo test.
·         terceiro exercicio consistirá nunha proba específica sobre o coñecemento do termo municipal e a toponimia local.
·         Finalmente o cuarto exercicio centrarase no coñecemento da lingua galega. Esta proba pode substituirse coa presentación do CELGA 3 ou superior.
·         Para máis información consultar as bases na páxina web do Concello de Barbadás: www.barbadas.es
·         BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL
·         PRIMERA. Obxecto É obxecto das presentes bases cubrir, como persoal laboral temporal, dous postos de auxiliares da Policía Local do Concello de Barbadás durante tres meses na tempada de verán.
·         SEGUNDO. Requisitos dos aspirantes. 1. Para tomar parte na oposición será necesario: a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubre polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público. Así mesmo, poderán participar, en igualdade de condicións que os españois, os estranxeiros con residencia legal en España. b) Ter máis de 18 anos de idade. c) Certificación de ter superado o Ensino Secundario Obrigatorio, título de Graduado Escolar ou equivalente, correspondente ao grupo C2 dos establecidos no artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubre polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase, no seu día, certificado ao efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse certificado de validación expedido de acordo coa lexislación española vixente. d) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. e) No padecer enfermidade nin eiva física ou psíquica que impida o normal desenrolo das funcións propias do cargo. f) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. g) Non estar incurso en causa de incapacidade nin inhabilitado ou suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servicio de calquera das Administracións Públicas.
·         TERCEIRO. Instancias.1. As instancias solicitando tomar parte na oposición, se dirixirán a Alcaldía-Presidencia do Concello e se presentarán nó Rexistro Xeral do Concello, durante o prazo de sete días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación no taboleiro de anuncios do Concello e nun dos diarios de maior tirada de Ourense. As instancias tamén poderán presentarse na forma prevista no artigo 38 da Lei 30 de 1992, de 26 de noviembre, Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 2. A solicitude acompañarase inescusablemente da fotocopia do documento nacional de identidade, debidamente compulsada. Así como documentación compulsada acreditativa de posuír a titulación que lles sexa esixible para o acceso aos funcionarios do grupo C2.
·         CUARTO. Admisión e exclusión de aspirantes. Expirado o prazo de presentación de instancias, a Presidencia de la Corporación dictará resolución, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos. Dentro dos 2 hábiles seguintes a dita publicación poderanse efectuar reclamacións contra a lista de aspirantes admitidos e excluídos, así como solicitar a subsanación de erros materiais, se transcorrese o prazo sen que se formule reclamación algunha, a lista elevarase a definitiva sen necesidade de nova publicación. De producirse reclamacións serán resoltas pola Alcaldía e expostas no taboleiro de anuncios da Corporación. Na mesma Resolución, virá sinalado: a composición do Tribunal e o lugar e data de comezo dos exercicios. O resto dos anuncios do proceso selectivo levarase a cabo no taboleiro de anuncios da Corporación.
·         QUINTO. Tribunal. ( está pendiente del alcalde) O Tribunal/ Comisión de Selección: 1. Estará constituído polos seguintes membros: Secretario/a: A Secretaria da Corporación con habilitación da carácter estatal ou funcionario da mesma en quen delegue. Que actuará como secretario/a do tribunal. Vogáis: Catro funcionarios de carreira. A totalidade dos vogáis deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á categoría da que se trate. Asemade deberán posuír coñecementos técnicos e alomenos dous deles terán que ser persoal funcionario de policía local. Presidente: Un funcionario de carreira do concello. 2. A designación dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes. 3. A Comisión seleccionadora non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, a lo menos, tres dos seus membros (titulares ou suplentes, indistintamente) e, en todo caso, coa asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a. A Comisión seleccionadora queda facultada para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas presentes bases. 4. Poderán nomearse asesores do tribunal para as probas físicas, dito nomeamento deberá facerse público xuntamente có tribunal. 5. Deberán absterse de formar parte do Tribunal os membros que incorran en algunha das circunstancias previstas no artigo 28 de la Ley 30/1992, de 30 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común. Así mesmo os/as aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/1992.
·         SEXTO. Exercicios da selección. 1. A selección dos aspirantes efectuarase polo sistema de oposición libre Previa a realización dos exercicios procederase a práctica da talla. 2. Os exercicios da oposición serán os seguintes: 1) Primeiro (de carácter obrigatorio e eliminatorio): Consistirá en realizar as probas físicas que se especifican no anexo II e será cualificado de apto ou non apto. 2) Segundo (de carácter obrigatorio e eliminatorio): A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario que se inclúe no anexo III. Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización. A proba cualificarase polo tribunal de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. 3) Terceiro:Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local. O órgano de selección someterá aos/ás aspirantes a unha proba para determinar o seu nivel de coñecemento sobre as características propias do concello e a toponimia local. Cualificarase de 0 a 3 puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de 1.5 puntos para superala. 4) Coñecemento da lingua galega. O tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos/as aspirantes, mediante unha proba que se cualificará de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de 1.5 puntos para superala. Esta proba poderá substituírse pola acreditación do coñecemento da lingua galega mediante a presentación do título do CELGA 3, ou superior. O resultado desta proba cualificarase como apto ou non apto. 3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos nos seus dereitos os opositores que non comparezan a realizalo a hora fixada, salvo os casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os que poderá realizarse unha convocatoria extraordinaria. 4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuarase polo tribunal no taboleiro de anuncios do Concello, e na páxina web, cunha antelación mínima de 24 horas a partir da data da súa celebración.
·         SEPTIMA. Cualificacións. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas no segundo e terceiro exercicios. En caso de empate, a orde establecerase atendendo a mellor puntuación obtida na terceira proba.
·         OCTAVA. Lista de aprobados. A- Establecida a puntuación final de cada aspirante, elaborarase unha listaxe destes/as baseándose na súa puntuación e por orde decrecente, resultando aprobados/as os/as que, tendo en conta o número de postos, obtivesen as notas máis altas. B- Os/as aspirantes que superasen o proceso de selección deberán participar nun curso de formación que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública no mes de xuño. Aqueles/as que xa tivesen participado e obtivesen certificado de asistencia ao dito curso, estarán exentos/as desta obriga por un período de catro anos, de acordo co previsto no artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais. Os gastos derivados deste curso serán por conta dos propios seleccionados.
·         NOVENA. Presentación de documentos e contratación Os candidatos propostos para a súa contratación deberán incorporarse ao posto de traballo segundo as indicación do Concello, non tendo dereito a retribución algunha ata a efectiva contratación e incorporación ao posto de traballo. O contrato que se lle realizará ás persoas seleccionadas é o de acumulación de tarefas que regula o artigo 15.1-b) do Real Decretro Lexislativo 1/1995 de 24 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores. O contrato terá unha duración de 3 meses sendo previsible iniciar o contrato o rematar o proceso selectivo. Deberán presentar nas oficinas do Concello os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria: a) Fotocopia compulsada do D.N.I. b) Fotocopia compulsada do título. c) Declaración xurada ou promesa de non estar incurso en causa de incapacidade, non ter sido separado do servicio de ningunha Administración Pública, ni estar inhabilitado ou suspendido para o exercicio de funcións públicas e de no ter sido condeado por delito doloso. e) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física que lle impida o normal desenrolo das funciones propias do posto. Quen dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, no presentase a documentación, o do exame da mesma se deduxera que carece de algún dos requisitos sinalados nas bases, non poderá ser contratado e quedarán anuladas súas actuacións, sen perxuízo da responsabilidade en que tivera incorrido por falsedade.
·         ONCE. Impugnación e supletoriedade.  A presente convocatoria, as bases, e tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación da Comisión Seleccionadora, poderán ser impugnados polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 30 de 1992, de 26 de novembro de Procedemento Administrativo e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.
·         ANEXO I Modelo de instancia Don/dona maior de idade, con D.N.I. nº. .domiciliado en numero. De . CP E teléfono de contacto: ; email: . Ante V.I. expón: Que tendo sido convocadas probas selectivas para a provisión polo procedemento de oposición libre, de postos de auxiliar de Policía local. Manifiesta: Que reúne todas e cada unha das condicións que se esixen nas bases da convocatoria e: Solicita: Que se teña por presentada a presente instancia dentro do prazo conferido ao efecto e, en consecuencia, sexa admitido para tomar parte na oposición. , a de de 2016 Sinatura. Axúntase a documentación acreditativa solicitada nas bases.
·         ANEXO II Probas físicas. Probas Selectivas. Ao comenzo realizarase o control da estatura dos/das aspirantes. Os mínimos son os que rexen para o ingreso nos corpos de policía local: 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. As probas físicas cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba. II.1. Potencia tren inferior: salto vertical. Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa. O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e marcará coas dedas a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado. Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras: -Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar. -Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo. -Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan nulo no primeiro. A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade. ANOS Idade 18 - 36 37 - -48 49 - ou máis HOMES 41 cm. 33 cm. 29 cm. MULLERE S 32 cm. 28 cm. 25 cm.
·         2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos. Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo. O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento. O/a aspirante que abandone a carreira quedará excluído. A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos e segundos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade: 18 - 36 ANOS 37 - 45 ANOS 46 - OU MÁIS HOMES 4´30´´ 5´00´´ 5´15´´ MULLERE S 5´00´´ 5´30´´ 5´45´
·          ANEXO III Proba de coñecementos. Temario. 1. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais. 2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación. 3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación. 4. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias. 5. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos. 6. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental. 7. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. 8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.  9. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais. 10. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza. 11. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio. 12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.



Ningún comentario:

Publicar un comentario