domingo, 15 de maio de 2016

SESIÓN DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA

O PROGRAMA TODOCOSMOS REALIZARÁ ESTE LUNS 16 DE MAIO, UNHA SESIÓN DE OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA PÚBLICA NO CONCELLO DE BARBADÁS.
A Concellería de Educación de Barbadás e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, organizaron para este luns, 16 de maio, unha actividade de observación astronómica que se desenvolverá a partir das 22:00 horas no Paseo dos Amieiros (xunto ás piscinas municipais).
Durante a sesión, o persoal do observatorio astronómico guiará aos participantes para que poidan ver a Lúa, o planeta Xúpiter, cúmulos e estrelas dobres a través de telescopios profesionais. Está dirixida a todos os públicos. Non é necesaria inscrición previa. Será unha sesión aberta a todas as persoas que desexen participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario