sábado, 19 de setembro de 2015

BARBADÁS RECLAMA MAMPARAS PARA VIADUCTO DA A-52

BARBADÁS RECLAMA A INSTALACIÓN DE MAMPARAS NO VIADUCTO DA AUTOVÍA A-52
Barbadás, 19 de setembro de 2015

·         O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, remitiu a principios de agosto unha petición ó Ministerio de Fomento “para que proceda á instalación de pantallas acústicas no viaducto da Valenzá”

·         Valcárcel destaca a importancia destas mamparas co obxecto de “mitigar o ruído producido polos vehículos ó seu paso polo viaducto”, unha instalación que segundo o rexedor xa debeu ser instalada dende a posta de funcionamento da autovía Rías Baixas


·         O Concello de Barbadás aínda non recibiu unha resposta formal acerca da solicitude feita dende a Alcaldía, pero o Goberno do Estado rexeitou unha alegación presentada polo PSOE a través da deputada por Ourense, Laura Seara, no sentido de dotar de pantallas acústicas ó viaducto da A-52 ó seu paso pola Valenzá

·         Na alegación presentada por Seara Sobrado ós presupostos do Estado reclamábase a mellora do firme e a colocación de mamparas con un orzamento estimado de 300.000 euros


·         A alegación do grupo socialista formaba parte das 59 emendas presentadas polo Grupo Socialista no Congreso para a provincia de Ourense ós orzamentos xerais do Estado, con un orzamento de 127 millóns de euros e foron rexeitadas

·         O rexedor de Barbadás agarda que a pesar do rexeitamento da emenda, o Ministerio de Fomento teña en conta esta necesidade plantexada dende un dos concellos con máis pobación da provincia.
·         Xosé Carlos Valcárcel asegura que  que se trata “dunha demanda da veciñanza que vén dende moito tempo atrás, unha demanda que o goberno municipal do PP nunca quixo atender e que agora rexeita o Goberno Central”


·         O alcalde de Barbadás destaca que “no entorno do viaducto residen preto de 800 persoas cuxa calidade de vida se ve afectada a cotío polos ruídos provocados polo intenso tráfico e o gran número de vehículos pesados”

Ningún comentario:

Publicar un comentario