martes, 22 de setembro de 2015

MASTER CLASS NO PAVILLÓN

O POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS OFRECE CLASES GRATUITAS ATA O XOVES 24 DE SETEMBRO

Barbadás, 22 de setembro de 2015

·        A Concellería de Deportes organiza master class no pavillón para  promocionar a práctica de deportes ou actividades innovadoras durante esta semana

·        Hoxe martes impartirase unha clase de aerobic night entre as 20,30 e as 21,30h

·        Mañá mércores haberá unha clase-demostración de cardio combat que se desenrrolará entre as 19,45 e as 20,45h

·        O xoves o baile latino será a actividade que poñerá o broche final a estas master class promovidas para fomentar a práctica do deporte

·        O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, considera que “estas clases gratuitas son moi útiles para potenciar o deporte , motivar a aquelas persoas que actualmente non o practican e para fomentar hábitos de vida saudable”

·        O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, lembra que “ó marxe destas clases gratuítas, continúan abertos os grupos para participar nas clases que se imparten no polideportivo de Barbadás”.

·        No pavillón impártense pilates, pilates para embarazadas, aerobic latino, step, gap, cardiobox, aerobic, wellness, psicomotricidade, ximnasia de mantemento e musculación.

·        O horario do polideportivo é de 7 da mañá a 13,00 horas e de 16,00 a 22,00 horas

·        As tarifas para apuntarse a calquera destas actividades oscila entre os 12 euros ó mes que pagan as persoas que dispoñen de carné xoven, @s desempregados, discapacitad@s ou xubilados, mentras que o resto de usuari@s pagan 15 euros ó mes. Estas tarifas varían  se @s usuarios acuden ó polideportivo pola tarde, sendo nese caso o custo  de 20 euros para o usuario xeneral e 16 euros para os que se benefician do desconto.

·        Para calquera información consultar en www.barbadas.es, polideportiv@barbadas.es ou no teléfono 988 26 35 19

Ningún comentario:

Publicar un comentario