xoves, 17 de setembro de 2015

PUBLICADOS NA WEB DO CONCELLO OS DATOS PATRIMONIAIS DO GOBERNO

O GOBERNO DE BARBADÁS PUBLICA OS DATOS PATRIMONIAIS DAS PERSOAS QUE O COMPOÑEN

Barbadás, 17 de setembro de 2015
·         O grupo de goberno de Barbadás fixo públicos os datos sobre o patrimonio d@s 8 concelleir@s que o conforman

·         Na páxina web poden consultarse estes datos relativos ás actividades profesionais, vehículos d@s que son propietari@s, saldo medio das contas bancarias, bens inmobles e pasivo

·          O goberno de Barbadás está integrado por 5 concelleir@s do PSdeG  (alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; Urbanismo: Victoria Morenza; Educación: Marga Pérez; Medio Ambiente: Rafael Sierra e Deportes: Adrián Varela)


·         Forman parte do mesmo tamén 3 concelleir@s do BNG (tenente alcalde: Xosé Manoel Fírvida; Cultura: Ánxela González e Servizos Sociais: Serafín Núñez)

·         O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “para o goberno de Barbadás é fundamental a transparencia na vida política”. Destaca ademais que “é moi importante o cumprimento dos compromisos electorais coa cidadanía”.


·         Segundo o rexedor “estes son os motivos polos que se fai pública neste momento a situación patrimonial das persoas que compoñen o actual goberno de Barbadás”. Unha das finalidades polas que se fan públicos os datos patrimoniais “vai en aras de achegar aínda máisa política e @s polític@s á cidadanía”, remarca o alcalde de Barbadás

·         Para consultar a situación patrimonial poden facelo na páxina web oficial do Concello de Barbadás, no epígrafe Información de interese- Organización Municipal- Datos patrimoniais do grupo de goberno


Ningún comentario:

Publicar un comentario