domingo, 27 de setembro de 2015

ENTREVISTA AO ALCALDE, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL

«A especulación do PP deixounos sen terreo para infraestruturas básicas»

As prioridades do novo rexedor pasan por crear as dotacións pendentes 
27 de septiembre de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0
AMPLIAR IMAGEN
18
1
0
Logo de oito anos de traballo na oposición, Xosé Carlos Valcárcel Doval (O Pereiro de Aguiar, 1963) foi investido o pasado 13 de xuño como alcalde de Barbadás. Unha coalición entre PSOE e BNG puxo fin a 28 anos de mandato do popular Freire Couto ?que non se presentou ás eleccións?. Socialistas e nacionalistas gobernan en minoría, co apoio puntual de Compromiso por Barbadás, formación que rexeitou entrar no pacto para este mandato.  
?¿Como valora os cen primeiros días de mandato?
?De forma moi positiva porque fomos capaces de facer chegar aos veciños que hai un compromiso por outra forma de facer política e outra xestión, ademais de visibilizar algunhas das accións que marcarán o noso traballo.
?¿Por exemplo?
?Aprobamos un regulamento de participación cidadá, modernizamos e agrupamos servizos que estaban dispersos por diferentes zonas ?na Casa da Cultura vendíase o bonobús?, traballouse en igualdade, fixemos público o noso compromiso co Día do Orgullo e contra a homofobia, arranxáronse e acondicionáronse os espazos público, imos promover unha ordenanza de terrazas, creouse unha biblioteca infantil ?o mobiliario estaba gardado dende hai sete anos e nunca se puxera en marcha?, houbo unha rebaixa importante, 21.000 euros ao ano, nas retribucións aos concelleiros e o Concello está aberto polas tardes varios días á semana. Ese é outro dos problemas cos que nos atopamos: temos cen traballadores municipais pero nunca se aprobou unha RPT (Relación de Postos de Traballo). E na páxina web está colgado o patrimonio das oito persoas que forman o grupo de goberno.
?¿As diferenzas polo centro de saúde foron o principal atranco?
?O proxecto está en marcha, que era o que se demandaba dende hai anos, pero queríamos unha ubicación alternativa pola mala situación. Os accesos non son bos, estamos traballando nun plan para superar esa eiva, e hai que crear un muro de contención que costa 900.000 euros, é dicir a terceira parte do presuposto total da obra.
?¿Crear o instituto será unha das prioridades do mandato?
?É, pero temos tamén problemas como no centro de saúde. O terreo está nunha área de reparto e mentras non se poñan de acordo para urbanizar non podemos pór a superficie a disposición da Xunta. Ese é o gran problema de Barbadás, onde a especulación do PP deixounos sen terreo para infraestruturas básicas. A Freire Couto e ao PP  nestes anos interesoulle máis a especulación inmobiliaria que crear servizos básicos para os veciños.  
?¿As vintecinco medidas do seu programa marcarán o mandato?
?No noso caso así é, mais temos un goberno de coalición e iremos consensuando as actuacións. Aínda que coincidimos en que dotacións como as que xa falamos, ou o centro de día, a segunda gardería, a mellora de toda a zona rural, as piscinas, o plan de dinamización do comercio e outras actuacións serán prioritarias.
?¿Que obxectivos espera ver materializados nestes catro anos?
?Ante todo mudar o sistema personalista de goberno que había en Barbadás. Fomentar a participación cidadá e o traballo en equipo, a transparencia, conseguir materializar as dotacións básicas das que carecemos na actualidade e o plan de mellora dos espazos públicos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/barbadas/2015/09/27/span-langgl-especulacion-do-pp-deixounos-sen-terreo-infraestruturas-basicasspan/00031443289155151476384.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario