martes, 8 de setembro de 2015

AUMENTO DAS AXUDAS PARA LIBROS

·        O CONCELLO DE BARBADÁS INCREMENTA NUN 28,60 % AS AXUDAS PARA LIBROS E MATEIRAL ESCOLAR DESTINADAS A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

·        A concelleira de Educación, Marga Pérez, destaca o importante aumento destas axudas que pasan dos 70 ós 90 euros por alumn@

·        As familias que reciban as axudas non poderán exceder duns ingresos de 4500 Euros por membro familiar anual

·        As solicitudes presentaranse na Casa de Cultura ou por correo electrónico: educación@barbadas.es

·        As becas de libros concederanse priorizando a atención ás familias con menor cantidade de ingresos mentres dure a dotación presupuestaria.

·        A partir do día 19 de outubro de 2015, no taboleiro do Concello e da Casa Municipal da Cultura e na páxina web do concello (www.barbadas.es) farase pública a lista de escolares ós/ás que lles foron concedidas e denegadas as axudas
   
Barbadás, 7 de setembro de 2015. O prazo para presentar a solicitude de axudas económicas para libros e material didáctico na etapa de educación infantil no vindeiro curso académico 2015-2016 está aberto ata o 30 de setembro.
Estas axudas económicas para libros e material didáctico están dirixidas @s alumn@s de Educación Infantil do Concello de Barbadás matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados, exceptuando aqueles cursos que se benefician do programa de gratuidade de libros de texto da xunta de Galicia.
A Concellería de Educación amplía este ano a contía para libros e material didáctico por alumn@ ata 90 euros, o que supón un incremento dun 28,60% con respecto ás axudas do curso  anterior. A concelleira de Educación, Marga Pérez, destaca “o importante aumento na contía destinada ás axudas, que pasa de 70 a 90 euros, o que significa que as familias que están atravesando unha difícil situación terán unha axuda importante para paliar a falta de recursos económicos”.
As familias que reciban as axudas non poderán exceder duns ingresos de 4500 Euros por membro familiar anual. Esta cifra supón tamén unha novidade con respecto ó ano anterior porque o límite de ingresos amplíase para poder beneficiar con esta axuda  a un maior número de familias do Concello de Barbadás.
As/os peticionari@s de axudas deben reunir as seguintes condicións:
- Estar empadroado con Concello de Barbadás
- Non exceder o nivel máximo de ingresos sinalados nas bases reguladoras desta axuda
- Cumprimentar a solicitude no modelo de instancia
- E presentar a documentación necesaria para acreditar reunir as condicións para ser beneficiario
As solicitudes presentaranse na Casa de Cultura ou por correo electrónico: educación@barbadas.es

Os/as solicitant@s poderán descargar o modelo de impreso de solicitude a través da páxina web do Concello de Barbadás onde se atopa toda a información.
A partir do día 19 de outubro de 2015, no taboleiro do Concello e da Casa Municipal da Cultura e na páxina web do concello (www.barbadas.es) farase pública a lista de escolares ós/ás que lles foron concedidas e denegadas as axudas, indicando a estes últimos a causa da denegación, dispoñendo dun período de reclamación ata o día 6 de novembro de 2015.

As becas de libros concederanse priorizando a atención ás familias con menor cantidade de ingresos mentres dure a dotación presupuestaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario