CONTINÚA A FORMACIÓN
DUAL NO CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO DE BARBADÁS CON UN CURSO DE
ALBANELERÍA
Este módulo forma parte dun proxecto no que se inclúen outras
especialidades como prevención
de riscos laborais, actividades en xardíns ou carpintaría
O proxecto engloba
alumnado dos concellos de Castrelo de Miño, Toén, Celanova, Barbadás e A Merca
Barbadás 31 de agosto
de 2015. O proxecto
de educación dual que se imparte no Centro
Empresarial Transfronteirizo de Barbadás complétase co módulo de
albanelería. Hoxe iniciouse a formación nesta especialidade con un total de 15
moz@s dos concellos de A Merca, Celanova, Toén, Castrelo de Miño e Barbadás.
O módulo céntrase en operación auxiliares de albanelería e
fábrica de cubertas e terá unha duración de 280 horas lectivas. Os participantes neste módulo de educación dual
obterán ó rematar a formación o seu correspondente certificado de
profesionalidade.
Este tipo de formación combina horas lectivas con horas de
práctica –traballo e
englóbase no Programa de Formación Dual
no que participan os 5 concellos que
forman parte deste proxecto.
O Proxecto que se está a levar a cabo dende hai meses promovido
dende o Centro Empresarial Transfronteirizo consta de varios módulos formativos
que xa foron impartidos: Prevención
de riscos laborais en Barbadás; actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería en Toén; traballos
de carpintaría e moble en Castrelo de Miño. Este ciclo
formativo remata co módulo de albanelería en Barbadás.
Está previsto o remate
desta acción para o 21 de outubro de 2015, data na que @s xóvenes porán en práctica os
coñecementos teóricos impatidos a través do módulo centrado en operacións auxiliares
de albanelería e fábrica de cubertas realizando traballos de albanelería nos seus
respectivos concellos.
O tenente alcalde
e concelleiro da área de Promoción Económica, Xosé Manoel Fírvida, estivo esta mañá na presentación do
proxecto de formación dual. Fírvida destacou
a importancia que ten a combinación da formación teórica coa práctica do
alumnado asegurando que este tipo de iniciativas contribúen a promover a
entrada no mercado laboral da xuventude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario