sábado, 8 de agosto de 2015

MELLORAS NO ÁMBITO EDUCATIVO PLANTEXADAS POLA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN

·        A Concellería de Educación promove a ampliación da biblioteca do colexio Filomena Dato da Valenzá

·        A responsable da área de Educación, Marga Pérez, plantexoulle á delegada territorial, Mercedes Gallego, unha serie de melloras nos centros educativos do municipio

·        Preténdese tamén cubrir o patio interior que está a carón da aula de psicomotricidade para ampliar espazos e facilitar a comodidade d@s cativos

·        Outra das actuacións nas que está traballando a edil de Educación é a pavimentación da zona infantil deste colexio, coa conseguinte mellora no acceso á Escola de Música e na habitabilidade da zona de xogo

·        Pérez plantexoulle á Xunta a posibilidade de pór en marcha o servizo de comedor público no colexio O Ruxidoiro (actualmente é cáterin)

·        Dende o goberno de Barbadás insistiron ante a delegada territorial na prioridade de construir o instituto en Barbadás

·        Marga Pérez plantexou ademais mellorar o transporte por bus do alumnado de bacharelato

·        A concelleira de Educación anunciou que se estudará pór en marcha dende o Concello de Barbadás axudas para o transporte dest@s estudantes baseadas no criterio de renda familiar







Barbadás, 8 de agosto de 2015. A Concellería de Educación de Barbadás promoverá unha serie de melloras nos centros educativos  para adaptar as instalacións ás demandas e necesidades  da comunidade educativa.

Unha das melloras que se acometerá nas vindeiras semanas será a ampliación da biblioteca debido a que é preciso aumentar o espazo dispoñible tanto para o depósito de libros como para ter maior amplitude para organizar actividades co alumnado.
Para proceder á ampliación de espazos unirase unha aula a esta estancia e os traballos realizaranse nas vindeiras semanas pola brigada de obras.

Esta semana a concelleira de Educación, Marga Pérez, mantívo unha reunión coa Xefa Territorial de Educación, Mercedes Gallego,  para obter información sobre diferentes temas de interese para a veciñanza de Barbadás relacionados coa área de Educación.

Entre as cuestións abordadas atópase unha serie de actuacións de mellora no colexio Filomena Dato: pintado de aulas (que se fará de cara ó comezo do curso escolar),  cuberta do patio a carón da aula de psicomotricidade, pavimentación do parque infantil e a ampliación da biblioteca.

Ante o incremento progesivo no número de alumnos é preciso aumentar o espazo da aula de psicomotricidade. A solución que se lle dará a esta falta de sitio será a cubrición do patio interior situado a carón da aula de psicomotricidade, solventándose así dous problemas que existen: as humidades que existen nesta zona da escola de música e a falta de espazo.

Pérez Fernández falou con Gallego ademais da posibilidade de pavimentar o parque infantildo colexio Filomena Dato para evitar o corremento de terras que se produce en inverno, coa conseguinte inseguridade que esto supón. Melloraríase así o acceso á Escola de Música e a comodidade d@scativ@s que usan a zona infantil.
A concelleira de Educación plantexoulletamén á delegada territorial actuacións necesarias para mellorar a prestación de servizos no colexio Ruxidoiro. Marga Pérez trasladoulle a Gallego a posibilidade realque existe de implantar neste centro educativo o servizo de comedor de carácter público. A delegada anticipu que por agora non está prevista posta en funcionamento deste servizo pola Xunta.
Pérez anunciou, sen embargo, que plantexará á comunidade educativa a realización dun estudo económico para estudar a viabilidade real que existe de poñelo en marcha, en función de aspectos como a opinión de pais e nais, a mellora na calidade dos menús e incluso favorecer a promoción de hábitos alimenticios saudables propiciados nos comedores que teñen un carácter público.

Outros temas foron abordados por Marga Pérez e Mercedes Gallego centrouse na busca dunha solución conxunta para @sestudantes de bacharelato do municipio de Barbadás que se desprazan ó instituto Ferro Couselo e que non dispoñen de transporte porque Educación non subvenciona este tipo de desprazamentos por non ser ensino obrigatorio.
Pérez Fernández insistiu en que hai que ter en conta a situación dunha mala conexión por autobús de Barbadás con esta zona da cidade de Ourense.
Gallego asegurou que a Consellería de Educación non pode asumir axudas para est@salumn@s porque xa o fai a través das becas que perciben @s estudantes de bacharelato e que son solicitadas polos pais ou nais.

A responsable da área de Educación do Concello de Barbadás anunciouque o goberno local tratará de buscar unha solución ó asunto estudando a posibilidade de ofertar becas para desprazamento para cuxa concesión se terán en conta criterios baseados na renda familiar.

Marga Pérez pediutamén un compromiso do Departamento de Educación  da Xunta  para facer avanzar o proxecto instituto de Barbadás tendo en conta o elevado número de poboación en idade escolar que ten que desprazarse durante o curso a outro municipio coas conseguintes malas comunicacións por autobús.

A concelleira de Educación insistiu en que hai que buscar solución para un proxecto que ven arrastrándose dende hai anosmentras continua a provisionalidade da poboación estudantil que segue a ser movida a outro lugar para continuar a súa escolaridade obrigatoria.
Hai que lembrar que o instituto de secundaria está planificado na área de reparto número 10, que está sen desenrolar a causa da crise económica.


Tfno de contacto: Marga Pérez: 626085626

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/08/08/barbadas-reivindica-educacion-mejoras-centros/1292835.html

Barbadás reivindica ante Educación mejoras para los centros que hay en el municipio

Se ampliará la biblioteca del Filomena Dato

08.08.2015 | 04:00
Marga Pérez. // FDV
Marga Pérez. // FDV
Promover mejoras en los centros educativos de Barbadás para adaptar las instalaciones a las demandas y necesidades de la comunidad educativa está en el calendario de prioridades de la Concejalía de Educación del gobierno local. Así, en las próximas semanas se llevará a cabo la ampliación de la biblioteca del colegio Filomena Dato. Los trabajos consistirán en unir una de las aulas a esta estancia para aumentar el espacio disponible tanto para depósito de libros como para organizar actividades.
Esta semana la edil de Educación, Marga Pérez, se reunió con la jefa territorial de Educación, Mercedes Gallego, para abordar diferentes temas de interés en esta materia. Con respecto al colegio Filomena Dato, se trataron otras cuestiones como el pintado de las aulas, que se hará a comienzo de curso; la cubierta del patio anexo a la aula de psicomotricidad para aumentar el espacio de esta aula, así como la posibilidad de pavimentar el parque infantil del centro para evitar el corrimiento de tierras que se produce en invierno.
Asimismo, la edil trasladó a Gallego la "posibilidad real" que existe de implantar en el colegio Ruxidoiro el servicio de comedor de carácter público. Aunque según explican desde el Concello, la delegada anticipó que por el momento no está prevista la puesta en funcionamiento de este servicio por la Xunta. También se abordó la búsqueda de una solución conjunta para el desplazamiento de los estudiantes de bachillerato al instituto Ferro Couselo de la ciudad. Al respecto, el gobierno local estudiará la posibilidad de ofertar becas para desplazamientos en base a la renta familiar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario