ESCAPARATISMO,
PLANTAS AROMÁTICAS E FISCALIDADE DE EMPRESAS: TEMATICA DE 3 CURSOS QUE SE
DESENROLARÁN NO CET DE BARBADAS
O Centro Empresarial
Transfronteirizo ofrece ó longo do mes de setembro un amplo abano de formación
dirixida a empresari@s e emprendedor@s
O Concello de Barbadás ten previsto realizar no vindeiro
mes de setembro diversas actividades formativas dirixidas tanto a comerciantes como a empresarios,
emprendedores ou a outros veciñose veciñas que queiran participar.
Estes cursos, de carácter
gratuito, serán impartidos no
Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.
O vindeiro 7 de
setembro, de luns a venres, en horario de 20 a 22 horas dará inicio un
curso sobre “Escaparatismo e
decoración” de 20 horas de duración. Un curso indispensable para os comerciantes,
xa que, hoxe en día, a presentación dos productos no punto de venda
converteuse nun aspecto fundamental para calquera empresa que queira
distribuir con éxito os seus produtos.
A continuación, os
días 17 e 18 de setembro, en horario
de 16:30 a 19:30 horas, terán
lugar unhas xornadas sobre “Prantas
aromáticas”, estas xornadas veñen a ser continuación das
celebradas en xuño sobre “Agricultura Ecolóxica”.
Para rematar a programación formativa do mes de setembro,
abordarase a "Fiscalidade de pequenas
e medianas empresas". Este curso impartirase dende o 21 de setembro,
de luns a venres, en horario de 20 a 22 horas, e terá unha duración de 20 horas.
A inscrición
nestas actividades pode facerse a través do enderezo electrónico cet@barbadas.es, no teléfono 988 360413 ou achegándose ás oficinas
do CET.
Ningún comentario:
Publicar un comentario