venres, 28 de agosto de 2015

CENTRO DE SAÚDE: FIRMOUSE A ACTA DE REPLANTEO

O CONCELLO DE BARBADÁS FACILITARÁ A ACCESIBILIDADE Ó NOVO CENTRO DE SAÚDE DA VALENZÁ

Unha reordenación do tráfico facilitará o tránsito pola zona durante a execución das obras e cando se poñan en marcha as novas instalación sanitarias

A acta de replanteo que foi asinada esta mañá significa o punto de partida para comezar a construir o edificio

O prazo de execución das obras é de 11 meses

O orzamento do novo centro é de 3 millóns de pesetas
O futuro centro médico verá incrementados os servizos de atención
O actual goberno de Barbadás (PSdeG-BNG) plantexou hai unhas semanas ó Sergas un cambio de ubicación, pero a Xunta  asegurou que este era o lugar e que se postergaría no tempo o proxecto se se modificaba o emprazamento

As autoridades locales están aseguran que o inicio das obras suporá un avance no servizo sanitario que recibirá a poboación do municipio

Barbadás 28 de agosto de 2015. O novo centro de saúde de Barbadás terá 5 salas de medicina xeral e o mesmo número de consultas de enfermería, pasando das 2 que ten na actualidade. Outra das novidades é a habilitación dunha sala de educación para a saúde, con almacén e vestiarios.
Outra das melloras que implicará a posta en marcha das novas instalación será 1 consulta de odontoloxía e hixienista, que será compartida por estes dous profesionais.
Ademais haberá unha sala de recollida de mostras, que non existe na actualidade e incrementaranse as salas de espera, que pasarán de 1 a 3. Os novos habitáculos cos que contará  o novo edificio serán 1 sala de técnicas e outra de carácter polivalente. Mellórase tamén a prestación sanitaria coa creación dunha sala de muller con aseo e unha consulta de atención urxente.
Unha das melloras máis importantes que traerá consigo a posta en funcionamento do novo centro atópase o incremento da atención pediátrica. Hai que ter en conta que Barbadás é o segundo concello de Galicia no que hai un índice de natalidade máis alto. Na actualide están empadroados 1.258 nen@s menores de 14 anos, que serán os beneficiarios do incremento no número de profesionais de pediatría de 1 a 2. O número de consultas pediátricas pasa de 0 a 2 e construirase un aseo anexo a este servizo, que na actualidade non existe.
Na área de administración mantense unha área de admisión e habilitarase un arquivo de historias clínicas, un almacén de material e unha sala de caldeiras. O novo edificio albergará 2 estancias denominadas de oficio sucio e 2 de oficio limpo, que na actualidade non existen.
Outros habitáculos que se crearán serán unha sala de estar do persoal e outra de xuntas e bibliotetca. Os aseos públicos pasan de 1 a 2 e os que usa o persoal increméntase de 0 a 1. Haberá ademais vestiarios para o persoal do centro, que ata agora non existían.
O orzamento do centro de saúde é de 3.087.114 € e ten un período de execución de 11 meses. As obras comezarán en breve e o vindeiro luns colocaranse as vallas previas ó comezo dos traballos.
Esta mañá celebrouse o acto formal de replanteo á que asistiu o arquitecto municipal, técnicos da empresa adxudicataria, a UTE Extraco e Misturas, así coma responsables técnicos da Consellería de Sanidade. Estiveron tamén representantes do goberno municipal: Xosé Manoel Fírvida, tenente alcalde, Serafín Núñez, concelleiro de Sanidade e Victoria Morenza, edil de Urbanismo. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, non puido asistir. Nas inmediacións estiveron tamén outros edís do goberno coma Rafael Sierra, Adrián Varela e Marga Pérez.
Estiveron tamén responsables do Sergas: Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas, María Villar, xefa Territorial de Sanidade, Eloína Núñez, xerente do Sergas en Ourense e Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense.
O tenente alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, amosou a súa satisfacción ante a previsión da construcción do novo centro polo que suporá de creación “de servizos moi demandados pola veciñanza”. Remarcou que a ubicación “non é a máis acaída” e anunciou que se levarán a cabo varias actuacións de reordenación do tráfico cando se emitan os correspondentes informes técnicos. Un dos cambios que está previsto levar a cabo e convertir a circulación en sentido único.

Outra das intervencións que xa anticipou hai días o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, será a adecuación do entorno que comunica a rúa do Viso coa rúa das Burgas, que é o lugar onde se ubicará o centro de saúde. O acceso peonil polo parque situado ó carón das oficinas municipais da Valenzá será unha prioridade para o goberno de Barbadás. O obxectivo fundamental é mellorar a accesibilidade fundamentalmente das persoas maiores e das persoas que acudirán ó centro con carriños de bebé ou daquelas que teñen unha mobilidade reducida.





Ningún comentario:

Publicar un comentario