·
UN TOTAL DE 61 NENOS E NENAS DO CONCELLO DE BARBADÁS
PARTICIPARON ESTA MAÑÁ NO EDUCAMÓBIL
·
Esta
actividade lúdica e educativa foi promovida pola Concellería de Educación en
colaboración coa Deputación e a Fundación Seur
·
Estiveron no autobús educativo @s cativ@s que participan
nos campamentos urbanos da Casa da
Xuventude e de Sobrado do Bispo
Barbadás, 19 de agosto de 2015. Un total de 61
cativ@s do concello de Barbadás participaron esta mañá en Educamóbil, unha actividade promovida
pola Concellería de Educación en colaboración coa Deputación Provincial e a
Fundación Seur.
O
autobús que alberga o proxecto Educamóbil estivo na Valenzá entre as 9 da mañá
e a 1 do mediodía para ofertar actividades dirixidas a nen@s con idades
comprendidas entre os 4 e os 11 anos.
No Educamóbil estiveron grupos de nen@s que participan en
campamentos no pobo de Sobrado e na Valenzá, este último os que organiza cada verán a Casa da Xuventude de Barbadás. Tamén
acudiron a coñecer esta iniciativa lúdica e educativa algúns/algunhas cativ@s
individualmente, acompañados dos seus pais e nais.
No
Educamóbil ofrécense unha ampla gama de actividades
relacionadas coas novas tecnoloxías, é dicir, xogos didácticos a través do
ordenador, así como xogos relacionados coas manualidades ou o debuxo.
A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “os
principais obxectivos da actividade son propiciar a conciliación da vida
familiar e laboral, así como completar e enriquecer o tempo de lecer dos nenos
e nenas”. A música e a lectura foron
outras das posibilidades que ofrece o Educamóbil para contribuir ó entretemento
e diversión d@s máis cativ@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario