PROTECCIÓN
CIVIL DE BARBADÁS DISPÓN DUN NOVO VEHÍCULO DE USOS MÚLTIPLES CON CAPACIDADE
PARA O TRASLADO DE 9 PERSOAS
·
O novo vehículo será utilizado para o
transporte d@s voluntari@s, para o traballo cotiá e o despramento a operativos
·
O responsable de Protección Civil, Dani
Rey, indica que se están estudando outros usos coma os traslados puntais de
persoas que teñan dificultades acudir a lugares prioritarios, coma os centros
médicos, por exemplo
·
Na recepción do vehículo en Santiago
estiveron, ademais do responsable da agrupación, o tenente alcalde, Xosé Manoel
Fírvida.
·
O novo vehículo concedeuse a Barbadás
por ser a agrupación de voluntarios deste municipio unha das de maior
capacidade de traballo demostrado de toda Galicia.
·
A agrupación de Barbadás foi unha das
que maior puntuación obtivo no proceso de concesión da subvención de toda a
comunidade galega
Barbadás,
21 de agosto de 2015. A Agrupación de Voluntarios de
Protección Civil de Barbadás conta dende hai uns días con un novo vehículo de
usos múltiples con capacidade para 9 persoas.
Un dos motivos polos
que a agrupación recibiu este furgón foi pola alta capacidade de traballo feita dende hai anos pol@s voluntari@s de
Barbadás. Dani Rey, responsable de Protección Civil, explica que a de
Barbadás optou xunto co resto de agrupacións de Galicia e foi unha das que
obtivo unha maior puntuación. Entre os criterios que se valoraron
positivamente foi o número de voluntarios, o nivel de risco, os operativos nos
que participa, etc.
Na recollida do
vehículo en Santiago estivo ademais de Dani Rey, o tenente alcalde de Barbadás,
Xosé
Manoel Fírvida, quen destaca a importancia que ten a dotación deste novo
vehículo para mellorar o servizo de atención á veciñanza e as emerxencias no
municipio a través do traballo que desenrolan @s voluntari@s.
Este vehículo foi
concedido pola Consellería de
Presidencia a través dunha liña de subvencións sufragadas con fondos da
Unión Europea para equipamentos.
Están pendentes
tamén da entrega de material
complementario coma un remolque con carpa presurizada para montar
eventos, como pode ser a instalación dunha carpa de primeiros auxilios.
Unha das principais
vantaxes do novo vehículo de usos múltiples é o reducido nivel de consumo de combustible. Dende a súa
recepción estánselle dando usos múltiples: transporte de persoal, traballo
cotián d@s voluntari@s, asistencia a operativos e estanse estudando outras
finalidades como poden ser o traslado nas xornadas electorais de persoas con
dificultades para desprazarse ou levar a veci@s ós centros médicos cando sexa
en casos especiais.
O vehículo, unha
Renault Trafic de 120 cabalos, trae incorporado un equipo de megafonía, un
sistema de iluminación prioritaria (luces e serea, extintor, linternas e XPS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario