xoves, 28 de agosto de 2014

NOVO RETRASO PARA CONSTRUIR CENTRO SAÚDE

OS NOVOS INCUMPRIMENTOS NA CONSTRUCCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DA VALENZÁ  LEVAN Ó PSdeG A PRESENTAR UNHA PROPOSTA PARA QUE O CONCELLO PRESIONE PARA AXILIZAR A TRAMITACIÓN

·          O voceiro do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “a demagoxia, a desidia, os diversos incumprimentos e unha xestión ineficaz provocaron xa un retraso de 10 anos”.

·         Segundo os Socialistas “esta historia interminable está chea de engaños e de múltiples incumprimentos dos compromisos asumidos e publicitados polo Alcalde, a Deputación e a Xunta”

·         Valcárcel lembra que “as obras tiñan que terse iniciado antes de finais de 2010, segundo o anuncio publicado no seu momento en prensa e sufragado cos impostos de toda a veciñanza”.


·         A secuencia dos incumprimentos continúa cando Freire anunciou posteriormente que as obras se iniciarían antes de rematar o mes de maio de 2011, “un anuncio que resultou ser totalmente electoralista”, lamenta Valcárcel.

·          As novidades en torno ó centro de saúde sábeas Valcárcel a raíz dunha serie de preguntas presentadas hai unhas semanas


·         Na resposta Freire asegura que “probablemente a licitación se fará a finais do verán ou principios do outono”.
·        Valcárcel lamenta que “a cidadanía de Barbadás volve ter que fiarse das palabras de dirixentes que levan sistemáticamente incumprindo os seus compromisos”.

·          O líder do PSdeG en Barbadás considera inaceptable que “neste importante asunto o Alcalde engade ó menosprezo á veciñanza a carga da mentira sistemática


Barbadás, 23 de agosto de 2014. O grupo municipal socialista presentou unha iniciativa para qe o  Concello de Barbadás inste á Xunta a licitar e iniciar as obras do Centro de Saúde da Valenzá de xeito inmediato.
         O voceiro do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “a demagoxia, a desidia, os diversos incumprimentos e unha xestión ineficaz provocaron xa un retraso de 10 anos, cando o crecemento poboacional de Barbadás facían máis imprescindible e urxente” a construción do centro médico.
         Para Valcárcel a historia do centro de saúde da Valenzá é non só unha historia interminable, senón tamén un fiasco. “Un fiasco caracterizado polas fantasías publicitarias de Freire e do seu goberno, que se dan de bruces con unha realidade que golpea todos os días á veciñanza de Barbadás en forma de embustes”, describe o líder socialista.
         Segundo os Socialistas “esta historia interminable está chea de engaños e de múltiples incumprimentos dos compromisos asumidos e publicitados polo Alcalde, a Deputación e a Xunta”. Valcárcel lembra que “as obras tiñan que terse iniciado antes de finais de 2010, segundo o anuncio publicado no seu momento en prensa e sufragado cos impostos de toda a veciñanza”.
         A secuencia dos incumprimentos continúa cando Freire anunciou posteriormente que as obras se iniciarían antes de rematar o mes de maio de 2011, “un anuncio que resultou ser totalmente electoralista, xa que coincidía en plena campaña electoral dos anteriores comicios locais”.
         No Grupo Socialista afirmamos entón contundentemente que “todos eses anuncios eran falsos, interesados e carentes de fundamento. Resumindo, eran mentira”, indica Valcárcel.
         O voceiro do PSdeG continúa o relatorio dos feitos lembrando que “o tempo pasa e finalmente no verán de 2012 faise a presentación do proxecto do centro de saúde unha semana antes do comezo dunha campaña electoral”. O Partido Socialista denunciou nalquel momento que “se trataba dunha nova artimaña electoral como a realidade se encargou de demostrar en poucos meses”.
         Xosé Carlos Valcárcel alude ó pleno celebrado en marzo de 2014 cando “o alcalde indicou que existía un compromiso da Consellería de Sanidade para licitar as obras antes de xuño do ano en curso”. Debido a que a licitación non se levou a cabo nas datas sinaladas, no Grupo Socialista sospeitamos que existía un novo incumprimento tal e como se confirmou posteriormente.
         As novidades en torno ó centro de saúde sábeas Valcárcel a raíz dunha serie de preguntas presentadas hai unhas semanas. Na resposta Freire asegura que “probablemente a licitación se fará a finais do verán ou principios do outono”. Pero o propio alcalde recoñece que “oficialmente non existe comunicación algunha”. Valcárcel lamenta que “a cidadanía de Barbadás volve ter que fiarse das palabras de dirixentes que levan sistemáticamente incumprindo os seus compromisos”.
         O líder do PSdeG en Barbadás considera inaceptable que “neste importante asunto o Alcalde engade ó menosprezo á veciñanza a carga da mentira sistemática”. Pero a interminable historia do novo centro médico ven de moito tempo atrás, indica Valcárcel Doval, quen alude ó feito de que os responsable do PP “nunca pensaron en entregar ó goberno da Xunta uns terreos axeitados, uns terreos que para esta dotación estiveron condicionados pola especulación urbanística”. Refírese Valcárcel a que as mellores ubicacións foron para a construcción de vivendas e as fincas pior ubicadas para dotacións.
  





Ningún comentario:

Publicar un comentario