domingo, 17 de agosto de 2014

EXEMPLOS DE ENCHUFISMO E NEPOTISMO


VALCÁRCEL DENUNCIA QUE SE FAGAN CONTRATACIÓNS “A DEDO” NA ÁREA DE XARDÍNS MENTRAS O ALCALDE DE BARBADÁS SE ESCUDA EN QUE É UN CONTRATO DE SERVIZOS

·          Recentemente contratáronse 4 operarios (3 peóns e un chofer) que segundo recoñece o rexedor de Barbadás en respostas a Valcárcel “non están seleccionados”.

·         Este tipo de sistemas de selección de persoal “favorece a discriminación e ofrece unha imaxe pésima dos xestores do diñeiro público ó dar prioridade a unhas persoas sobre as outras”

·          O líder socialista considera lamentable a argumentación do alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, quen se escuda en que “o procedemento foi por adxudicación directa”.


·         Este xeito de xestionar é criticado por Valcárcel que reprocha que non se tivera feito un proceso de selección transparente e con criterios obxectivos para seleccionar a estes traballadores que durante 6 meses prestan servizos de reforzo na área de parques e xardíns.

·         Freire responde a Valcárcel que se trata dun contrato de servizos e desenténdese así de levar a cabo un proceso de selección en base a criterios obxectivos.


·         Dende o Grupo Socialista denuncian tamén que se producen situación similares nas contratacións temporais da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo. Neste caso é evidente que se produciu un caso de presunto enchufismo ó ser contratado o irmán da concelleira de Obras, Miriam Prieto



Barbadás, 17 de agosto de 2014. A política de contratación do grupo de goberno de Barbadás volve ser obxecto das críticas do Grupo Socialista. O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, é tallante ó afirmar que unha vez máis compróbase que existe favoritismo nas contratacións temporais.
Recentemente contratáronse 4 operarios vinculados á área de xardíns. Trátase de 3 peóns e un chofer, que segundo recoñece o rexedor de Barbadás en respostas a Valcárcel “non están seleccionados”. Para o voceiro socialista este xeito de contratar persoal non atende ós principios de igualdade, mérito e capacidade.
         Segundo Valcárcel o máximo responsable dunha institución coma o Concello de Barbadás debería ser estrito nos procedementos de contratación, “sen esquecer que na época de crise que nos atopamos ter un traballo aínda que sexa por un período breve de tempo pode axudar a moitas familias”.
         Este tipo de sistemas de selección de persoal “favorece a discriminación e ofrece unha imaxe pésima dos xestores do diñeiro público ó dar prioridade a unhas persoas sobre as outras, unha política á que nos teñen acostumado os gobernantes do PP”, reprocha Valcárcel.
         O líder socialista considera lamentable a argumentación do alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, quen se escuda en que “o procedemento foi por adxudicación directa”. Nas respostas a unha serie de preguntas plantexadas polo voceiro socialista Freire asegura que “estes 4 traballadores non teñen ningún tipo de vinculación co Concello e que o custo das contatacións dependerá do tempo que presten os servizos”.
         Este xeito de xestionar é criticado por Valcárcel que reprocha que non se tivera feito un proceso de selección transparente e con criterios obxectivos para seleccionar a estes traballadores que durante 6 meses prestan servizos de reforzo na área de parques e xardíns.
         Freire responde a Valcárcel que se trata dun contrato de servizos e desenténdese así de levar a cabo un proceso de selección en base a criterios obxectivos, “pero esta é precisamente a clave, que se están externalizando as contratacións precisamente para favorecer o enchufismo e as contratacións a dedo”, asegura o voceiro socialista.
         “Freire foi quen tomou a decisión de externalizar o reforzo do servizo de parques e xardíns e polo tanto é o máximo responsable de que se fagan contratacións baseadas en criterios subxectivos e que favorecen o enchufismo, o favoritismo e a discriminación”, censura Valcárcel.
         Dende o Grupo Socialista denuncian tamén que se producen situación similares nas contratacións temporais da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo. Neste caso é evidente que se produciu un caso de presunto enchufismo ó ser contratado o irmán da concelleira de Obras, Miriam Prieto. Para Valcárcel este feito demostra que “cando se trata de contratar existe un fío directo co alcalde ou cos responsables municipais para a elección de persoal, obviando os criterios obxectivos de selección.


Ningún comentario:

Publicar un comentario