mércores, 30 de xullo de 2014

PRESENCIA DE ARSÉNICO EN LOIRO (inclúe enlaces prensa)

O VOCEIRO DO PSdeG EN BARBADÁS ALERTA DOS PROBLEMAS DE POTABILIDADE EN LOIRO E URXE SOLUCIÓNS


·        Valcárcel acusa de neglixencia ó alcalde de Barbadás ante a aparición de arsénico na rede de auga


·        O voceiro socialista considera lamentable que foran unhas preguntas do Grupo Socialista as que desvelaran a presencia desta substancia na auga


·        Os resultados “obrigan ó Concello a advertir ós veciños de que a auga non é apta para o consumo e a adoptar medidas para submninistrala en condicións de salubridade”.


·        Segundo a resposta de Freire ás preguntas de Valcárcel “unha vez constatado que a auga non é apta para o consumo humano, tras varios apercibimentos da Consellería de Sanidade, a única solución posible é o bombeo de auga dende Bentraces, a través da rede de abastecemento cuxa concesión ten Viaqua”.


·        Deste desaguisado “ hai dous claros responsables, o señor Freire Couto e o PP e constitúe unha proba máis do desgoberno ó que está sometido Barbadás”.






Barbadás, 30 de xullo de 2014.

Ante unha serie de preguntas presentadas polo voceiro do Grupo Socialista tivemos coñecemento da presencia de arsénico na auga en Loiro que “parece ser debida á composición do terreo”. Xosé Carlos Valcárcel é moi crítico coa actitude obscurantista do alcalde respecto deste asunto. Valcárcel tilda de grave neglixencia ó grupo do goberno do PP e ó alcalde Sr. Freire por non ter informado á cidadanía polo miúdo da gravidade da situación.
Grazas ás preguntas presentadas polos Socialistas entregouse onte un informe respondendo ás mesmas. Neste informe ou respostas ó PSdeG indícase que “existen dúas analíticas da auga que manifestan a mesma problemática, unha do Colexio de Farmacéuticos e outra realizada por Viaqua”.
As mostras foron recollidas en distintos puntos: toma de pozo, no depósito e mostras da rede.
             Os resultados “obrigan ao Concello a advertir ós veciños de que a auga non é apta para o consumo e a adoptar medidas para submninistrala en condicións de salubridade”.
Publicouse un bando, pero non se especificaba da gravidade da situación, reprocha o voceiro do PSd        eG.
             Segundo as respostas enviadas ó voceiro socialista “ o criterio dos técnicos non parece que a causa teña que ver coa rede existente”, aínda que se recoñece que se poderá ir mellorando nos tramos en que sexa necesario.
              Freire tamén resposta ás preguntas de Valcárcel  que “unha vez constatado que a auga non é apta para o consumo humano, tras varios apercibimentos da Consellería de Sanidade, a única solución posible é o bombeo de auga dende Bentraces, a través da rede de abastecemento cuxa concesión ten Aquavia”.
              O alcalde responde ó líder socialista que “nos últimos anos celebráronse reunións coa veciñanza, intentando que o aproveitamento se levase de forma privada polos veciños mediante a súa constitución nunha organicación inscrita en Sanidade que sería a resposnsable da salubridade e controis da auga. Os veciños non quixeron facerse cargo deste tema”
             O informe conclúe que unha vez que a auga non é apta por motivos de composición do terreo, esta solución da xestión privada resulta inviable.
             Valcárcel quere criticar que o PP leva gobernando 27 anos en Barbadás con Freire á cabeza. Reprocha que “o arsénico non xurde na terra nin na auga por xeración espontánea, polo tanto houbo unha clara e evidente omisión no control da saúde pública, neste caso nas augas para o consumo público”.
             Deste desaguisado “ hai dous claros responsables, o señor Freire Couto e o PP e constitúe unha proba máis do desgoberno ó que está sometido Barbadás”.
             O PSdeG considera que se lle cede a xestión a Viaqua non pode ser de xeito gratuito porque antes debe ser reparada a rede de subministro de Loiro, que está en mal estado e no seu momento foi custeada polos veciños e veciñas da parroquia.
             Desde o Grupo Socialista chámanos poderosamente a atención que o descubrimento de arsénico na auga coincida no tempo coa insistencia de goberno municipal para que a xentión da mesma á empresa privada Viaqua.

Resumo do escrito presentado por Valcárcel o 21 de xullo de 2014

A veciñanza de Loiro leva tempo preocupada pola ineficacia do goberno municipal do PP en relación á xestión da subministración de auga na parroquia.
             O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, lembra que en xullo do 2013 o Grupo Municipal Socialista fixo no pleno diversas preguntas sobre a problemática da auga en Loiro.
             Valcárcel destaca de que dende hai varias semanas “a preocupación converteuse nunha importante inquedanza veciñal e incluso alerta social despois da publicación dun bando municipal no que se informaba de que a auga que chega ós fogares non é potable”.
             Para o líder socialista resulta evidente que a veciñanza esixe unha solución a este grave problema máis tendo en conta que as duas tomas de auga realizadas en lugares diferentes reflexan resultados distintos.
             Valcárcel lamenta que a única solución que ofrece o alcalde, José Manuel Freire, e o goberno do PP é a de bombear agua desde Bentraces, pero utilizando a mesma rede de subministración que probablemente sexa a causante do problema.
    O voceiro socialista presentou un conxunto de preguntas destinadas a esclarecer cales van ser as medidas que se van adoptar para ofrecer á veciñanza de Loiro unha solución definitiva.
             Os Socialistas queren coñecer cal é o elemento ou a causa que provoca esta situación. Tamén preguntan se se fixeron novas análises de auga para coñecer con certeza se a auga é potable ou non.
Dende o PsdeG solicitan coñecer os resultados desas novas probas no caso de  que foran realizadas.
             Así mesmo piden explicacións sobre as medidas adoptadas dende o goberno do PP en Barbadás “para evitar un posible problema sanitario entre a veciñanza de Loiro.
Valcárcel quere coñecer ademais de onde reciben actualmente a auga os residentes de Loiro e se o goberno de Freire “vai modernizar e substituir a actual rede de abastecemento na parroquia de Loiro. Tamén se interpela sobre o traspaso do subministro para ser xestionado por Aquavia ou vai seguir sendo de xestión veciñal.
             Finalmente os Socialistas queren saber se no caso de que a xestión do servizo se faga pola empresa concesionaria ¿quen vai pagar o custo do cambio da rede?









Ningún comentario:

Publicar un comentario