xoves, 3 de xullo de 2014

AMPLIACIÓN DA DENUNCIA CONTRA FREIRE EN DATOS

ROLDA DE PRENSA DO VOCEIRO DO PSdeG EN BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL DOVAL, SOBRE NOVAS APORTACIÓNS Ó CASO DA PRESUNTA CORRUPCIÓN URBANÍSTICA DO ALCALDE, JOSÉ MANUEL FREIRE COUTO.
Ourense, 2 de xullo de 2014
·         Entre marzo e outubro realizánse operacións inmobiliarias polo emporio freire entre españa e portugal, sanxenxo e matosinhos, que suman 816.000 €. 
·        En xuño de 2006 a esposa de Freire merca un inmoble tamén en Sanxenxo, indicándose na escritura que se aboan 130.000 € en metálico
·        Na transacción realizado en xullo 2004 o apoderado de López Noya é José Ramón Penido López que tamén foi apoderado de Maexpa Grupo Inmobiliario (filial de Mahía). Este señor tamén é apoderado de BINURBA, implicada no asunto de Arroyo de la Encomienda

Antes de nada teño que decir que no Partido Socialista levamos sete anos facendo un traballo de oposición moi serio. Unha oposición construtiva, facendo continuamente aportacións para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. E tamén unha oposición comprometida coa denuncia e erradicación de calquera indicio de corrupción.
Por esa razón temos a convicción de que este traballo foi decisivo no feito de que Freire non se presente como candidato nas próximas eleccións municipais. O traballo de investigación e denuncia que temos feito neste tempo cremos que influe decisivamente neste anuncio.
Agora Freire di que se vai por que “sinte rechazo á pólitica”: que coincidencia que este rechazo veña acompado polas denuncias do PSdeG de Barbadás por presunta corrupción urbanística.
O motivo desta convocatoria é informarvos que o Grupo Municipal Socialista de Barbadás presentará mañá nos Xulgados de Ourense nova documentación sobre as actividades do alcalde Sr. Freire Couto no eido inmobiliario e consideramos que toda a veciñanza debe ser coñecedora dos datos que aportamos.
Trátase de nova información perfectamente documentada. Eso leva tempo ó precisar dun traballo meticuloso e dunha investigación detallada. Sempre queremos ir dando pasos sobre seguro e ofrecendo aportacións fidedignas sobre o Emporio Freire.
Pois ben, este entramado de Freire, concretamente ALBA MARÍA SOCIEDADE PROMOTORA DE BENS INMOVES, adquiriu o 23.3.2004  varios inmobles en Matosinhos (Portugal) por un importe de 225.000 €. Estes bens foron transmitidos pola entidade LÓPEZ & NOYA SOCIEDADE PROMOTORA E CONSTRUTORA IMOBILIARIA filial da construtora Mahía que desenvolveu a súa actividade na Valenzá, entre outras localidades do Estado.
O día 23.7.2004, é decir, escasos 4 meses despois, Alba María adquire novamente varios inmobles en Matosinhos e tamén a López & Noya, neste caso por un importe de 180.000 €.
Hay que destacar varias cuestión en todas estas operación:
·        Como decía antes, no curto período de 4 meses unha sociedade (Alba María) recentemente constituida fai supostamente un desembolso de 405.000 € cando ten un capital social de 5.000 €
·        Estas operacións realizanse sin ningún tipo de préstamo ou hipoteca.
·        En ambos casos confesase ter recibido o importe previamente ó outorgamento das escrituras.
·        Na transacción realizado en xullo 2004 o apoderado de López Noya é José Ramón Penido López que tamén foi apoderado de Maexpa Grupo Inmobiliario (filial de Mahía). Este señor tamén é apoderado de BINURBA, implicada no asunto de Arroyo de la Encomienda
Con data 12.10.2004 novamente Alba María realiza operacións con López & Noya por varios inmobles na mesma localidade portuguesa por valor de 185.000 €, sendo o representante desta última sociedade Javier Lago Sanmartín, quen tamén é apoderado de Maexpa e Mahía.
As operacións de Alba María con López Noya retómanse o 26 de setembro de 2006 tamén en Matonsinhos por un importe de 295.000 €. Neste caso resulta que o apoderado de ambas partes é a mesma persoa, en concreto José Carlos de Sousa Santiago, o que evidencia unha relación sumamente estreita entre as sociedades Alba María e López Noya e, polo tanto, Mahía.
Tamén nesta operación, coma en todas as anteriores, se confesa que o prezo está recibido.
En resumen, as sociedades do Emporio Freire fixeron diversas operacións  en Matosinhos cunha sociedadade do grupo Mahia por importe de 885.000 € entre 2004 e 2006 e en todos os casos confésase que o importe está recibido sen existir ningún préstamo hipotecario do que se deduce que o importe, no caso de ser pagado, fíxose en metálico.
Resultando este importe chamativo, ainda o é máis que no prazo de 6-7 meses desde a constitución de Alba María, con 5.000 € de capital social, poideran realizarse operacións por 590.000 €, CURIOSAMENTE COINCIDINDO COAS FASES CLAVES DO PROCEDEMENTO DE APROBACIÓN DO PERI AR 1, CONCRETAMENTE COA APROBACIÓN INICIAL (19.1.2004) CREASE A ENTIDADE ALBA MARÍA E COA A APROBACIÓN DEFINITIVA (26.4.2004) REALIZÁNSE VARIAS DAS OPERACIÓN ANTES CITADAS.
Pero as operacións do Emporio Freire non se circunscriben á localidade portuguesa de Matonsinhos:
·        O 5 de xullo do 2004 cancela a hipoteca dunha vivenda por 150.000 € en Sanxenxo e a propiedade pasa a ser titularidade do Sr. Freire. Falamos dun inmoble valorado a efectos de subasta en 226.000 € e non consta na escritura cómo se cancela a hipoteca. Puido haber sido perfectamente en metálico.
Estamos falando novamente do ano 2004 e ENTRE MARZO E OUTUBRO REALIZÁNSE OPERACIÓNS INMOBILIARIAS POLO EMPORIO FREIRE ENTRE ESPAÑA E PORTUGAL, SANXENXO E MATOSINHOS, QUE SUMAN 816.000 €.  E quero recalcar que falamos de 816.000 € do ano 2004.
·        En xuño de 2006 a esposa de Freire merca un inmoble tamén en Sanxenxo, indicándose na escritura que se aboan 130.000 € en metálico e que se subroga nunha hipoteca por outros 80.000 €. Temos que sinalar que esta operación coincide no tempo con outra xa mencionada previamente e realizada en Matosinhos (26.9.2006) por valor de 295.000 €
No Grupo Socialista queremos reseñar que a todas estas propiedades hai que engadir outras que xa figuran na denuncia inicial presentada en xullo do pasado ano. Estas tamén están na citada denuncia pero agora aportamos estos detalles por ser as máis destacadas.
Agora incorporamos tamén a acreditación de que a empresa Lopéz & Noya forma parte do Grupo Mahía, mediante a aportación dun informe elaborado pola perito María de las Mercedes Seisdedos Rivas e que está incorporado no Xulgado de Instrucción nº 1 de Santiago nas dilixencias previas 1862/2006 por fraude fiscal. Non estamos falando dunha perito calquera: a Sra. Seisdedos Rivas é Técnico de Facenda, ex – contadora do Estado e auditora colexiada.
No citado informe, entre outras cuestións, resulta acreditado que non existiu movemento efectivo de diñeiro nas supostas compravendas do Emporio Freire, dado que a indicada perito manifesta que non existe apoio contable para os supostos movementos de diñeiro en efectivo. En resumo, os inmobles supostamente non se pagaron con diñeiro.
Ademais deste informe dedúcese que se creou todo un entramado contable utilizando incorrectamente contas do Plan Xeral de forma contraria o seu significado para xustificar formalmente estas e outras supostas vendas de inmobles.

A perito recolle a declaración xudicial da empregada Verónica Rodríguez Casal que nega a existencia de ingresos en caixa por contías tan considerables en concreto das que facemos referencia de supostamente  Alba María por importes de 200.000 e 292.000 € (en datas 15.7.2004 y 7.10.2004 coincidentes coas operacións do EMPORIO FREIRE). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario