mércores, 9 de xullo de 2014

RESUMO PLENO 7 XULLO 2014


NOTA DE PRENSA

 

 

FREIRE REXEITA UNHA PROPOSTA SOCIALISTA PARA MELLORAR A SEGURIDADE CIDADÁ NAS FESTAS CON GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO

 

·         O máis lamentable foi que culpe ó PSdeG de “querer torpedear e boicotear as festas da Valenzá” (palabras textuais de Freire)

·        Unha moción do PSdeG forza a Freire a negociar un convenio co Polígono Virtual de Galicia para facilitar o emprendemento e apoiar ó comercio local de Barbadás

·        O obxectivo é revitalizar o Centro Empresarial Transfronteirizo para fomentar o emprendemento

·        Os Socialistas esixen máis bonificacións na aplicación do gravame do IBI. Presentará alegacións á modificación da ordenanza plantexada polo PP

 

Barbadás, 7 de xullo de 2014. O PSdeG de Barbadás considera contradicatoria a postura do rexedor para habilitar dispositivos especiais ante a celebración de actos multitudinarios. José Manuel Freire non apoiou a iniciativa socialista a pesar de estar de acordó co seu contido. O alcalde anunciou que se tomarán medidas excepcionais ante eventos similares ás festas da Valenzá deste ano, pero negouse a respaldar os acordos da moción do PSdeG.

         O informe da actuación da policía local e de protección civil téñeno que elaborar “ó solicitalo dun xeito formal”, lembrou a concelleira socialista Victoria Morenza (punto 2 do acordó). A reunión da xunta local de seguridade antes de festas, actos relixiosos, deportivos, recreativos, etc (punto 3) vaise realizar, segundo recoñeceu Freire. E tamén se van habilitar dispositivos especiais de seguridade e plans de emerxencia puntuais ante a celebración de actos que congreguen a un importante número de persoas (punto 1 da moción socialista). Pero o empecinamento do alcalde fixo que non asumira as propostas.

O máis lamentable foi que culpe ó PSdeG de “querer torpedear e boicotear as festas da Valenzá” (palabras textuais de Freire). Morenza tildou de intolerable que o alcalde se escude nun comentario feito por un militante socialista nas redes sociais para agocharse “ante a súa ineptitude como máximo responsable da seguridade en Barbadás.

         Morenza dixo que Freire vive na súa torre de marfil “ó asegurar que non pasou nada grave nas festas da Valenzá. A edil socialista lembrou que o luns 9 de xuño o subdelegado do Goberno recoñecía que non foron avisados da posibilidade de que se producira unha afluencia masiva de persoas e que de telo sabido houbérase activado un plan de seguridade propio. Pasaron só uns días e ese mesmo xoves, e ante a polémica xerada en torno ó asunto, a xunta local de seguridade pecha filas e cúbrelle as costas a Freire e xa parece que todo foi un invento de 3 ou 4 disconformes.

Pero, aínda que non aconteceu nada extremadamente grave, as posibilidades de que ocurrirá unha desgraza foron moi altas. ¿A qué estamos agardando para adoptar medidas? ¿a que morra alguén? ¿a que saiamos nos medios de comunicación porque se produciu unha avalancha de persoas? ¿a que haxa feridos graves que non poidan ser evacuados ante a ausencia dun plan de emerxencia específico?

            Está claro que se acontecese algo gravísimo sería moi complicado actuar porque non había unha vía de emerxencia á que puidera acceder unha ambulancia en caso de traslado de feridos.

 

O propio Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recoñecía que o feito de que non se superaran as 20.000 persoas que establece a lexislación non impedía que se fixese un plan de emerxencias. Villanueva fala de que se puideron ter previso saídas de evacuación, medios que teñen que intervir en caso de emerxencia e a posta en marcha de medidas necesarias que garantan a fluidez do tráfico.

            Está claro que houbo neglixencia, irresponsabilidade e deixadez por parte da máxima autoridade do concello, é dicir, o señor alcalde por non adoptar medida algunha para prever posibles incidencias.

            Pero o máis grave é que non se tomaron medidas excepcionais, non se creou un operativo especial de protección civil nin da Policía Local, cando en aglomeracións menores cá de esta ocasión (Entroido ou romaría de San Bieito).

            Pero o pior é que foron advertidos, temos entendido, da posibilidade de que podían acontecer incidentes e de que era neceario intensificar a regulación do tráfico por un informe previo da policía local de Barbadás. E non fixeron caso. E os policías que ese día traballaban cumpriron o seu turno e aquí paz e despois gloria. ¿Por qué non se puxo en marcha un dispositivo de seguridade especial, tanto de Protección Civil como da Policía Local?

Para nós esto foi unha irresponsabilidade.

E qué dicir da nosa agrupación de voluntarios de Protección Civil, que fan un traballo encomiable donde queiran que vaian. Sobre a agrupación e a súa actividade non temos nada, absolutamente nada que reprochar. Pero vostede señor alcalde debeu dar a orde de pór en marcha un operativo especial, pero non o fixo. E tiveron que ser os únicos 2 axentes da garda civil os que se viron desbordados e tiveron que pedir axuda ó 112. E foi entón, a partir da medianoite, cando foron avisados.

         Os Socialistas critican a irresponsabilidade de Freire por non pór en marcha sendos dispositivos de protección civil (posto que actúan en eventos incluso de menor importancia en municipios limítrofes ou no Entroido e na Romaría de Cova do Lobo) e de horas extraordinarias por parte de efectivos da policía local.

        

Polígono virtual de Galicia

 

 Houbo acordo unánime de tódolos grupos para iniciar de xeito inmediato contactos co Polígono Virtual de Galicia para asinar un convenio de colaboración mútua que teña com finalidade a posta en marcha dun proceso de aceleración empresarial, do emprendemento e do comercio local en Barbadás.

         O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel,  falou das ventaxas que para Barbadás tería esta iniciativa, entre elas a posibilidade de aloxar a páxina web do Concello nos servidores do polígono virtual, o que suporía un aforro de 1.200 euros anuais.

         O polígono virtual de Galicia formula apoiar sen custo algún ós emprendedores e tamén ás empresas de Barbadás, sempre que o Concello ceda parte das instalación do Centro Empresarial Transfronteirizo para impartir cursos de formación e foros de debate vencellados co emprendemento, a creación de emprego e as novas tecnoloxías.

Valcárcel destacou que o polígono virtual dispón de dous puntos de atención ó emprendedor, homologados polo Ministerio de Industria e un deles ubicaríase en Barbadás no caso de chegar a un acordo co Concello.

         Esta iniciativa supón un importante estímulo para todos os emprendedores e comerciantes de Barbadás e sería un lugar de atracción e referencia para iniciativas innovadoras en toda a provincia.

        

         Rebaixa ficticia do IBI

No debate da reducción do tipo de gravame do IBI do 0,5 ó 0,4 % Valcárcel reprochou que “chega tarde porque o PSdeG xa o solicitou en maio de 2008 e en xuño de 2013”. E chega mal porque non se modifican as bonificacións, que consideramos insuficientes, xa que non se bonifican a persoas en risco de exclusión social e parados de longa duración. Hai que destacar que o importe a recadar en 2015 vai ser o mesmo cá o do presente ano (1,9 millóns de euros), polo tanto a reducción é fictica e responde única e exclusivamente a puro electoralismo. A situación de tesoureiría deste ano é pior cá do ano anterior, pero agardan a aplicar a reducción ó ano 2015, no que se celebran eleccións municipais.

         Valcárcel anticipou que presentará alegacións á ordenanza “debido a que o que propón o goberno municipal do PP é unha simpre diminución do gravame, pero unha ordenanza da importancia que esta ten e que afecta a toda a cidadanía do concello debe servir tamén para introducir criterios de xustiza social e equidade fiscal e nestes tempos de crise máis cá nunca”.

 

Investimentos electoralistas

 

         Aprobouse unha modificación de crédito para investimentos en parques e viais que supón duplicar o previsto inicialmente nos orzamentos. Para Valcárcel “esto deixa ben ás claras que o PP fai os presupostos co obxectivo de falsealos e incumprilos”. Preguntouse por qué se facía esta importante modificación a poucos meses das eleccións municipais, ofrecendo el mesmo a resposta “o PP só traballa en función das datas electorais e pon en evidencia a forma de gobernar do PP: desinterese polos problemas, inexistencia de planeamento e desprezo total á veciñanza durante os tres anos anteriores”.

 

         O PSdeG leva anos denunciando que o importe dedicado a investimentos é totalmente insuficiente e con estes cambios “dásenos a razón”. En 2014 os investimentos só representaban o 4,25 % do gasto total, unha política criticada polos socialistas e con esta importante modificación confírmase o electoralismo.

 

Expediente de modificación de créditos: PP e PSdeG- Si; BNG- Abstención

Modificación IBI- PSdeG e BNG- abstención

Moción do bng para superar o modelo institucional do Estado español e recoñecer o dereito a decidir: PP E PSdeG- en contra

Moción do BNG sobre arranxo no parque dos Patos- limpeza e coidado- Unanimidade

Moción BNG para axilizar trámites da Risga_ Unanimidade

Moción para pór en marcha o proxecto de aceleración empresarial (polígono virtual de Galicia)- Unanimidade.

Moción PSdeG Festas da Valenzá- PP- en contra. PSdeG e BNG- a favor

Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98

 

 

Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es

Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza

Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof

Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario