domingo, 21 de abril de 2013

VULNERACIÓN DO ARTIGO 23 DA CONSTITUCIÓN


O PSdeG PRESENTA UN RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O PLENO EXTRAORDINARIO NO QUE SE LLE IMPEDIU O USO DA PALABRA Ó VOCEIRO SOCIALISTA

 ·        PSdeG asegura que “a privación de facto da palabra ó representante socialista, Xosé Carlos Valcárcel, atenta contra o artigo 23.1 da Constitución que alude á participación nos asuntos públicos.

·        Vulnerouse ademais o artigo 22.2 a) da Lei de Bases de Réxime Local, no que se especifica que corresponde ó Pleno, entre as súas atribucións, o control e fiscalización dos órganos de goberno

 
·        Ademais prodúcese unha posible vulneración do artigo 94 do Regulamento de Organización e Funcionamento dos Entes Locais, no que se enumeran as regras das intervencións nun debate:


·        No recurso alúdese a unha sentenza do Tribunal Supremo na que se sinala que “a finalidade dos debates non se reduce a que os concelleiros dos grupos minoritarios traten de convencer da súa postura ós que contribúen a maioría”.

 
·        Nas conclusións do escrito de reposición alúdese a que o pleno celebrado o 15 de marzo podería constituir un acto nulo de pleno dereito ó vulnerarse un dereito susceptible de amparo constitucional, como é o artigo 23 da Constitución (precepto legal que recolle o artigo 62.1 a) da Lei 30/92.

 

   Barbadás, 18 de abril de 2013. O Grupo Municipal Socialista de Barbadás presentou un recurso de reposición contra o pleno extraordinario celebrado o pasado 15 de marzo de 2013. O alcalde, José Manuel Freire Couto, “deu por rematado o debate, impedindo o uso da palabra ó voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel”, arguméntase no recurso presentado.

 

            Na petición lémbrase que o pleno extraordinario foi convocado a petición dos grupos da oposición para tratar da posible dimisión do rexedor. A motivación do pleno foron as informacións aparecidas en relación coa situación económica de Freire “e coa elevada contía do seu patrimonio, a falta de xustificación de esa variación patrimonial”. Tamén se alude ós problemas con Facenda que derivaron en regularizacións de elevada contía (Freire tivo que abonar 16.000 euros como consecuencia de ocultar ó fisco 208.000€).

 

            Iniciado o pleno, o alcalde tomou a palabra e “expuxo o que tivo a ben”, indícase no escrito do recurso. Despois concedeulle a palabra ó representante do BNG, Xosé Manuel Fírvida, quen así mesmo expuxo o que tivo a ben ata que, nun momento dado, segundo consta na acta”, Freire advertiulle que lle restaba medio minuto de intervención.

 

            Sen embargo, “na acta do pleno non consta a existencia dun tempo máximo de intervención acordado con anterioridade”, afirma o razonamento do recurso de reposición. O rexedor cortou “cando tivo a ben” a palabra a Fírvida, comezando unha discusión entre ambos os dous, sen que o representante do Grupo Socialista tivese a oportunidade de intervir.

 

            Segundo o escrito do recurso “a gravidade das informacións e a posible responsabilidade política de Freire requerían un debate máis amplo e con posibilidade de intervención de tódolos voceiros”

 

            O PSdeG asegura que “a privación de facto da palabra ó representante socialista, Xosé Carlos Valcárcel, atenta contra o artigo 23.1 da Constitución que alude á participación nos asuntos públicos.

 

            Ademais prodúcese unha posible vulneración do artigo 94 do Regulamento de Organización e Funcionamento dos Entes Locais, no que se enumeran as regras das intervencións nun debate:

 

§                     Só poderá facerse uso da palabra previa autorización do alcalde.

§                     O debate iniciarase con unha exposición e xustificación por parte dalgún membro da comisión informativa que a tivese ditaminado.

§                     Ou por algún dos membros da Corporación que suscriban a moción ou a proposición (neste caso os dous grupos políticos da oposición: BNG e PSdeG, pero só o representante nacionalista tivo o uso da palabra).

§                     A continuación os grupos consumirán un primeiro turno (non ocorreu no caso do PSdeG)

§                     O alcalde velará para que todas as intervencións teñan unha duración igual (non o fixo)

§                     Quen se considere aludido poderá solicitar un turno por alusións.

§                     Se o solicita algún grupo procederase a un segundo turno. Consumido este o alcalde pode dar por rematada a discusión, que se pechará con unha intervención do poñente (neste caso os poñentes eran os voceiros dos grupos nacionalista e socialista).

§                     Os membros da Corporación poderán en calquera momento do debate pedir a palabra  para plantexar unha cuestión de orde (fíxose en varias ocasións por parte dos edís do Grupo Socialista e o rexedor non cumpriu a normativa).

 

Vulnerouse ademais o artigo 22.2 a) da Lei de Bases de Réxime Local, no que se especifica que corresponde ó Pleno, entre as súas atribucións, o control e fiscalización dos órganos de goberno. Esta posibilidade viuse coartada para o voceiro socialista ó non poder realizar a súa intervención, na que aportaba datos novidosos relativos ó patrimonio do alcalde de Barbadás e do seu entorno familiar.

 

O recurso de reposición presentado polo Grupo do PSdeG en Barbadás alude ademais a un suposto parecido ó que se produciu en Barbadás sobre o que se pronuncia a Sentenza do Tribunal Supremo de 4 de decembro de 2000 (RJ 2001/1330). Nesta sentenza sinálase que “a finalidade dos debates non se reduce a que os concelleiros dos grupos minoritarios traten de convencer da súa postura ós que contribúen a maioría”.

            Nos debates, segundo a sentenza, exércese a función de control e fiscalización dos órganos de goberno do concello e o dereito de crítica respecto á posición maioritaria.

            A xurisprudencia do Tribunal Supremo apunta que “a exposición da opinión das minorías é esencial ó sistema democrático de goberno, que non consiste en que a maioría goberne, sen máis, senón en que o faga tendo presente as lexítimas razóns que en cada materia poida pór de manifesto a minoría”.

 

            Nas conclusións do escrito de reposición alúdese a que o pleno celebrado o 15 de marzo podería constituir un acto nulo de pleno dereito ó vulnerarse un dereito susceptible de amparo constitucional, como é o artigo 23 da Constitución (precepto legal que recolle o artigo 62.1 a) da Lei 30/92.

            Tamén se incide no feito de que se podería incorrer ademais na anulabilidade dos actos que supoñan infracción do ordenamento xurídico (artigo 63 da Lei 30/92), por producirse as vulneracións dos artigos 22.2 a) da Lei de Bases de Réxime Local e do artigo 94 do ROF.

Ningún comentario:

Publicar un comentario