martes, 2 de abril de 2013

LEGALIDADE DO PLENO DO QUE FUXIU FREIRE?



O PLENO NO QUE FREIRE NON DEIXOU FALAR Á OPOSICIÓN É LEGAL, SEGUNDO A SECRETARIA

Para os Socialistas de Barbadás Freire con este tipo de actitudes esquiva dar explicacións á opinión pública

         Un informe da secretaria do Concello de Barbadás considera que o pleno no que Freire non lle deu a oportunidade de intervir ó voceiro do grupo socialista, Xosé Carlos Valcarcel, é legal.
         Segundo a secretaria sostén que PSOE  BNG non emitiron votos cando o alcalde inciou a votación, segundos antes de levantar a sesión.
Enténdese que socialistas e nacionalistas se abstiveron.
         Segundo o controvertido informe, solicitado conjuntamente por BNG e PSdeG, ten cobertura legal. A secretaria utiliza o mesmo argumentarlo que o alcalde: o voceiro nacionalista excedeuse no tempo e o líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, non fixo uso do turno de palabra que lle concedeu o rexedor, José Manuel Freire.
         O acordo, segundo o informe técnico, só se podería mpugnar por quen votase en contra, pero só houbo abstención.

         A realidade dos feitos

         A realidade depende cos ollos cos que se miren.
Está claro que o pleno solicitado pola oposición para que Freire aclarase ante a opinión pública os entresixos do seu patrimonio non se chegou a consumar dende o punto de vista da legalidade democrática.
         O voceiro socialista non puido facer uso da súa palabra, a pesar das numerosas preguntas que lle ía plantexar ó alcalde e dos datos novidosos  sobre o Emporio Freire.
         Valcárcel ía esixir a Freire que explicase por qué mentiu cando dixo que só tiña 1 piso en Sanxenxo, cando ten 2, un deles en primeira liña de praia.
         O líder socialista tiña previsto pór sobre a mesa a realidade dos feitos: a empresa que Freire ten en Portugal comparte sede con Maexpa, vinculada ó boom urbanístico de Barbadás.
         Valcárcel pretendía reclamar de Freire aclaracións entre supostas vinculacións entre empresas do entorno familiar e promotoras ubicadas en Barbadás.
         Os Socialistas ían esixir a dimisión de Freire se non aclaraba satisfactoriamente o entramado e a orixe dun patrimonio que en valor de mercado pode superar os 5 millóns de euros.
         Pero o pleno non se celebrou con normalidade democrática porque Freire para evitar dar explicacións sobre o seu patrimonio levantou a sesión bruscamente. Agora resulta que ese pleno foi legal, pero os Socialistas seguiremos pedindo responsabilidades políticas, lonxe dos encorsetamentos dos informes técnicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario