sábado, 23 de marzo de 2013

O PP REXEITA CESAR A FREIRE NO INORDE

O Grupo Provincial Socialista na Deputación pediu a través dunha moción o cese inmediato do Presidente do Inorde, José Manuel Freire, "pola súa nula xestión á fronte do organismo"

A iniciativa socialista solicitaba ademais a devolución das dietas cobradas á Deputación dende que é presidente do Inorde, máis de 110.000 euros

O voceiro do PSdeG na Deputación, Ignacio Gómez Pérez, considera "o colmo da inmoralidade" que ademais dos 68.500 euros que Freire lle custa á Deputación por presidir o Inorde, perciba do ente provincial 12.700 € en dietas por asistir a comisións de goberno, informativas e plenos.

Ademais percibe do Concello de Barbadás 9.000 euros anuais do concello de Barbadás, tamén por asistencias.

O PP, a través do seu voceiro, Plácido Álvarez Dobaño, considera que Freire "fai unha excelente labor no Inorde"

O voceiro socialista reprochou a Freire que faga declaracións desafortunadas como a de que en "política non só poden estar os pobres de solemnidade"

Ignacio Gómez rexeitou este tipo de manifestacións, tendo en conta que Freire "converteuse no Rockefeller da provincia, en tanto que hai 3 millóns de persoas en risco de exclusión social.

Os Socialistas censuran a Freire que en lugar de velar polo desenvolvemento da provincia, "parece que só velou polo seu propio, aproveitando misións comerciais da entidade para facer negocios propios, como el mesmo recoñeceu"

Os Socialistas reprocharon que tras un seguemento feito polo Grupo Provincial constataron que o presidente do Inorde non acude practicamente ningún día ó seu posto de traballo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario