sábado, 16 de marzo de 2013


FREIRE NA EXECUTIVA PROVINCIAL DO PP

16 de marzo de 2013

            Xosé Carlos Valcárcel, líder do PSdeG en Barbadás cuestiona o nomeamento de Freire Couto coma vicesecretario da executiva provincial do PP.

Valcárcel afirma non entender que “Baltar fale de transparencia e inclúa na súa executiva ó político menos transparente e antidemocrático de toda a provincia.

            O voceiro socialista afirma que este nomeamento é unha incongruencia, “tendo en conta que se produce cando hai só unhas horas Freire deu mostras evidentes dun talante ditatorial ó levantar a sesión dun pleno impedindo á  oposición que se expresase libremente”.

            Segundo Valcárcel “este era o momento de predicar co exemplo, pero Baltar Blanco non aproveitou a ocasión para demostrar cos feitos os valores de transparencia que di que defende”. Para o líder socialista “esto quere dicir que as propostas de Baltar en torno á transparencia non son máis que declaracións para a galería co obxecto de ter un titular asegurado”.

            Xosé Carlos Valcárcel tilda de “pouco exemplarizante” que Baltar inclúa na dirección provincial “a un señor que non clarexa a orixe do seu patrimonio e que ademais ocultou os seus ingresos ó fisco, sendo sancionado por esta razón con unha falta grave”.

            Pero é lamentable tamén que Freire sexa unha das persoas elixidas por Baltar cando como deputado provincial do PP é un dos que máis atrancos pon para dar a coñecer públicamente a súa declaración de bens

Ningún comentario:

Publicar un comentario