luns, 4 de marzo de 2013


MOCIÓN DO PSdeG CON MOTIVO DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.

A igualdade en  España foi avanzando pouco a pouco nos últimos anos de democracia. Estes avances traducíronse nunha vida mellor para as mulleres, así como en máis dereitos para elas e para o conxunto da sociedade.

Esto foi posible grazas á labor da propia sociedade que se movilizou e se modernizou e tamén grazas fundamentalmente á loita das mulleres, pero tamén, pola labor dos gobernos socialistas. Deste xeito, as mulleres foron ocupando espazos no emprego, na política e na sociedade, rompendo así progresivamente coa desigualdade.

Non obstante, a igualdade non era de todo efectiva, aínda existían e aínda existen desequilibrios. Necesitabamos tempo para seguir avanzando, pero sobre todo para consolidar o conseguido. Un tempo fundamental como comprobamos nestes últimos catorce meses. Porque este último ano, no que o Partido Popular asumiu o Goberno, asistimos a uns dos maiores despropósitos da historia da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
           
            Empezando pola Reforma Laboral do Partido Popular. Esta modificación lexislativa expulsa ós sectores máis vulnerables do emprego, e aí están as mulleres. Ademais deixa sen dereitos ás mulleres traballadoras, a todas en xeral, e concretamente ás que teñen traballo a tempo parcial, temporal ou a aquelas que teñen responsabilidades familiares.

            O desmantelamento do Estado do Benestar e a política de austeridade dos gobernos Rajoy e Feijóo eliminan servizos públicos esenciais onde traballan moitas mulleres. Falamos de sectores como a educación, a saúde ou a dependencia.

Para maior abundamento nos recortes en dereitos das mulleres xurde o anuncio do Goberno do Estado de cambiar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, cun obxectivo, eliminar o dereito a decidir das mulleres. O camiño está marcado co nomeamento dun novo Comité de Bioética de claro sesgo ultraconservador, no que a maioría dos seus membros se declarou abertamente en contra da decisión das mulleres.

            E aínda máis, durante meses o PP e o seu ministro de Ministro de Xustiza prentenderon  aplicar a lei de taxas xudiciais ós casos de mulleres maltratadas o que provoca unha desigualdade no acceso á xustiza, que deixaría a moitas mulleres sen a posibilidade de acudir a ela. Despois de moitos meses de protestas mesmo semella que o goberno da marcha atrás.

 A todo isto debemos sumar a redución de presupostos e servizos dirixidos a combater a violencia contra as mulleres, tanto no Goberno do Estado como no Goberno da Xunta de Galicia.
            Dende o Partido Socialista, sen embargo, seguimos traballando pola igualdade, porque creemos firmemente que esta igualdade entre homes e mulleres é o piar esencial desta sociedade.

 Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

·        Á derrogación da Reforma Laboral.
·        O desenvolvemento dun Plan de Emprego para as mulleres  que inclúa políticas activas específicas, a promoción do autoemprego e o desenvolvemento dun Plan de Igualdade das mulleres no emprego, dirixido a promover a igualdade e a eliminar a desigualdade salarial.
·        Mantemento dos dereitos recollidos na Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.
·        Promoción de políticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, e o cumprimento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
·        Manter a actual Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, así como de todos os centros de planificación familiar da nosa Comunidade. 
·        Impulsar  políticas e servizos de prevención da violencia de xénero e apoio ás mulleres que a sofren.
·        Derrogación a Lei de taxas xudiciais.

En Barbadás a 21 de febreiro de 2013

María Presas de Prado
Concelleira do PSdeG en Barbadás

Ningún comentario:

Publicar un comentario