luns, 4 de marzo de 2013


O ALCALDE DE BARBADÁS RESPONDE CON EVASIVAS ÁS PREGUNTAS SOBRE O SEU PATRIMONIO PLANTEXADAS POLO VOCEIRO SOCIALSTA

·         O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, plantexoulle ó rexedor un total de 9 preguntas sobre a empresa que ten en Matosihos  e sobre a súa vinculación ás sociedades Mahía ou Maexpa
  •  Á pregunta de se Freire pode explicar por qué Mahia e Maexpa reciben a correspondencia no mesmo lugar que a Sociedade Promotora Alba María, o alcalde respondeu literalmente: “a vostede non lle importa”
  • Freire foi tallante ante a interpelación socialista de que persoas físicas ou xurídicas son as que aportan 667.392,27 € que se reflicten no apartado de outros pasivos correntes da empresa: “non teño porque explicarllo”
  • Valcárcel intentou que Freire esclareza a quen lle mercou Alba María os activos fixos dos que é propietaria. O rexedor limitouse a dicir que mercou varias propiedades, “pero non llo teño porque dicir, instando ó voceiro socialista a “ir ó Rexistro á averigualo”.
  • A última pregunta alude ó local que a empresa Aquagest ten alugado na avenida de Celanova, 122, na Valenzá. Xosé Carlos Valcárcel esixiu que o rexedor de Barbadás aclare se é propiedade da empresa Eichoa. Freire negouno.
  • Valcárcel censurou a falla de transparencia de Freire e acusouno de “contar só o que lle convén e dar simples explicacións parciais”
  •  
     
  • No pleno ordinario celebrado esta mañá aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PSdeG para mellorar a accesibilidade dos transeúntes e realizar unha revisión das barreiras arquitectónicas. Ademais a proposta reclama un plan de reordenación do tráfico nas inmediacións dos 2 colexios públicos da Valenzá.
  • O PP rexeitou 2 mocións do PSdeG,unha para crear unha Oficina Municipal da Muller e outra para promocionar o uso da bici

Ningún comentario:

Publicar un comentario