venres, 15 de marzo de 2013


O EMPORIO FREIRE COUTO PODERÍA TER UN VALOR REAL DE 5 MILLÓNS DE EUROS

 

 

·        O alcalde de Barbadás amosa a súa faciana máis intolerante levantando a sesión e impedindo que falen os voceiros da oposición

 

·        Freire Couto retiroulle a palabra o líder nacionalista, Xosé Manoel Fírvida, forzou unha votación apresurada e levantou a sesión

 

·        Ao voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, furtouselle o seu turno de palabra por esta postura dictatorial do rexedor

 

 

·        Tanto os 3 concelleiros do BNG coma os 3 do PSdeG permaneceron no salón de plenos. Ao igual que os medios de comunicación e a maior parte do público asistente

 

·        O Grupo do PSdeG presentou datos novidosos relacionados co patrimonio do alcalde de Barbadás e do seu entorno familiar

 

·        O líder socialista censurou a “fuxida” de Freire porque “ata agora só escoitaaos falar dun pequeño patrimonio que el di que se iniciou con herdanzas

 

·        Valcárcel esixe que Freire explique a vinculación entre a promotora Eichoa, ubicada no seu domicilio en Ourense, con outras promotoras ubicadas en Barbadás, San Bieito, por exemplo

 

·        O lider socialista  acusa a Freire de mentir en relación coas súas propiedades en Sanxenxo: “non só ten un apartamento, ten dous”

 

·        Mentiu tamén na negación de vinculacións entre Maexpa e a empresa familar Alba María, ubicada en Matosinhos. Seguen recibindo a correspondencia no mesmo local.

 

 

·        Valcárcel pide explicacións ó rexedor sobre as súas propiedades en Portugal, pois aínda non aclarou cuestións cruciais.

 

·        O pleno extraordinario celebrado e interrumpido hoxe foi solicitado precisamente por BNG e PSdeG para aclarar o patrimonio de Freire, “pero as dúbidas seguen sobrevoando sobre o alcalde de Barbadás”, lamenta Valcárcel.

·        Para o PSdeG comparar o fraude fiscal que protagonizou Freire con unha simple multa de tráfico significa rirse da opinión pública

 

 

Barbadás, 15 de marzo de 2013.  O Grupo do PSdeG presentou datos novidosos relacionados co patrimonio do alcalde de Barbadás e do seu entorno familiar co obxecto de que José Manuel Freire Couto explicase ante a opinión pública as vinculacións entre os seus cargos institucionais e a suposta acumulacións de bens empresariais e inmobiliarios.

            A actualización da información que manexa o PSdeG dende hai semanas conclúe que o “Emporio Freire” podería ter un valor real que ronda os 5 millóns de euros. Esta cifra é a resultante de extrapolar os valores obxectivos cos baremos que manexa Facenda ós valores reais de mercado. E resume o patrimonio particular, familiar e empresarial de Freire. Esta contía podería verse, con todo, incrementada se o alcalde  de Barbadás e Presidente do Inorde dera a coñecer datos reais, un obxectivo para o que foi solicitado o pleno extaordinario celebrado esta mañá.

            A sesión plenaria foi brusca e inexplicablemente interrumpida por Freire despois dunha breve intervención do voceiro do BNG, Xosé Manuel Fírvida. O líder nacionalista, ó representar á 3º forza política, foi o primeiro en intervir. O rexedor, José Manuel Freire Couto, nun alarde de actitude dictatorial quitoulle a palabra a Fírvida e ofreceulle ó voceiro socialista que comezase a falar. Foi un momento de suma confusión no que Freire non soubo estar á altura do seu papel de presidente da sesión.

 Zanxou o nerviosismo e a falta de rigor que transmitiu forzando unha votación que posibilitara o levantamento da sesión tan só 10 minutos despois de comezar. Os propios concelleiros do grupo de goberno amosaron expresións de sorpresa cando Freire colleu a carpeta e saiu só do salón de plenos. Lenta e sucesivamente os concelleiros do PP fóronse levantando dos seus asientos e abandoaron a sala, na que sí quedaron a secretaria do concello e unha administrativa, quenes permaneceron uns minutos mentres tomaban a palabra os voceiros nacionalista e socialista.

            Permaneceron no salón de plenos os medios de comunicación e a maior parte do público asistente (así como a plantilla da policía local ó completo) e celebrouse unha comparencia pública ou simulacro de pleno co sillón do alcalde baleiro e sen a presencia dos concelleiros do grupo de goberno.

            Esta esperpéntica imaxe foi duramente criticada pola oposición. Xosé Carlos Valcárcel, voceiro do PSdeG, lamentou que “o alcalde non asuma as súas responsabilidades e evite aclarar ante a cidadanía as sombras que sobrevoan sobre o seu patrimonio”.

            Valcárcel reprochou que o alcalde non “dese a cara para explicar un patrimonio que en valor de mercado pode rondar os 5 millóns de euros”. O líder socialista censurou a “fuxida” de Freire porque “ata agora só escoitamos falar dun pequeño patrimonio que el di que se iniciou con herdanzas”.

 Para os Socialistas este pleno extraordinario foi solicitado para “dar un paso máis nas explicacións ó respecto das propiedades de Freire e do seu entorno”. Unha vez máis viuse truncada a democracia en Barbadás “ante a prepotencia e a “fuga” do rexedor. Valcárcel reprocha que Freire “se ría da veciñanza” disolvendo un pleno esixido precisamente para clarexar “e non para escabullirse das explicacións que reclaman os grupos da oposición e a propia veciñanza”.

 

Vinculación entre promotoras

 

            Valcárcel esixe que Freire explique a vinculación entre a promotora Eichoa, ubicada no seu domicilio en Ourense, con outras ubicadas en Barbadás. O voceiro socialista aportou esta nova vinculación entre a empresa da esposa do rexedor, Eichoa, e Promocións San Bieito. Esta última empresa é propiedade supostamente de un exconcelleiro de Urbanismo do PP en  Barbadás e poderiamos estar ante un presunto tráfico de influencias.

            Segundo Valcárcel Freire ten que explicar por qué Eichoa, “ubicada na súa cassa ten propiedades por valor de 75 millóns de pesetas”. O voceiro do PSdeG considera inadmisible que o alcalde de Barbadás non explique este tipo de relacións entre empresas.

 

Propiedades en Sanxenxo

 

            O lider socialista  acusa a Freire de mentir en relación coas súas propiedades en Sanxenxo. Non só ten un apartamento, “ten dous (rúas Luis Rocafort e Silgar), un a nome de Frerire e outro da titularidade da súa esposa” e mentiu tamén na ubicación.

            Matosinhos

 

            Mentiu tamén na negación de vinculacións entre Maexpa e a empresa familar Alba María, ubicada en Matosinhos . Seguen recibindo a correspondencia no mesmo local.

            O PSdeG esixe unha serie de aclaracións:

 

§                      Freire fixo negocios con un empresario que operaba no seu municipio. Hai mistura de intereses públicos e privados. Segundo Valcárcel “estamos falando dun suposto tráfico de influencias”.

§                      Ten que explicar se mercou a Mahía ou Maexpa as propiedades que supostamente ten en Portugal.

§                      ¿De onde obtivo os cartos para mercar propiedades por valor de 130 millóns de pesetas cando a promotora Alba María só ten un capital social de 830.000 das antigas pesetas?

§                      É preciso clarexar  de onde proceden os 77 millóns das antigas pesetas que aparecen nas contas no apartado de “outros pasivos correntes” desta mesma empresa ubicada en Matosinhos.

§                      E se levou eses cartos de España a Portugal, tería que ter declarado en Facenda esa saída de diñeiro porque terían que aparecer anotacións da declaración da renda do alcalde de Barbadás.

§                      Sinalar que a promotora Alba María, propiedade do alcalde e da súa esposa, non ten hipótecas nin préstamos con entidade financieira algunha.

 

“Pequena regularización con Facenda”

 

            Ao comezar o pleno o alcalde quixo zanxar a controversia xurdida en torno ó seu patrimonio e o da súa familia afirmando que “só tiven que facer unha pequena regularización ante Facenda”.

            Valcárcel censura a Freire que compare  unha sanción que Facenda lle impuxo (20.000 euros) con unha simple multa de tráfico. Non é unha fruslería, segundo o voceiro socialista, senón que “tentou pagar menos impostos e foi descuberto”. Este é un dos innumerables motivos polos que os Socialistas esixen a DIMISIÓN DE FREIRE.

 

 

Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98

 

 

Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es

Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza

Twiter: @cambiabarbadas

Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com

 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario