domingo, 5 de xaneiro de 2014

DESAFIUZAMENTO ENERXÉTICO


OS SOCIALISTAS RECLAMAN UNHA ORDENANZA QUE GARANTA QUE NINGÚN FOGAR EN BARBADÁS VEXA CORTADA A SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA, DE GAS OU AUGA


·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, fai unha proposta para destinar para 2014 unha partida económica suficiente para evitar este tipo de desafiuzamento de servizos básicos.
 

·        A iniciativa do Grupo Municipal Socialista pretente “garantir uns consumos mínimos vitais, tendo en conta o número de membros da unidade do fogar e tamén a renda familiar”.

 
·        Os continuos incrementos de tarifas levan a numerosas familias a unha situación de pobreza enerxética: recibos da luz e auga impagados ou electricidade e calefacción cortadas, sinalan os Socialistas con preocupación.


·        A xuízo do líder socialista “as administracións de calquera nivel están na obriga de atopar solucións comunitarias para evitar que haxa familias que se queden prácticamente ó raso en inverno, sen luz e sen calefacción”.


·        O voceiro do PSdeG reprocha a actitude de desidia do goberno central do PP e a “falla de sensibilidade social do goberno de Rajoy”, polo que considera necesario actuar desde os concellos.


·                   O Grupo Socialista en Barbadás reclama que “dende o concello se arbitren e adopten unha serie de medidas que vaian encamiñadas a suplir o desinterese tanto da administración central como da autonómica”.

 

Barbadás, 5 de xaneiro de 2014.  Elaborar unha ordenanza que garanta que ningún fogar de Barbadás con graves dificultades económicas vexa cortada a subministración eléctrica, de gas ou auga. Ese é o obxectivo dunha iniciativa presentada polo Grupo Municipal Socialista que plantexa tamén destinar para o exercicio 2014 unha partida económica suficiente para evitar este tipo de “desafiuzamento” de servizos básicos.

         O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, explica que con esta proposta preténdese “garantir uns consumos mínimos vitais tendo en conta o número de membros da unidade do fogar e tamén a renda familiar. Segundo Valcárcel “os recibos de luz, auga, calefacción e gas representan un problema moi grave para un número importante de fogares”.

         Os contínuos incrementos de tarifas levan a numerosas familias a unha situación de pobreza enerxética: recibos da luz e auga impagados ou electricidade e calefacción cortadas. Valcárcel define esta preocupante situación como “antesá dunha alarmante e grave situación de miseria xeral”.

         Os Socialistas de Barbadás “consideramos que se extrapolamos ó noso concello os datos oficiais, habería máis de 1.000 conveciños en situación de pobreza enerxética. Pero non podemos esquecer a aquelas unidades familiares que está sufrindo tamén cortes na subministración de auga.

         A xuízo do líder socialista “as administracións de calquera nivel están na obriga de atopar solucións comunitarias para evitar que haxa familias que se queden prácticamente ó raso en inverno, sen luz e sen calefacción”, un motivo polo que esixen un compromiso formal e firme do Concello de Barbadás sobre o desafiuzamento enerxético”.

         Xosé Carlos Valcárcel sinala con preocupacón que “somos conscientes de que a privación de electricidade, gas e auga pode provocar importantes riscos sanitarios para as persoas máis vulnerables. O voceiro socialista reprocha a actitude de desidia do goberno central do PP e a “falla de sensibilidade social do goberno de Rajoy”, polo que considera necesario actuar desde os concellos.

         O Grupo Socialista en Barbadás reclama que “dende o concello se arbitren e adopten unha serie de medidas que vaian encamiñadas a suplir o desinterese tanto da administración central como da autonómica”. Entre os acordos propostos na moción piden “solicitar ó Goberno de España a aplicación dun IVE reducido para as subministracións doméstricas de electricidade, gas e auga”.

As diversas enquisas das condicións de vida sinalan que o 37% dos fogares españois teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes e preto do 10% non poden pagar as facturas de servizos básicos como son o gas, a electricidade, moitas taxas e, por suposto, tampouco poden afrontar a hipoteca.

         Unha terceira parte da cidadanía recoñece que se queda sen diñeiro despois de pagar a luz, o gas, o teléfono e a mensualidade (aluguer ou hipoteca) do seu fogar.

Toda a cidadanía é consciente de que a enerxía e a auga son imprescindibles para unha familia e polo tanto é necesario que a administración garanta que ningunha unidade familiar que se atope nunha situación económica grave, quede sen estes servizos básicos. É decir, hai que evitar por todos os medios o “desafiuzamento enerxético ou de auga”.

         Os gobernantes, nun estado cunha economía SOCIAL e de mercado, teñen que garantir á súa cidadanía unha cobertura social en relación a un subministro de electricidade, gas e agua, de xeito que ningún fogar quede privado dun mínimo de cobertura de subsistencia.

         Nas sociedades avanzadas a auga, a luz e o gas son considerados servizos esenciais básicos que deben estar garantidos por un auténtico ESTADO DO BENESTAR que poña o acento no ASPECTO SOCIAL DA ECONOMÍA.
 
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario