venres, 17 de xaneiro de 2014

APP PsdeG Barbadás


Boa tarde e grazas a todos vos pola vosa presenza.

Hoxe queremos presentar a toda a cidadanía, pero especialmente á veciñanza de Barbadás, a aplicación para dispositivos móbiles e trablets android da Agrupación e do Grupo Municipal Socialista de Barbadás.

Esta APP é a primeira do PSdeG en toda Galicia. Pero tamén quero destacar que é a quinta aplicación en toda España do PSOE.
A día de hoxe é a novena en valoración das APP da provincia de Ourense.

Estamos falando dunha aplicación totalmente gratuita que é a culminación dun proceso de dixitalización e  de aplicación das novas tecnoloxías na nosa Agrupación e do noso Grupo Municipal.

Este proceso iniciouse no seu día coa creación do blog “Cambia Barbadás” e coa presenza activa nas redes sociais por medio de Facebook e Twitter.

Os Socialistas de Barbadás apostamos por unha democracia máis participativa: a política non consiste en votar cada 4 anos. A política e os que estamos na política temos que favorecer a participación activa da veciñanza para que poida  trasladarnos fácilmente as súas inquedanzas e aportacións para poder facer un Barbadás mellor e para todos.

Consideramos que nestos momentos a transparencia informativa e a proximidade á veciñanza son fundamentais no noso concello. Un concello que día tras día está nos medios de comunicación polos turbios asuntos do seu alcalde, pola súa falla de transparencia e por comportamentos supostamentamente ilícitos.

Unha comunicación clara, cercana e de fácil acceso é fundamental para erradicar este tipo de actitudes.

Barbadás é un concello cunha poboación nova, dinámica e que precisa dun novo impulso democrático para mellorar as súas condicións de vida erradicando o estado de esclerose múltiple ó que o levou o Sr. Freire.

No Partido Socialista de Barbadás estamos convencidos que esta aplicación é moito máis que un simple recurso informático. Queremos traballar sobre tres obxectivos moi claros:

·         Abrir unha canle de comunicación directa da cidadanía e da veciñanza de Barbadás cos concelleiros do Partido Socialista  por medio do seu teléfono, correo electrónico, whatsapps e redes sociais. De este xeito queremos recoller as  suxestións e aportacións dos nosos conveciños e por suposto tamén as súas queixas coa posibilidade de recibir imaxes en tempo real así como aportar documentos.

·         Queremos tamén falicitar a comunicación coa cidadanía que se atopa en situación de “exclusión informativa” como poden ser os veciños e veciñas que por estudios ou traballo residen fora do concello.

·         Permite o acceso de toda a veciñana e dun xeito totamente claro e fácil e mediante un único icono no terminal telefónico a todos os nosos espazos web que mencionaba antes (Facebook, twitter, blog).  

No Partido Socialista de Barbadás queremos que os veciños e veciñas nos transmitan as súas inquedanzas, os seus problemas e tamén a súa forma de entender o concello e de cómo melloralo.

Queremos que as súas  propostas sirvan para apostar por un cambio tranquilo e sosegado pero decidido, centrado nas persoas, alleo a intereses especulativos que permita mellorar a calidade de vida de todos os nosos conveciños e conveciñas.

Desde aquí animo a toda a cidadanía a descargar esta aplicación desde a tenda Google Play buscando PSdeG Barbadás ou capturando o código QR desde o seu dispositivo Android.




 
 
 
A APP cumpre tres requisitos moi importantes,

1.-Ocupa moi pouco espazo na memoria, (menos de 3 MB)

2.-Non consome batería se non se está utilizando.

3.-Unha vez descargado permite realizar funcións con e sen internet, utilizando os propios recursos do teléfono.

Apostouse por lanzala só en Android , por varios motivos, como son, aforro de custos, rapidez de publicación, universalidade xa que este sistema operativo está dispoñible en máis do 85% dos dispositivos, etc..

As dificultades de Android,non foron poucas, trátase de un sistema operativo con máis de 20 versións diferentes e preto de 4.000 terminais distintos no mercado,mais non nos impediron lanzar a app para todos eles.

Decir que Android 1.0 naceu da man de google en 2008 con 50 aplicacións gratuítas, hoxes dispoñemos xa de máis de 1 millón de apps.

No últimos cinco anos, impulsado polo uso de redes sociais e sobre todo por mensaxería instantánea, (whatsapp) con máis de 11mm de mensaxes enviadas e 20 mm recibidos ao día en España,  xunto co abaratamento dos terminais (desde 60 euros xa se pode dispor de un teléfono ou tableta Android) e das tarifas de datos de móbiles, por apenas 5 euros mes podese dispor de un plan de datos,  xunto ao aumento de espazos wifi gratuítos, tanto en entidades privadas como públicas, fixeron que máis do 95 por cen dos teléfonos xa sexan do tipo smartphon e deles máis do 85% con Android. Mais de 1000 millóns de terminais activos en 2013 en todo o mundo.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario