sábado, 8 de febreiro de 2014

FREIRE APARECE NAS ESCOITAS DA POKEMON


OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS ESIXEN Ó ALCALDE QUE EXPLIQUE O CONTIDO DAS XUNTANZAS QUE MANTIVO CON UN REPRESENTANTE DO GRUPO VENDEX
 
 
Vinculacións sospeitosas de Freire co representante en Ourense de Vendex, grupo empresarial implicado na operación Pokemon


·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, pide formalmente aclaracións sobre os contactos que mantivo o rexedor, José Manuel Freire Couto, con Vendex en relación coa adxudicación do servizo de limpeza (en abril de 2012).

 

·        Segundo Valcárcel o alcalde de Barbadás podería ter actuado nas concesións conforme a criterios alleos á legalidade e baseándose en compromisos previos.
 

·        O PSdeG de Barbadás considera sospeitoso que nas escoitas da Axencia Tributaria se relate que o responsable de Vendex afirme que o alcalde de Barbadás non ten ningún tipo de compromiso en relación á suposta adxudicación do servizo de lixo.

 
·        Os Socialistas lembran que en 2007 adxudicouse á empresa Geseco o servizo de recollida de lixo para un período de 25 anos, polo que “si existe un compromiso evidente”, apunta Valcárcel

 

·        Nunha batería de preguntas presentadas polo líder do PSdeG en Barbadás reclama ó alcalde que explique cantas xuntanzas mantivo co representante de Vendex.

 
·        Esixen ademais a Freire que aclare “cómo é posible que se falara da adxudicación do servizo de recollida de lixo cando a adxudicación do servizo” cando na actualidade é Geseco a adxudicataria ata o ano 2032.


·        Valcárcel fai referencia ademais na introducción ás preguntas  presentadas hoxe sábado ós contactos que mantivo Vendex con diversos funcionarios do concello de Barbadás, entre eles os de máis rango.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario