martes, 18 de febreiro de 2014

EN CONTRA DA LEI DO ABORTO DE GALLARDÓN

O PP VOTOU EN CONTRA DUNHA MOCIÓN SOCIALISTA QUE PROPOÑÍA ESIXIR Ó GOBERNO DE RAJOY PARALIZAR A TRAMITACIÓN DA LEI DO ABORTO DE GALLARDÓN

O PSdeG cre que a reforma da Lei do Aborto atenta conta a liberdade da muller

  • O anteproxecto de Lei de Protección da Vida do Concibido e dos Dereitos da Muller Embarazada supón un retroceso de máis de 3 décadas cando ata agora España contaba cunha normativa de referencia en Europa.

  • A proposta presentada polo grupo Socialista reprocha que se reduzan os supostos para a interrupción do embarazo.

  • O dereito ó aborto ten que seguir sendo una opción persoal, non una obriga.

  • Privar ás mulleres do dereito a decidir sitúa a España á cola de Europa.

  • Preténdese criminalizar ás mulleres que queiran interromper a xestación.

  • O contexto no que nos vai situar é a volta á clandestinidade, ó medo e ós vos chárter a Londres ou as escapadas a Portugal.

  • Desaparecerán as medidas par fomentar o acceso a métodos anticonceptivos seguros e de última xeración.

  • Deixarán de funcionar os programas específicos de planificación familiar.

  • Non se inclúen as medidas anunciadas por Gallardón en marzo de 2012 sobre violencia de xénero estrutural.

  • A lei colocaría á muller en situación de minoría de idade.

  • A muller queda subordinada ás decisións que adopten terceiras persoas, que poderán decidir sobre algo que condicionará as nosas vidas para sempre.

  • O Estado decide en qué casos pode abortar una muller en función das crenzas relixiosas dunha parte da sociedade.

  • Estamos ofrecendo una imaxe dun país rancio que se aferra a un pasado que custou décadas sobrepasar.

  • O anteproxecto do PP colócanos ó mesmo nivel que Malta ou Andorra nas leis retrógradas do aborto e alónxanos da liña progresista xa iniciada.

O PP DEMOSTRA CO VOTO EN CONTRA DA PROPOSTA DO PSdeG DE BARBADÁS QUE ESTÁ DE COSTAS Á MULLER

Ningún comentario:

Publicar un comentario