sábado, 22 de febreiro de 2014

A ÉTICA DE FREIRE AO PEDIR TRIENIOS Á DEPUTACIÓN

O GRUPO DO PSdeG NA DEPUTACIÓN PEDIU UNHA COPIA DO EXPEDIENTE COMPLETO DE SOLICITUDE DO COBRO DE TRIENIOS POR PARTE DO ALCALDE DE BARBADÁS, JOSÉ MANUEL FREIRE COUTO

O rexedor, que é tamén deputado provincial, reclamou hai uns meses a contía de 51.000 euros mentras estivo en situación de servizos especiais coma presidente do Inorde

22 de febrero de 2014

  • O Grupo Provincial Socialista, a través da deputada Victoria Morenza, solicitou ó presidente da Deputación, José Manuel Baltar unha copia do expediente da reclamación de trienios por parte do alcalde de Barbadás.

  • A deputada socialista tamén rexistrou unha serie de preguntas para que as responda o Presidente da Deputación no pleno do vindeiro venres 28 de febrero.

  • Dende o Grupo Socialista queren que Baltar Blanco se posicione sobre se considera ética a petición de Freire.

  • Unha das pregunttas dirixidas ó Presidente Baltar pretende que aclare se el solicitaría eses trienios de atoparse na mesma situación cá Freire.

  • A Deputación pagoulle a Freire 18.000 euros en concepto de atrasos, unha cifra que contrasta cos 51.000 euros que o alcalde de Barbadás reclamou hai 8 meses.

  • Freire foi Presidente do Inorde durante 8 anos. Ata que hai uns meses a presión mediática, da oposición do PSdeG e o propio PP obrigárono a demitir debido á súa imputación nun caso de presunta corrupción urbanística.

  • O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel denunciou a Freire no mes de xullo por presunta prevaricación e suborno.

  • Freire percibiu mentas presidiu o Inorde 56.000 euros anuais.


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/02/22/psoe-pide-expediente-abono-trienios/972289.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario