luns, 3 de marzo de 2014

APOSTANDO POLO EMPREGO EN BARBADÁS


XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL RECLAMA A REDEFINICIÓN DO CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO A TRAVÉS DA CREACIÓN DUN ÓRGANO REITOR

 

O PSdeG pretende que se reactive o CET para convertelo nun factor dinamizador do emprego e do emprendemento

 

·        Os Socialistas de Barbadás presentan unha iniciativa para establecer unha estrutura sólidad de asesoramento e apoio a emprendedores e desempregados

 

·        O voceiro do PSdeG reprocha que dos 94.600 euros que o Concello destina ó Centro Empresarial, só o 12 % é para actividades vencelladas á formación

 

·        Valcárcel lamenta que o alcalde de Barbadás non amose interese por darlle ó CET unha estrutura e definición acorde ó seu nome.

 

·        O CET foi inaugurado en 2006 e tivo un custo de 425.000 euros, pero non é un espazo de apio a iniciativas empresariais e ós emprendedores nin está facilitando a posta en marcha de nova actividade económica
 

·        Na proposta socialista reclámase ademais a contratación de un Axente de Desenvolvemento Local, pois Barbadás carece desta figura actualmente

 

·        Tamén se pide na moción a instalación de un elevador para favorecer a mobilidade

 
Barbadás, 2 de marzo de 2014. O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, reclama que se redefina a actuación do Centro Empresarial Transfronteirizo e que se fixen obxectivos e prioridades.

Os centros empresariais son espazos de apoio a iniciativas empresariais e ós emprendedores e teñen como obxectivo facilitar a posta en marcha de nova actividade económica.

         Barbadás ten un centro empresarial inaugurado en 2006, con un custo de 425.000 euros, pero que non responde ás características e condicións mencionadas, asegura Valcárcel. Polo tanto “non é útil para a finalidade que debe ter este tipo de dotación, é dicir, formentar o emprego e apoiar ós emprendedores”, recrimina o líder socialista.

         Para o fomento do emprego dedícanse no orzamento municipal de Barbadás unha contía de 94.600 euros, “un importe que significa escoma e calderilla e máis nos tempos de crise que vivimos. Desta contía o 50 % vai destinado a salarios e seguridade social da xerente do CET, un 38 % dedícase a gasto corrente (combustible, enerxía eléctrica, limpeza) e tan só queda un 12 % para actividades vencelladas á formación.

         Valcárcel reprocha que “os números falan por si sós resultando evidente o desinterese de Freire e do PP de Barbadás por darlle ó Centro Empresarial unha estrutura e unha definición acorde ó seu nome e á súa suposta finalidade”.

         O voceiro do PSdeG alude ademais ó feito de que Barbadás carece actualmente da figura do Axente de Desenvolvemento Local, o que pon de manifesto de xeito palpable a ausencia de interese do PP polo emprego e a dinamización económica. Valcárcel lamenta que o alcalde de Barbadás prefira destinar a protocolo e publicidade 20.000 euros en lugar de contratar un ADL por unha contía similar.

         Valcárcel lembra que o Grupo Socialista xa ten presentado diversas propostas de apoio ó comercio local, rehabilitación de núcleos rurais e outras para dinamizar o emprego apostando polas formación e as novas tecnoloxías.

         Para os Socialistas dinamizar o Centro Empresarial representa unha gran oportunidade sempre que conte co apoio das institucións e teña un financiamento sólido e unha estrutura axeitada. “Unha oportunidade non só para o noso concello, senón tamén para toda a comarca, polo que debemos pensar en incorporar na financiación do CET a outras institucións e organismos.

         A iniciativa socialista propón a creación dun órgano reitor do CET que conte coa participación do equipo de goberno, de representantes da oposición e, por suposto, dos empresarios, comerciantes e colectivos sociais de Barbadás, coa finalidade de redefinir a actuación do mesmo. Acemáis a proposta do PSdeG pretende establecer unha estrutura sólida para asesorar e apoiar tanto ós emprendedores como a persoas en situación de desemprego. Os Socialistas completan a súa moción coa contratación dun axente de desenvolvemento local e a instalación de un elevador para favorecer a mobilidade.

            Para Valcárcel “os goberno municipais teñen a obriga de situar o emprego no centro de todas as súas políticas, polo tanto o novo papel da administración local non é outro que o de fomentar o desenvolvemento e facilitar a creación de emprego no seu ámbito xeográfico”.
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario