martes, 25 de marzo de 2014

NOVO TRANSFORMADOR EN PARADA


MOCIÓN PARA SOLICITAR A FENOSA QUE SOLVENTE O PROBLEMA DE TENSIÓN ELÉCTRICA NA CHAIRA (PARADA E PIÑOR)

A proposta insta ó grupo de gobernó do PP a buscar unha solución idónea para instalar un transformador de reforzo

O alcalde, José Manuel Freire Couto, comprometeuse a solventar o tema aínda recoñecendo que vai ser moi complicado, é dicir, apoiou a iniciativa do PSdeG por estética e por intereses electoralistas


·       Unha parte do veciños de Parada e de Piñor levan anos padecendo as consecuencias dunha pésima subministración eléctrica.
·       Os problemas están localizados por zonas e as persoas que viven nestes lugares vense afectados polas continuas caídas de tensión.
·       A situación xa foi comunicada oportunamente hai anos tanto a Fenosa coma ós responsables municipais pola asociación de veciños.
·       Pero a espada de Damocles continúa sobre as liñas eléctricas da veciñanza afectada polas intermitentes oscilacións de tensión.
·       Está claro que a potencia do subministro non é suficiente para satisfacer a demanda desta zona concreta, independentemente dos kilowatios contratados por cada usuario.
·       As caídas de tensión repercuten repercute na vida cotiá dos cidadáns afectados porque non se poden utilizar varios electrodomésticos ó mesmo tempo e prodúcense encendidos e apagados dos mesmos.
·       A situación é tan irascible para os residentes de Parada e Piñor que por exemplo en ocasións teñen dificultades mesmo para sair das súas casas ó atrancarse o portón eléctrico.
·       Esto pode ter consecuencias sobre a seguridade das persoas porque podería producirse unha emerxencia e a situación da potencia eléctrica impediría a accesibilidade rápida e eficaz se fose necesario o traslado de feridos ou enfermos.
·       Os responsables municipales coñecen o asunto, pero pasa o tempo e a cuestión segue sen resolverse.
·       Pola súa banda a empresa instalou un medidor nalgunhas vivendas que evidentemente determinou que a potencia era insuficiente. A partir de aí comezou a odisea de instalar un transformador.
·       As vicisitudes para colocar definitivamente un amplificador de potencia foron sucesivas. A instalación no campo da festa de Parada do transformador provocou controversia e non se puido levar a cabo. Despois pretendeuse colocar nun extremo do campo, pero ó estar afectado por Patrimonio tampouco foi posible.
·       Tras sucesivas reunións veciñais acordouse propor ó Concello que negociara co Bispado para que cedera unha parcela situada preto da alameda de Parada. Pero a día de hoxe a cuestión está por resolver. A realidade é que a veciñanza leva polo menos 6 anos agardando a que o problema sexa resolto.
·       Dende o Gupo Municipal Socialista consideramos que non só é responsabilidade de Fenosa (agora Gas Natural), senón tamén dos gobernantes locais do PP porque dende o momento en que son coñecedores de que non hai potencia suficiente continuaron concedendo licencias de obra para a construcción de vivendas nos lugares situados en torno á Chaira.
·        Deste xeito seguiuse incrementando o número de veciños na zona afectada e o número de persoas que padecen as consecuencias da potencia insuficiente.
·       A solución pasa, segundo os técnicos, por instalar un transformador de reforzo na liña afectada. Sen embargo, tanto os mandatarios municipais coma Fenosa parecen dilatar a solución do problema.
·       As continuas baixadas de tensión provocan que cando a liña se satura, como aconteceu este inverno, é moi complicado manter en funcionamento os electrodomésticos dun xeito normalizado, o cal provoca trastornos ós usuarios.
·       alcalde, como máximo responsable municipal, debería ter en conta este tipo de inconvenientes relacionados con servizos tan básicos como o subministro de enerxía eléctrica e buscar un arranxo definitivo. No PSdeG consideramos que é precisa unha solución urxente porque o tendido eléctrico actual non é suficiente para absorver o consumo da veciñanza da zona.


·       A iniciativa socialista propuxo o seguinte acordo:

1.     Solicitar formalmente a Fenosa que solucione dun xeito definitivo o problema do subministro eléctrico nas zona da Chaira, que afecta a unha parte dos pobos de Parada e Piñor.
2.     Que o Concello busque a ubicación idónea para instalar o transformador de reforzo necesario para que a enerxía eléctrica chegue coa cualidade debida ós usuarios.
3.     Que os mandatarios locais establezan unha vía de diálogo efectiva cos residedentes afectados ou a través dos colectivos veciñais na busca dun lugar axeitado para colocar o transformador.






1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar