venres, 3 de xaneiro de 2014

RACIONALIZAR GASTOS, EVITAR DISPENDIOS.


O PSdeG DE BARBADÁS PROPÓN REDUCIR OS SOLDOS DOS CONCELLEDIROS CON DEDICACIÓN E DESTINALOS A GASTOS EN EDUCACIÓN



·        O Grupo Municipal Socialista presentou alegacións ós orzamentos do Concello para 2014 tendo en conta a actual situación de crise económica e social

 
·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, plantexa crear unha liña de axudas a familias desafiuzadas e para aluguer de xóvenes e desempregados a metade da partida para protocolo e publicidade. Esta contía supón 30.000 euros.

 

·        Os 13.000 euros que aforrará o concello ó non pagar o canon de Sogama ata marzo, “poden destinarse a emprego e orientación laboral”. Promovería así o cooperativismo e a economía local..

 
·        Nas alegacións do Grupo Socialista tamén se reclama que se dea cumprimento ós acordos plenarios de aprobación de iniciativas socialistas.


·        Valcárcel lembra que aínda non se levou a cabo o adecentamento e mellora da Calzada Romana (preto de pavillón), o incremento da seguridade viaria na Finca Fierro e a mellora da accesibilidade dos transeúntes na Valenzá.


·        Tampouco se acometeu a revisión das barreiras arquitectónicas neste barrio nin a elaboración dun plan de reordenación do tráfico nas inmediacións dos colexios públicos.

Barbadás, 3 de xaneiro de 2014.  O Grupo Socialista en Barbadás presentou alegacións ó orzamento de 2014 para conquerir un equilibrio entre as necesidades da veciñanza e os gastos “innecesarios” en época de crise ou mal plantexados.

         O PSdeG propón que se reduzan os gastos en protocolo e representación nun 50 %, así como os correspondente á partida destinada a publicidade. A pretensión é que este aforro se destine a crear un Fondo de Axuda a afectados polos Desafiuzamentos e outro a axudas para o aluguer destinadas a familias con membros en situación de desemprego e para xóvenes. O importe destinado a partidas de protocolo e publicidade ascende a 30.000 euros.

         O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, planteas noutra das alegacións que “dado que a Xunta retrasa por uns meses a aplicación do incremento do canon de Sogama, plantexamos dedicar ese importe a programas de fomento do emprego e orientación laboral”. Priorizaríase así a economía local e o cooperativismo, asegura  Valcárcel, quen lembra que esta partida suma 13.000 euros.

         A reducción nun 10 % nos importes que perciben os/as concelleiros/as do equipo de goberno con dedicación exclusiva ou parcial é outro dos ámbitos onde os Socialistas pretenden introducir cambios no orzamento para 2014. A proposta sinala que o 50 % desta contía pode dedicarse a incrementar a partida destinada a axudas para a adquisición de material escolar.

         O líder socialista considera que “este é un xeito de fomentar a igualdade de oportunidades”. Respecto ós emolumentos que perciben 5 concelleiros/as do PP ascenden a 107.518,18 euros, polo que o 10 % equivale a 10,751,81 €. O outro 50 % desta partida “pode ir dedicado a sufragar o custo do programa Bos días cole, de xeito que se reduza ou desapareza o impacto actual deste servizo sobre as economías familiares”.

         Xosé Carlos Valcárcel reprocha que os orzamentos para 2014 “poñen de manifesto que o goberno do PP carece da máis mínima planificación”. O voceiro socialista asegura que “o propio alcalde, José Manuel Freire Couto, en recoñecido en varias ocasións que se inviste conforme xurdan as deficiencias ou os problemas máis graves”.

         Segundo os Socialistas “o anexo de investimentos ten que especificar a denominación do proxecto, o código de identificación, o ano de inicio e finalización previstos, etc”.

         Os orzamentos tampouco contemplan “partidas para dar cumprimento a decisións plenarias adoptadas pola corporación municipal”. As mocións que son aprobadas nos plenos deben ser reflectidas nos orzamentos nun tempo prudencial, algo que non ocorre no Concello de Barbadás, censuran os Socialistas. Debido a que non se dotan orzamentariamente decisións aprobadas en anos anteriores e tampouco outras máis recentes acordadas no ano 2013, o PSdeG reclama que se incorporen ó proxecto as seguintes actuación aprobadas durante o presente ano:

1.     Adecentamento e mellora da Calzada Romana (alumeado e beirarrúas).

2.     Mellorar a accesibilidade dos transeúntes e revisión das barreiras arquitectónicas así como elaborar un plan de reordenación do tráfico nas inmediacións dos colexios públicos.

3.     Incremento da seguridade viaria e mellora e actualización da sinalización na Finca Fierro.

 

Dende o Grupo Municipal Socialista xustifican a presentación destas alegacións facendo referencia á actual situación de crise económica e social. Valcárcel alude a que “este contexto provoca altos niveis de desemprego entre a veciñanza, familias con graves dificultades económicas e un grande número de desafiuzamentos”. Por esta razón o orzamento debe ter coma un dos seus obxectivos fundamentais o de paliar estas graves problemáticas.

O voceiro do PSdeG apunta que un orzamento “que invista en acción e benestar social, entendidos coma un dereito e non como caridade. Ten que apostar pola promoción do emprego e por axudar ós colectivos máis desfavorecidos”.

Xosé Carlos Valcárcel dixo que “ademais non podemos esquecer que nos 2  últimos anos a cidadanía de Barbadás sofre un importante incremento de taxas, prezos públicos e impostos que non se reflicten nunha mellora da calidade de vida e tampouco en máis prestacións ou mellores servizos e dotacións”.
 
 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario