sábado, 17 de maio de 2014

A VECIÑANZA DE SOBRADO TEN QUE DESBROZAR PORQUE O CONCELLO NON O FAI

OS VECIÑOS DE SOBRADO TEÑEN QUE DESBROZAR OS CAMIÑOS COS SEUS MEDIOS PROPIOS ANTE A PASIVIDADE DO GOBERNO DO PP

  • Os concelleiros do PSdeG en Barbadás continuaron onte día 16 a súa campaña informativa en Sobrado para informar ós veciños sobre a proposta que o Grupo Municipal Socialista presentou no Concello.
  • O obxectivo da iniciativa foi instar ó equipo que preside Freire Couto a levar a cabo unha política de prograación da limpeza de viais e zonas verdes para evitar as situacións de deixadez e pésima imaxe que presentan camiños e parques.
  • A resposta do alcalde ante as propostas socialistas foi NON
  • Os argumentos de Freire son sempre os mesmos: "estamos neso", "tomamos nota" ou "nós temos a nosa maneira de facer as cousas".
  • Aos Socialistas de Barbadás non nos valen as escusas á hora de falar da calidade de vida dos veciños e por eso imos seguir reclamando que se leven a cabo tarefas de mantemento de zonas verdes e viais.
  • Sobrado é un claro exemplo de deixadez e abandono de viais e zonas verdes, pero é só un exemplo porque a escena de veciños e veciñas desbrozando camiños públicos estase convertendo en algo habitual.



Ningún comentario:

Publicar un comentario