venres, 16 de maio de 2014

SOBRADO NON É UNHA PRIORIDADE PARA FREIRE

FREIRE REXEITA UNHA PROPOSTA DO PSDEG  PARA ELABORAR UN PLAN DE ACTUACIÓN URXENTE PARA AS RÚAS E ZONAS VERDES DE SOBRADO
 

 Xosé Carlos Valcárcel destaca que esta é unha das localidades máis importantes do municipio, “pero as actuacións de Freire non se corresponden con este feito”.

Sobrado. MAIO de 2014

  • ·         Valcárcel fixo un percorrido por Sobrado para recoller as deficiencias nos viais e nas zonas verdes.
  •  
  • ·         O PP votou en contra de “elaborar un plan de actuación urxente e prioritario para solventar as deficiencias máis graves do firme nos principais viais de Sobrado”.
  •  
  • ·         Freire tamén se posicionou en contra doutro dos acordos da iniciativa socialista: acometer antes da chegada do outono o arranxo das rúas que presentas anomalías menos urxentes.
  • ·         Na proposta do PSdeG esixíase que se planifique axeitadamente o mantemento das zonas verdes de forma que poidan ser utilizadas a cotío pola veciñanza. O PP votou en contra.
  •  
  • ·         Segundo o voceiro socialista “para poder potenciar localidades coma Sobrado é imprescindible que se leven a cabo accións de discriminación positiva que poñan en valor o seu potencial demográfico, social e económico”.
  •  
  • ·         Valcarcel no seu percorrido detectou deficiencias en moitas rúas pero especialmente nos viais na Brigueira, Cadaval, rúa da Igrexa, da Barrosa, Fondo de Prado, Bouzachás, Balbís, estrada a Moreiras, Outeiriño e nas zonas verdes. Aos poucos días de presentar a moción algunas delas foron desbrozadas.

  •  
  •                                      Axúdanos a mellorar o noso concello, contacta con nós:
  • Ø   Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com
  • Ø  Páxina web: www.barbadás.psoe.es
  • Ø  Tfno.: 667  38 21 16
  • Ø Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás; Xosé Carlos Valcárce; Victoria Morenza; Amigo Socialista de Barbadás.
  • Ø  Twiter:@cambiabarbadas;@osevalcarcel; @vicmorenzadof
  • Ø  Sede: Rúa do Areal 9 , A Valenzá (luns de 18,00 a 20,00 horas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario