mércores, 7 de maio de 2014

RESUMO PLENO MAIO

O PP POSICIÓNASE EN CONTRA DA REFORMA DA PRAZA DO PUMAR EN BENTRACES PARA CONVERTELA NUN LUGAR CÓMODO E NO CENTRO NEURÁLXICO DO POBO

·         Freire tampouco apoia a iniciativa socialista que propón que se habilite unha zona de aparcamento público nas inmediacións do casco antigo de Bentraces para pór fin así ós problemas de saturación de vehículos que existen

·        Os Socialistas reprochan ó alcalde de Barbadás que recorra sempre ó manido argumento de “tomamos nota” para evitar resolver as cuestión que plantexa a cidadanía


·        Rexéitase tamén a construcción de beirarúas na travesía de Bentraces, a pesar de que en 2008 unha iniciativa case idéntica contou co apoio do PP

·        Rexeitada tamén unha proposta do PSdeG  para elaborar un plan de actuación urxente para as rúas e zonas verdes de Sobrado que se atopan en estado de abandono e deixadez

·        Segundo o voceiro socialista “para poder potenciar localidades coma Sobrado é imprescindible que se leven a cabo accións de discriminación positiva que poñan en valor o seu potencial demográfico, social e económico”.


·         Unanimidade na moción socialista para diminuir o IVE no sector das perruquerías dente o 21 ó 10 % (a proposta fíxoa o PSdeG)

·        As contradiccións e o cinismo de Freire quedaron patentes neste punto ó asegurar que el estaba en contra da suba de impostos

·        No debate dunha moción do PP para manter o Rexistro Civil, Freire rexeita as emendas socialistas  que propoñían manter os actuais partidos xudiciais en Galicia

Barbadás, 7 de maio de 2014. Os Socialistas de Barbadás consideran lamentable a actitude do alcalde, José Manuel Freire Couto, ante as propostas que se debaten en pleno. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, critica que o alcalde teña unha actitude pouco respectuosa hacia as iniciativas, pero “o que é máis preocupante é que na maioría das ocasión respalda mocións da oposición para non cumprilas”. Resulta sorprenden que un alcalde dun dos concellos máis importantes da provincia desprecie as argumentacións d@s concelleir@s socialistas asegurando que son “un rollo”. Con esta prepotencia demostra pouca talla política e o desinterese polas inquedanzas da veciñanza plantexadas a través dos grupos da oposición.
         No debate da moción do PSdeG sobre a petición dunha área de aparcamento nas inmediacións do casco antigo de Bentraces a concelleira Victoria Morenza lembroulle a Freire que “vostede coñece o problema, falou cos veciños e comprometeuse a buscar alternativas para mellorar a habitabilidade da zona”. Sen embargo, “o tempo corre na súa contra "señor alcalde de boas palabras e poucos feitos" e prodúcense ás veces situación tan incómodas como a de qe non se movan os coches durante días en lugares que entorpecen a circulación, que aparquen en soportais privados que estorban o paso ou que haxa vehículos que cheguen a estar estacionados máis de 1 mes”.
         Morenza afirmou que un concello moderno debe tratar de adaptarse ás novas necesidades que van xurdindo entre a veciñanza e non cinguirse só a prestar servizos básicos. Os Socialistas recalcaron que esta moción obedece ó feito de que no casco antigo de Bentraces asentáronse familias xóvenes en casas restauradas e que a saturación é un problema que afecta á habitabilidade e accesibilidade.
Freire negouse a apoiar a iniciativa asegurando que na zona rural non son necesarias zonas de aparcamento porque xa hai moito espazo. Esta actitude demostra segundo os Socialistas que “Freire se pecha en banda a solventar os problemas relacionados coas peculiaridades de cada pobo”.
         Sobre o proxecto de humanización da Praza do Pumar Morenza lembrou que “foi precisamente o Goberno de Feijóo o que deixou no esquecemento a reforma desta senlleira praza, que se fraguou na lexislatura do gobernó de coalición. A edil socialista preguntouse se “deixar este proxecto no esquecemento non sería un castigo á súa saída de tono cando actuou de voceiro dos críticos do PP da provincia ou simplemente lle deu o visto bo para que a reforma quedara en punto morto.
         O que é unha realidade é que se perdeu no esquecemento das cifras consignadas a contía destinada a humanizar a praza para dotala de mobiliario axeitado co casco antigo e de elementos que contribúan a convertela no centro neurálxico do pobo, nun lugar de encontro e para estudar a posibilidade real de retirar a fonte colocada en épocas pretéritas que contribúe a afear a praza e non aporta nada. Esta tanda de “fontes Currás” demostraron ser pouco eficaces como elemento estético e hoxe en día son máis ben unha mostra de “feismo”.
         Freire falou de retirar a fonte, pero non afondou na rehabilitación da praza e anunciou o voto en contra do seu grupo á moción socialista. Esta proposta incluía tamén a construcción de beirarrúas na marxe dereita da travesía de Bentraces, o arranxo do aceso dende a estrada 540 ó casco antigo e a mellora da sinalización. Neste asunto limitouse a dicir que “tomamos nota” e “volveremos a insistir” ante a Xunta de Galicia, unha actitude tildada de pasiva e despreocupada polos Socialistas.

Sobrado
         O líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, na moción do PSdeG para actuar urxentemente sobre as rúas e zonas verdes de Sobrado sinalou que esta era a terceira localidade en importancia do municipio, “pero as actuacións de Freire non se corresponden con este feito”. Valcárcel reprochou que “os investimentos son escasos e cando se producen son consecuencia da presión vecinal ou realizados conxuntamente con outras administración”.
         Segundo o voceiro socialista “para poder potenciar localidades coma Sobrado é imprescindible que se leven a cabo accións de discriminación positiva que poñan en valor o seu potencial demográfico, social e económico”.
         O PP votou en contra do seguinte acordo plantexado polo Grupo Socialista:

·        Elaborar un plan de actuación urxente e prioritario para solventar as deficiencias máis graves do firme nos principais viais de Sobrado.
·        Acometer antes da chegada do outono o arranxo das rúas que presentas anomalías menos urxentes.
·        Actuar de xeito inmediato sobre aquelas zonas verdes e parques nos que a herba e a maleza impide o seu uso pola veciñanza.

Freire recoñeceu que “todo é mellorable, pero o plan de obras planifícao o equipo de goberno”. Dixo tamén que están elaborando un plan provincial no que se incluirán parte dos viais ós que se alude na proposta socialista. Valcárcel esixiulle que se deixe de “promesas baldías e de cara ós vindeiros orzamentos plantexe unha listaxe concreta de actuacións en lugar de actuar a bandazos en función das presións que recibe nos diferentes pobos”.

Perruquerías

Houbo unanimidade na votación da iniciativa do PSdeG para instar ó goberno central a reconsiderar a aplicación do tipo xeral do IVE do 21% ós servizos de perruquería, volvendo á aplicación do tipo reducido do 10 %. Freire tildou o texto de “demagoxia” e dixo que non se debía cinguir só ás perruquerías, senón que se debería reducir o IVE no sector cultural, posicionándose así en contra das medidas aprobadas polo seu partido.
         As contradiccións e o cinismo de Freire quedaron patentes neste punto ó asegurar que el estaba en contra da suba de impostos, ante o que os edís da oposición se amosaron sorprendidos e indignados, tendo en conta á devastadora suba de taxas e prezos públicos en Barbadás que leva aplicando precisamente dende o inicio da crise.

Mantemento do rexistro civil

         Outra mostra das contradiccións de Freire foi o texto que o sindicato CSIF trasladou a través do grupo do PP para o seu debate en pleno co obxecto de manter o Rexistro Civil como servizo de xestión pública.
         Valcárcel afirmou que as medidas de reforma que se pretenden adoptar polo PP redundan nun grave prexuízo para a cidadanía e distan moito do modelo de administración de Xustiza e do Rexistro Civil moderno que propugna o Partido Socialista (servizo público de xustiza de calidade, prestado nun tempo razoable, gratuito e adaptado ás necesidades do noso país).
         O Grupo Socialista presentou unha serie de emendas á proposta do PP para instar ó Goberno de España ó mantemento dos actuais partidos xudiciais en Galicia e para expresar o rexeitamento ó borrador de anteproxecto de Lei de Reforma da LOPX e do Rexistro Civil. A emenda recolle tamén a solicitude ó Goberno central para que se manteñan os xulgados de paz, se dote a estes de medios adecuados e da profesionalización dos seus traballadores e para garantir a gratuidade das funcións que prestan os Rexistros Civís. Todas as emendas foron rexeitadas porque segundo Freire o asunto non guardaba relación co tema, unha actitude inadmisible e pouco flexible segundo o voceiro socialista.
        



Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com


 ENLACES COA RESEÑA DESTA NOTA APARECIDA NA PRENSA:





Ningún comentario:

Publicar un comentario