xoves, 24 de abril de 2014

FLECOS NA TOMÁS RODRÍGUEZ PUNXÍN

A REFORMA DA RÚA TOMÁS RODRÍGUEZ PUNXÍN ERA UNHA DÉBEDA HISTÓRICA QUE TIÑAN OS GOBERNANTES LOCAIS DO PP CON UNHA DAS RÚAS MÁIS EMBLEMÁTICAS DA VALENZÁ


  • O Grupo Municipal Socialista reclamou en maio de 2008 unha actuación de reforma integral da rúa Tomás Rodríguez Punxín debido ó abandono no que se atopaba.

  • O gobernó de Barbadás, presidido por José Manuel Freire Couto, fixo caso omiso á proposta do PSdeG, desatendendo así as inquedanzas da veciñanza para mellorar o estado deste vial.

  • Na moción socialista pedíase a construcción de beirarrúas, eliminar o desnivel que había, colocar colectores de recollida de lixo, así como papeleiras e mellorar a intensidade lumínica na zona. Esixiamos tamén arranxar as deficiencias que había nos beiriles e no pavimento das rúas xa existentes.

  • A desidia do PP quedou á vista cando pasan os anos e non se procede á reforma da rúa.

  • En decembro de 2012 o Grupo do PSdeG volveu insistir na necesidade de actuar na rúa Tomás Rodríguez Punxín.


  • Sen embargo as prioridades do grupo de gobernó foron outras ó longo dos anos ata que foi tan evidende o estado de abandono desta rúa e non tiveron outra opción máis cá mellorar as marxes do vial
  • A pesar do arranxo o líder socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, considera que aínda quedaron flecos no arranxo da rúa, como por exemplo aumentar o número de papeleras ou instalar passos elevados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario