luns, 21 de abril de 2014

O PXOM BENEFICIA ÓS CONSTRUTORES

A XUNTA DE GALICIA EMITE 16 RESERVAS ÓS TRABALLOS INICIAIS DE MODIFICACIÓN DO PLAN DE URBANISMO

Considerar solo urbano consolidado aquel que ten que ser non consolidado supón dar todo tipo de facilidades ós empresarios do ladrillo.


  • Un informe emitido pola Xunta detecta numerosas irregularidades e anomalías.

  • Quedan así enriba da mesa "tantas cautelas e incumprimentos da lexislación vixente que para que a Xunta acepte o planeamento de Barbadás, este ten que dar un xiro copernicano", reprocha Xosé Carlos Valcárcel.

  • O líder socialista en Barbadás sinala que o informe da Xunta "rexeita sen paliativos todas as clasificacións e delimitacións do solo que fai o anteproxecto, incluso as urbanas que son supostamente as máis sinxelas de definir".

  • As 16 reservas que fai a Xunta en relación ó que o goberno do PP considera como "solo urbano consolidado" e a Consellería de Ordenación do Territorio como "non consolidado" é algo gravísimo, sostén Valcárcel.

  • O solo urbano consolidado permite onstruir de forma directa, sendo o concello o que ten que prover os servizos xerais (abastecemento, saneamento, viais, etc).

  • No "solo non consolidado" todo esto ten que ser realizado por construtores e promotores.

  • Ademais teñen que ceder o correspondente aproveitamento ó concello, así como construir vivendas de protección autonómica.

  • Esto significa que no urbano consolidado o aproveitamento para o construtor é do 100%, mentras que no "non consolidado" pode ser incluso inferior ó 50 %.

  • A vivenda de protección autonómica brila en Barbadás pola súa ausencia. Barbadás bate récords no tocante a este tipo de vivenda.

  • Unha vez máis Freire e o PP esqueceron por completo durante décadas este tipo de vivenda e agora visto o avance do novo plan compróbase que pretenden seguir pola mesma senda.

  • Considerar solo urbano consolidado aquel que ten que ser non consolidado supón dar todo tipo de facilidades ós empresarios do ladrillo.

  • Pero o que é máis grave, deste xeito atentan gravemente contra as arcas do Concello e polo tanto contra os intereses da veciñanza, que sería a que tería que pagar as novas orbras de urbanización, abastecemento, saneamento, etc.

CONTINUARÁ A ENUMERACIÓN DE RESERVAS FEITAS POLA XUNTA NO SEGUINTE ARTIGO


Ningún comentario:

Publicar un comentario