venres, 17 de xaneiro de 2014

APP PsdeG Barbadás


Boa tarde e grazas a todos vos pola vosa presenza.

Hoxe queremos presentar a toda a cidadanía, pero especialmente á veciñanza de Barbadás, a aplicación para dispositivos móbiles e trablets android da Agrupación e do Grupo Municipal Socialista de Barbadás.

Esta APP é a primeira do PSdeG en toda Galicia. Pero tamén quero destacar que é a quinta aplicación en toda España do PSOE.
A día de hoxe é a novena en valoración das APP da provincia de Ourense.

Estamos falando dunha aplicación totalmente gratuita que é a culminación dun proceso de dixitalización e  de aplicación das novas tecnoloxías na nosa Agrupación e do noso Grupo Municipal.

Este proceso iniciouse no seu día coa creación do blog “Cambia Barbadás” e coa presenza activa nas redes sociais por medio de Facebook e Twitter.

Os Socialistas de Barbadás apostamos por unha democracia máis participativa: a política non consiste en votar cada 4 anos. A política e os que estamos na política temos que favorecer a participación activa da veciñanza para que poida  trasladarnos fácilmente as súas inquedanzas e aportacións para poder facer un Barbadás mellor e para todos.

Consideramos que nestos momentos a transparencia informativa e a proximidade á veciñanza son fundamentais no noso concello. Un concello que día tras día está nos medios de comunicación polos turbios asuntos do seu alcalde, pola súa falla de transparencia e por comportamentos supostamentamente ilícitos.

Unha comunicación clara, cercana e de fácil acceso é fundamental para erradicar este tipo de actitudes.

Barbadás é un concello cunha poboación nova, dinámica e que precisa dun novo impulso democrático para mellorar as súas condicións de vida erradicando o estado de esclerose múltiple ó que o levou o Sr. Freire.

No Partido Socialista de Barbadás estamos convencidos que esta aplicación é moito máis que un simple recurso informático. Queremos traballar sobre tres obxectivos moi claros:

·         Abrir unha canle de comunicación directa da cidadanía e da veciñanza de Barbadás cos concelleiros do Partido Socialista  por medio do seu teléfono, correo electrónico, whatsapps e redes sociais. De este xeito queremos recoller as  suxestións e aportacións dos nosos conveciños e por suposto tamén as súas queixas coa posibilidade de recibir imaxes en tempo real así como aportar documentos.

·         Queremos tamén falicitar a comunicación coa cidadanía que se atopa en situación de “exclusión informativa” como poden ser os veciños e veciñas que por estudios ou traballo residen fora do concello.

·         Permite o acceso de toda a veciñana e dun xeito totamente claro e fácil e mediante un único icono no terminal telefónico a todos os nosos espazos web que mencionaba antes (Facebook, twitter, blog).  

No Partido Socialista de Barbadás queremos que os veciños e veciñas nos transmitan as súas inquedanzas, os seus problemas e tamén a súa forma de entender o concello e de cómo melloralo.

Queremos que as súas  propostas sirvan para apostar por un cambio tranquilo e sosegado pero decidido, centrado nas persoas, alleo a intereses especulativos que permita mellorar a calidade de vida de todos os nosos conveciños e conveciñas.

Desde aquí animo a toda a cidadanía a descargar esta aplicación desde a tenda Google Play buscando PSdeG Barbadás ou capturando o código QR desde o seu dispositivo Android.




 
 
 
A APP cumpre tres requisitos moi importantes,

1.-Ocupa moi pouco espazo na memoria, (menos de 3 MB)

2.-Non consome batería se non se está utilizando.

3.-Unha vez descargado permite realizar funcións con e sen internet, utilizando os propios recursos do teléfono.

Apostouse por lanzala só en Android , por varios motivos, como son, aforro de custos, rapidez de publicación, universalidade xa que este sistema operativo está dispoñible en máis do 85% dos dispositivos, etc..

As dificultades de Android,non foron poucas, trátase de un sistema operativo con máis de 20 versións diferentes e preto de 4.000 terminais distintos no mercado,mais non nos impediron lanzar a app para todos eles.

Decir que Android 1.0 naceu da man de google en 2008 con 50 aplicacións gratuítas, hoxes dispoñemos xa de máis de 1 millón de apps.

No últimos cinco anos, impulsado polo uso de redes sociais e sobre todo por mensaxería instantánea, (whatsapp) con máis de 11mm de mensaxes enviadas e 20 mm recibidos ao día en España,  xunto co abaratamento dos terminais (desde 60 euros xa se pode dispor de un teléfono ou tableta Android) e das tarifas de datos de móbiles, por apenas 5 euros mes podese dispor de un plan de datos,  xunto ao aumento de espazos wifi gratuítos, tanto en entidades privadas como públicas, fixeron que máis do 95 por cen dos teléfonos xa sexan do tipo smartphon e deles máis do 85% con Android. Mais de 1000 millóns de terminais activos en 2013 en todo o mundo.
 
 

sábado, 11 de xaneiro de 2014

domingo, 5 de xaneiro de 2014

DESAFIUZAMENTO ENERXÉTICO


OS SOCIALISTAS RECLAMAN UNHA ORDENANZA QUE GARANTA QUE NINGÚN FOGAR EN BARBADÁS VEXA CORTADA A SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA, DE GAS OU AUGA


·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, fai unha proposta para destinar para 2014 unha partida económica suficiente para evitar este tipo de desafiuzamento de servizos básicos.
 

·        A iniciativa do Grupo Municipal Socialista pretente “garantir uns consumos mínimos vitais, tendo en conta o número de membros da unidade do fogar e tamén a renda familiar”.

 
·        Os continuos incrementos de tarifas levan a numerosas familias a unha situación de pobreza enerxética: recibos da luz e auga impagados ou electricidade e calefacción cortadas, sinalan os Socialistas con preocupación.


·        A xuízo do líder socialista “as administracións de calquera nivel están na obriga de atopar solucións comunitarias para evitar que haxa familias que se queden prácticamente ó raso en inverno, sen luz e sen calefacción”.


·        O voceiro do PSdeG reprocha a actitude de desidia do goberno central do PP e a “falla de sensibilidade social do goberno de Rajoy”, polo que considera necesario actuar desde os concellos.


·                   O Grupo Socialista en Barbadás reclama que “dende o concello se arbitren e adopten unha serie de medidas que vaian encamiñadas a suplir o desinterese tanto da administración central como da autonómica”.

 

Barbadás, 5 de xaneiro de 2014.  Elaborar unha ordenanza que garanta que ningún fogar de Barbadás con graves dificultades económicas vexa cortada a subministración eléctrica, de gas ou auga. Ese é o obxectivo dunha iniciativa presentada polo Grupo Municipal Socialista que plantexa tamén destinar para o exercicio 2014 unha partida económica suficiente para evitar este tipo de “desafiuzamento” de servizos básicos.

         O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, explica que con esta proposta preténdese “garantir uns consumos mínimos vitais tendo en conta o número de membros da unidade do fogar e tamén a renda familiar. Segundo Valcárcel “os recibos de luz, auga, calefacción e gas representan un problema moi grave para un número importante de fogares”.

         Os contínuos incrementos de tarifas levan a numerosas familias a unha situación de pobreza enerxética: recibos da luz e auga impagados ou electricidade e calefacción cortadas. Valcárcel define esta preocupante situación como “antesá dunha alarmante e grave situación de miseria xeral”.

         Os Socialistas de Barbadás “consideramos que se extrapolamos ó noso concello os datos oficiais, habería máis de 1.000 conveciños en situación de pobreza enerxética. Pero non podemos esquecer a aquelas unidades familiares que está sufrindo tamén cortes na subministración de auga.

         A xuízo do líder socialista “as administracións de calquera nivel están na obriga de atopar solucións comunitarias para evitar que haxa familias que se queden prácticamente ó raso en inverno, sen luz e sen calefacción”, un motivo polo que esixen un compromiso formal e firme do Concello de Barbadás sobre o desafiuzamento enerxético”.

         Xosé Carlos Valcárcel sinala con preocupacón que “somos conscientes de que a privación de electricidade, gas e auga pode provocar importantes riscos sanitarios para as persoas máis vulnerables. O voceiro socialista reprocha a actitude de desidia do goberno central do PP e a “falla de sensibilidade social do goberno de Rajoy”, polo que considera necesario actuar desde os concellos.

         O Grupo Socialista en Barbadás reclama que “dende o concello se arbitren e adopten unha serie de medidas que vaian encamiñadas a suplir o desinterese tanto da administración central como da autonómica”. Entre os acordos propostos na moción piden “solicitar ó Goberno de España a aplicación dun IVE reducido para as subministracións doméstricas de electricidade, gas e auga”.

As diversas enquisas das condicións de vida sinalan que o 37% dos fogares españois teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes e preto do 10% non poden pagar as facturas de servizos básicos como son o gas, a electricidade, moitas taxas e, por suposto, tampouco poden afrontar a hipoteca.

         Unha terceira parte da cidadanía recoñece que se queda sen diñeiro despois de pagar a luz, o gas, o teléfono e a mensualidade (aluguer ou hipoteca) do seu fogar.

Toda a cidadanía é consciente de que a enerxía e a auga son imprescindibles para unha familia e polo tanto é necesario que a administración garanta que ningunha unidade familiar que se atope nunha situación económica grave, quede sen estes servizos básicos. É decir, hai que evitar por todos os medios o “desafiuzamento enerxético ou de auga”.

         Os gobernantes, nun estado cunha economía SOCIAL e de mercado, teñen que garantir á súa cidadanía unha cobertura social en relación a un subministro de electricidade, gas e agua, de xeito que ningún fogar quede privado dun mínimo de cobertura de subsistencia.

         Nas sociedades avanzadas a auga, a luz e o gas son considerados servizos esenciais básicos que deben estar garantidos por un auténtico ESTADO DO BENESTAR que poña o acento no ASPECTO SOCIAL DA ECONOMÍA.
 
 
 

 

venres, 3 de xaneiro de 2014

RACIONALIZAR GASTOS, EVITAR DISPENDIOS.


O PSdeG DE BARBADÁS PROPÓN REDUCIR OS SOLDOS DOS CONCELLEDIROS CON DEDICACIÓN E DESTINALOS A GASTOS EN EDUCACIÓN



·        O Grupo Municipal Socialista presentou alegacións ós orzamentos do Concello para 2014 tendo en conta a actual situación de crise económica e social

 
·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, plantexa crear unha liña de axudas a familias desafiuzadas e para aluguer de xóvenes e desempregados a metade da partida para protocolo e publicidade. Esta contía supón 30.000 euros.

 

·        Os 13.000 euros que aforrará o concello ó non pagar o canon de Sogama ata marzo, “poden destinarse a emprego e orientación laboral”. Promovería así o cooperativismo e a economía local..

 
·        Nas alegacións do Grupo Socialista tamén se reclama que se dea cumprimento ós acordos plenarios de aprobación de iniciativas socialistas.


·        Valcárcel lembra que aínda non se levou a cabo o adecentamento e mellora da Calzada Romana (preto de pavillón), o incremento da seguridade viaria na Finca Fierro e a mellora da accesibilidade dos transeúntes na Valenzá.


·        Tampouco se acometeu a revisión das barreiras arquitectónicas neste barrio nin a elaboración dun plan de reordenación do tráfico nas inmediacións dos colexios públicos.

Barbadás, 3 de xaneiro de 2014.  O Grupo Socialista en Barbadás presentou alegacións ó orzamento de 2014 para conquerir un equilibrio entre as necesidades da veciñanza e os gastos “innecesarios” en época de crise ou mal plantexados.

         O PSdeG propón que se reduzan os gastos en protocolo e representación nun 50 %, así como os correspondente á partida destinada a publicidade. A pretensión é que este aforro se destine a crear un Fondo de Axuda a afectados polos Desafiuzamentos e outro a axudas para o aluguer destinadas a familias con membros en situación de desemprego e para xóvenes. O importe destinado a partidas de protocolo e publicidade ascende a 30.000 euros.

         O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, planteas noutra das alegacións que “dado que a Xunta retrasa por uns meses a aplicación do incremento do canon de Sogama, plantexamos dedicar ese importe a programas de fomento do emprego e orientación laboral”. Priorizaríase así a economía local e o cooperativismo, asegura  Valcárcel, quen lembra que esta partida suma 13.000 euros.

         A reducción nun 10 % nos importes que perciben os/as concelleiros/as do equipo de goberno con dedicación exclusiva ou parcial é outro dos ámbitos onde os Socialistas pretenden introducir cambios no orzamento para 2014. A proposta sinala que o 50 % desta contía pode dedicarse a incrementar a partida destinada a axudas para a adquisición de material escolar.

         O líder socialista considera que “este é un xeito de fomentar a igualdade de oportunidades”. Respecto ós emolumentos que perciben 5 concelleiros/as do PP ascenden a 107.518,18 euros, polo que o 10 % equivale a 10,751,81 €. O outro 50 % desta partida “pode ir dedicado a sufragar o custo do programa Bos días cole, de xeito que se reduza ou desapareza o impacto actual deste servizo sobre as economías familiares”.

         Xosé Carlos Valcárcel reprocha que os orzamentos para 2014 “poñen de manifesto que o goberno do PP carece da máis mínima planificación”. O voceiro socialista asegura que “o propio alcalde, José Manuel Freire Couto, en recoñecido en varias ocasións que se inviste conforme xurdan as deficiencias ou os problemas máis graves”.

         Segundo os Socialistas “o anexo de investimentos ten que especificar a denominación do proxecto, o código de identificación, o ano de inicio e finalización previstos, etc”.

         Os orzamentos tampouco contemplan “partidas para dar cumprimento a decisións plenarias adoptadas pola corporación municipal”. As mocións que son aprobadas nos plenos deben ser reflectidas nos orzamentos nun tempo prudencial, algo que non ocorre no Concello de Barbadás, censuran os Socialistas. Debido a que non se dotan orzamentariamente decisións aprobadas en anos anteriores e tampouco outras máis recentes acordadas no ano 2013, o PSdeG reclama que se incorporen ó proxecto as seguintes actuación aprobadas durante o presente ano:

1.     Adecentamento e mellora da Calzada Romana (alumeado e beirarrúas).

2.     Mellorar a accesibilidade dos transeúntes e revisión das barreiras arquitectónicas así como elaborar un plan de reordenación do tráfico nas inmediacións dos colexios públicos.

3.     Incremento da seguridade viaria e mellora e actualización da sinalización na Finca Fierro.

 

Dende o Grupo Municipal Socialista xustifican a presentación destas alegacións facendo referencia á actual situación de crise económica e social. Valcárcel alude a que “este contexto provoca altos niveis de desemprego entre a veciñanza, familias con graves dificultades económicas e un grande número de desafiuzamentos”. Por esta razón o orzamento debe ter coma un dos seus obxectivos fundamentais o de paliar estas graves problemáticas.

O voceiro do PSdeG apunta que un orzamento “que invista en acción e benestar social, entendidos coma un dereito e non como caridade. Ten que apostar pola promoción do emprego e por axudar ós colectivos máis desfavorecidos”.

Xosé Carlos Valcárcel dixo que “ademais non podemos esquecer que nos 2  últimos anos a cidadanía de Barbadás sofre un importante incremento de taxas, prezos públicos e impostos que non se reflicten nunha mellora da calidade de vida e tampouco en máis prestacións ou mellores servizos e dotacións”.
 
 


 

 

sábado, 28 de decembro de 2013

O CALENDARIO DO DESPILFARRO


 

OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS CRITICAN QUE SE DESPILFARRE DIÑEIRO PÚBLICO EDITANDO CALENDARIOS CANDO AS FAMILIAS PASAN POR DIFICULTADES ECONÓMICAS


·        Segundo o líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, resulta incomprensible que o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, decida “lavar a súa imaxe pública, en entredito dende hai meses pola súa implicación nun caso de presunta prevaricación e suborno
 
·        Dende o Grupo Municipal Socialista consideran esta decisión coma “un gran dispendio e incluso un escándalo que pon sobre a mesa a falta total de sensibilidade e solidariedade por parte de Freire e do seu equipo


·        O voceiro socialista presentou onte unha serie de preguntas no concello para que o alcalde aclare cantos calendarios se fixeron, quen se encargou de distribuilos.

·        Valcárcel tamén se interesa nas súas interpelacións polo custo dos calendarios e do do reparto.
 

Barbadás, 28de decembro de 2013.  Os Socialistas de Barbadás cualifican de despilfarro a edición e distribución dun calendario oficial por parte do Concello de Barbadás. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, critica a falta de sensibilidade do goberno do PP utilizar o diñeiro público para facer “propaganda” cando moitas familias do municipio está atravesando por verdadeiras dificultades económicas.

            Estes calendarios están sendo repartidos tanto na Valenzá coma polas diferentes localidades do municipio. Resulta sorprendente que a pesar da crise económica o PP siga editando este calendario que se caracteriza pola evidente calidade en papel satinando e composto por 8 páxinas a doble cara e a toda cor.

            Segundo o líder socialista resulta incomprensible que o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, decida “lavar a súa imaxe pública, en entredito dende hai meses pola súa implicación nun caso de presunta prevaricación e suborno”. Para Valcárcel “non existe outra explicación máis cá un lavado de cara porque non se entende que se malgaste o diñeiro de tódolos contribuintes en distribuir un calendario trufado de fotografías en cor a toda páxina dos locais sociais do concello.

            Dende o Grupo Municipal Socialista consideran esta decisión coma “un gran dispendio e incluso un escándalo que pon sobre a mesa a falta total de sensibilidade e solidariedade por parte de Freire e do seu equipo de goberno diante dunha situación de crise prolongada”. Segundo Valcárcel son moitas as persoas do concello de Barbadás as que padecen diariamente as consecuencias dos recortes e das restricción impostas polos gobernos do PP, que afectan ós seus petos dun xeito implacable. O voceiro do PSdeG alude ademais á política de presión que o PP ten exercido durante os últimos anos sobre a cidadanía no que a suba de taxas e impostos se refire nos últimos anos, o que agrava aínda máis a situación das economías domésticas do municipio.

            O voceiro socialista presentou onte unha serie de preguntas non concello para que o alcalde aclare cantos calendarios se fixeron, quen se encargou de distribuilos (temos que lembrar que en anteriores ocasións foron os propios operarios do concello os que distribuiron este calendario, algo supostamente “irregular”).

Valcárcel tamén se interesa nas súas interpelacións sobre o custo dos calendarios e o custo do reparto.
 
 

 

mércores, 27 de novembro de 2013

INVESTIGAN O EMPORIO FREIRE E CONEXIÓNS CON CONSTRUTORAS


A XUÍZA DO CASO FREIRE E O FISCAL PIDEN QUE SE INVESTIGUEN AS RELACIÓNS EXISTENTES ENTRE O CONCELLO DE BARBADÁS E AS SOCIEDADES MAHIA GRUPO INMOBILIARIO E MAEXPA


·        O Fiscal pide que se recabe do Rexistro Mercantil copia das inscricións rexistrais de Mahía Grupo Inmobiliario, Maexpa, Freire Couto S.L., Eichoa S.L. e Promocións San Bieito.

 

·         Socilita ademais o Fiscal que se oficie á policía xudicial que se investiguen e informen sobre datas de compra, titulares anteriores e formas de pago dos inmoble relacionados na denuncia presentada polo voceiro socialista Xosé Carlos Valcárcel, sempre e cando estas adquisicións foran  realizadas despois do ano 2003.

 

·         Tamén se pide a relación de inmobles que son da titularidade de Freire Couto S.L. e PSICO BLUSTER S.L.

 
·        Finalmente o Fiscal pide que se investigue e informe sobre as relacións entre o Concello de Barbadás e as sociedades Mahía Grupo Inmobiliario e Maexpa dende o ano 2003

 
·        A titular do Xulgado de Instrucción Nº 3 de Ourense, Cristina Martínez, ordea a continuación das dilixencias e indica que se proceda a librar mandamiento ó Rexistro Mercantil e á Policía Xudicial nos termos solicitados no escrito do Ministerio Fiscal.

·        Pola súa banda os denunciados, Freire Couto e Manuel García solicitaron formalmente o sobreseimiento libre e arquivo das dilixencias con data de 4 de novembro de 2013.

·        Sen embargo, esta petición non foi atendida porque o 6 de novembro o Fiscal interesou a práctica das dilixencias mencionadas anteriormente.

·        Un día despois, o 7 de novembro, a xuíza instrutora pediu o limbramento ó Rexistro Mercantil e á policía xudicial nos mesmos termos plantexados polo Ministerio Fiscal.

 


 


 


 


 


 


 

 

 

 

 

 

 

venres, 22 de novembro de 2013

DEBATE DOS ORZAMENTOS


O PSdeG REPROCHA Ó ALCALDE DE BARBADÁS A SÚA FALTA DE CREDIBILIDADE NO DEBATE DOS ORZAMENTOS


·       Valcárcel reprochou que “para actuacións reais que supoñan apoio á creación de postos de traballo ou emprendedores van destinados 0 euros”.

 
·       Criticou tamén que se reducira persoal no servizo de axuda no fogar nos últimos anos

 

·       O voceiro socialista foi crítico tamén co servizo de recollida de lixo, “pois pagamos polo contrato 380.000 euros ó ano  e a cidadanía ten unha percepción do servizo moi deficiente”.

 

·       “Vostede señor Freire xa hai tempo que non ten credibilidade, a veciñanza desconfía de vostede, é un perigo para Barbadás”

 

·       Valcárcel fixo un repaso das carencias do concello e censurou que a Xunta reducira en 1 millón de euros a partida destinada para o centro de saúde respecto ás previsións de 2013, quedando en 2,5 millóns de euros.

 
  • Actualmente o problema máis importante para a veciñanza de Barbadás é o emprego. Ó redor deste argumento o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, analizou os orzamentos do Concello para o ano 2014.

  •  “Para 2014 destina a Promoción de Emprego 94.000 euros, dos cales 59.000 van adicados a remunerar ó persoal, 12.000 a seguridade social e 12.000 a luz, mentras que o resto da partida vai adicada a servizos e suministros.


  • Segundo Valcárcel “vivimos nun concello onde non existe un Axente de Desenvolvemento Local consolidado e estamos sempre a expensas das achegas da Xunta”. Para o voceiro do PSdeG a figura dun ADL estable e activo é un elemento fundamental para o desenrolo de programas innovadores e a longo prazo para o fomento do emprego.

  •   A conclusión desta situación é que a xestión do alcalde “resulta inexistente e vai a remolque dos acontecementos, non hai previsión e vai quedar marcada para sempre pola especulación e pola presunta corrupción”, apuntou Valcárcel.


  • Sen embargo resulta escandaloso que “co incremento de  Sogama no canon do lixo, que en Barbadás vai supor 90.000 euros máis o vindeiro ano, pasa de ter perdas en 2013 a ter uns beneficios no 2014 de máis de 6.600.000 euros e despois de impostos, segundo datos facilitados pola Xunta”. O concellos onde goberna o PP dobléganse sen máis diante do “ordeo e mando da Xunta en lugar de presionar para solventar esta situación”, recriminou Valcárcel.

  • O voceiro do PSdeG detallou o mal estado no que se atopan tanto as zonas deportivas coma os parques públicos.  Chamou a atención sobre o abandono no mantemento do mobiliario urbano, posto que as farolas rotas se converten en papeleras e sobre os maceteiros baleiros de plantas que se atopan na avenida  de Celanova, onde os veciños chegaron incluso a plantar pementos, tomates e perexil debido á desidia do equipo de goberno.

  •  Segundo o responsable do Grupo Socialista “na política e na economía hai un valor que é fundamental para acadar o éxito, para conseguir uns obxectivos predeterminados”. Para Valcárcel esa variable chámase credibilidade “e vostede señor Freire xa hai tempo que non a ten, a veciñanza desconfía de vostede, é un perigo para Barbadás”

 

  • “En total os supostos investimentos suman 331.000 € nos que están incluidos os xa mencionados 68.000 € para parques.
 
  • Esta cifra, coma sempre, non é real xa que hai perto de 80.000 € que se corresponden a mobiliario, proxectos técnicos, maquinaria, informática, etc e edemais hai unha partida de 21.000 € que aporta o FEDER e que polo tanto non é un investimento propio do Concello de Barbadás o seren recursos alleos. Resumindo, o  investimento real é de 232.000 € o que equivale ó 4,25%.

  • CALDERILLA  para as necesidades do noso concello.

  •  Non pode ser de outro xeito cando o 90%  do presuposto de adica a gasto de persoal (43,21%)  e gasto corrente (46,70%)

  • ¿Sabe vostede que moitísimas farolas están estragadas? ¿Sabe vostede que incluso están sendo usadas como papeleras? ¿Pensa que con 20.000 €, que son os que prevé o orzamento para reparacións, se pode solventar a situación? Non, claramente non.

  • Non existe previsión para realizar os investimentos. Como vostede recoñeceu señor Freire, traballarán conforme xurdan as necesidades. Dito doutro xeito, non hai nin proxectos nin planificación e todo seguerá igual.

 
  • Finalmente, falando das achegas ós distintos coletivos de veciños é moi ilustrativo da súa política subvencionar asociacións que bordean a legalidade, que non teñen actividade e que ademais son utilizadas polo alcalde para tentan maniatar inquedanzas veciñais e o exemplo máis claro é a AA.VV. Valenzá. Unha pseudo asociación na que o seu presidente nunha entrevista moi recente o único que fixo foi intentar lanzarse políticamente e facerlle literalmente a pelota ó goberno municipal.”

  • ORZAMENTO de Barbadás para 2014: 5.461.663 euros

  • PP- votou a favor
  • PSdeG e BNG_ en contra